Denver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Denver" é un artigo bo; cambios estética
Liña 24:
'''Denver''' é a [[cidade]] máis grande e [[capital]] do Estado de [[Colorado (estado)|Colorado]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Ademais, e despois de [[Condado de El Paso, Colorado|El Paso]], é o [[condado]] con máis habitantes do país. Está situada no río ''South Platte'', no extremo occidental dos ''High Plains'', ao [[leste]] das [[Montañas Rochosas]] (''Rocky Mountains'', en [[Lingua inglesa|inglés]]). O distrito central de Denver sitúase inmediatamente ao [[leste]] da confluencia do [[afluente]] ''Cherry Creek'' co [[río]] ''South Platte'', aproximadamente a 19 quilómetros ao leste do contraforte das [[Montañas Rochosas]]. Denver é coñecida como ''A cidade dunha milla de altura'' (''Mile-High City'') debido a que a súa altura oficial é exactamente dunha milla (aproximadamente 1,62 quilómetros) sobre o nivel do mar (nos banzos do [[edificio]] capital do estado). A poboación estimada en [[2011]] era de 619.968, o que facía de Denver a 23ª cidade máis poboada dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield tiña unha poboación en [[2011]] duns 2.599.504 de habitantes, e por iso foi clasificada como a 21ª área metropolitana máis poboada do país. Ademais, Denver é a segunda cidade máis poboada da rexión de ''Moutain West'' e do suroeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] despois de [[Phoenix, Arizona]].
 
== Historia ==
''Denver City'' foi fundada en novembro do [[1858]] como unha vila fundamentalmente mineira durante a febre do ouro do pico ''Pikes'' (''Pikes Peak'' en [[lingua inglesa|inglés]]), ao oeste de [[Kansas]]. Naquel verán, un grupo de exploradores de Lawrence ([[Kansas]]) chegaron e edificaron a cidade de Montana (''Montana City'') á marxe do río ''South Platte'', aínda que rapidamente desapareceu dando lugar no verán de [[1859]] a ''Auraria'', un nome que fai referencia á mina de ouro da cidade do mesmo nome pertencente ao Estado de [[Georgia]]. Este foi o primeiro asentamento do que despois sería a cidade de Denver.
O [[22 de novembro]] de [[1858]], o xeneral William Larimer, un especulador da terra do [[leste]] de [[Kansas]], colocou troncos de álamo para poñer unha reclamación nun acantilado con vistas á confluencia do río ''South Platte'' e do seu afluente, o ''Cherry Creek'', ao outro lado do arroio do asentamento mineiro de ''Auraria''. Larimer denominou a cidade ''Denver City'' para gañarse o favor do gobernador territorial de [[Kansas]], James W. Denver, pois el esperaba que poñéndolle ese nome á vila podería chegar a que o condado de Arapaho fose sede de condado, pero non o conseguiu, xa que por aquel entón o gobernador de Denver xa dimitira. As primeiras cidades asentáronse no que agora é o ''Confluence Park'', no centro da cidade de Denver. Larimer, xunto cos socios da sociedade ''St. Charles City Land'', vendeu parcelas da cidade aos comerciantes e mineiros coa intención de crear unha gran cidade. Denver era unha cidade fronteiriza, cunha economía baseada na industria mineira, na gandería e no comercio de mercancías.
O territorio de Colorado foi creado o [[28 de febreiro]] de [[1861]], mentres que o condado de Araphoe formouse o [[1 de novembro]] do mesmo ano. Por outra parte, a cidade de Denver (chamada ''Denver City'' por aquel entón) foi incorporada a Colorado o [[7 de novembro de 1861]], en [[1867]] converteuse na capital do territorio e, ademais, foi sede do condado de Arapahoe dende a súa formación ata a súa consolidación en [[1902]]. Unha vez que adquiriu importancia, ''Denver City'' acurtou o seu nome e pasou a chamarse Denver, tal e como se coñece hoxe.
 
== Xeografía ==
Denver atópase no centro da rexión ''Front Range Urban Corridor'', situada entre as [[Montañas Rochosas]], ao oeste das chairas altas do [[leste]]. A topografía de Denver está formada polas chairas do centro da cidade e polas zonas montañosas ao [[oeste]], [[sur]] e sueste. Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos (''United States Census Bureau''), a cidade ten unha área de 154,9 quilómetros cadrados, dos cales 4,1 quilómetros cadrados son auga. O condado de Denver está rodeado só por tres condados: o de Adams ao [[norte]] e ao [[leste]], o de Arapahoe ao [[sur]] e ao [[leste]], e o condado de Jefferson ao [[oeste]].
A pesares de que o alcume de Denver é o de ''A cidade dunha milla de altura'' (''Mile-High City'') debido a que a súa altura oficial é dunha milla sobre o nivel do mar, a elevación de toda a cidade está entre os 1,5636 e os 1,7343 quilómetros.
Liña 35:
[[Ficheiro:2006-03-26 Denver Skyline I-25 Speer.jpg|miniatura|dereita|250px|Liña de rañaceos de Denver.]]
 
== Demografía ==
A oficina do censo dos Estados Unidos (''United States Census Bureau'') estima que, no ano [[2008]], a poboación do condado de Denver era de 600.158 persoas, o que o sitúa no 24ª condado máis poboado dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield contaba en [[2008]] cun total de 2.506.626 habitantes (a 21ª máis poboada dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), mentres que a área metropolitana de Denver-Aurora-Boulder contaba con arredor de 3.049.562 habitantes (a 16ª máis poboada do país).
 
== Economía ==
A economía de Denver depende parcialmente da súa posición xeográfica, pois por ela pasan numerosas vías de comunicación que conectan con outros territorios. A área metropolitana (''Metropolitan Statistical Area'' (''MSA'') en [[lingua inglesa|inglés]]) de Denver tivo un produto rexional bruto (''Gross Metropolitan Product'' (''GMP'') ou ''Gross Regional Product'' (''GRP'') en [[lingua inglesa|inglés]]) de 157,6 billóns de [[Dólar estadounidense|dólardólares]]es en [[2010]], o que a sitúa na 18ª rexión máis rica dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Denver, por ser a cidade máis grande dentro dun raio de 800 quilómetros, converteuse nun lugar propicio para o almacenamento e distribución de bens e servizos ás rexións de '' Mountain States'', a do [[Suroeste dos Estados Unidos]], e tamén a do [[Oeste dos Estados Unidos]]. Outra das vantaxes da súa situación xeográfica é que Denver é case equidistante das grandes cidades da rexión do [[Medio Oeste]], coma [[Chicago]] e [[St. Louis, Missouri|St. Louis]] e tamén dalgunhas cidades da Costa oeste coma [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] e [[San Diego]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.denvergov.org Web Oficial de Denver] {{en}}
* [http://www.dot.state.co.us/App_DTD_DataAccess/Downloads/CityMaps/Denver.pdf Mapa de Denver] {{en}}
Liña 53:
{{Cidades con máis de 100000 habitantes en Colorado}}
{{Cidades con máis poboación dos Estados Unidos}}
 
 
[[Categoría:Cidades de Colorado]]
 
{{Link FA|fr}}
{{Link GA|en}}