Addax: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 40 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q190154
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Addax" é un artigo bo; cambios estética
Liña 9:
{{Taxonomia-fin}}
 
O '''addax''' (''Addax nasomaculatus'') é un [[antílope]] de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do [[Sáhara]]. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do [[nariz]] e outras arredor da [[boca]]. Os [[corno]]s anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do [[gando]].<ref>Robert Burton ''The International Wildlife Encyclopedia'', vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24</ref>
 
Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.
Liña 20:
 
[[Categoría:Antílopes]]
 
{{Link GA|en}}