Diferenzas entre revisións de «2001: A Space Odyssey»

m
Bot: "en:2001: A Space Odyssey (film)" é un artigo bo; cambios estética
m (Bot: "en:2001: A Space Odyssey (film)" é un artigo bo; cambios estética)
É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un [[Óscar]] polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10.500.000 de dólares.
 
== Sinopse ==
{{spoiler}}
 
O filme comeza coa [[Terra]] ascendendo sobre a [[Lúa]], e co [[Sol]] á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza ''[[Also sprach Zarathustra (Strauss)|Also sprach Zarathustra]]'' de [[Richard Strauss]].
 
=== O amencer do home ===
Hai uns catro millóns de anos, un grupo de [[primate]]s fan vida cotiá nunha árida [[sabana]]: vagan na procura de alimento e conviven de forma pacífica. Despois un dos membros da manda é atacado por un [[leopardo]].
 
Ten lugar entón unha enorme elipse temporal na narración: o óso que ascende no aire convértese nunha nave espacial que vai da Terra á Lúa no ano 1999.
 
=== TMA-1 (Anomalía Magnética de Tycho no. 1) ===
En 1999 o doutor [[Heywood Floyd]] viaxa da Terra á Lúa. Primeiro vai nun avión-foguete que o leva até unha [[estación espacial]] en [[órbita]]. A manobra de aproximación é unha [[coreografía]] espacial coa música de ''[[Danubio Azul]]'' de [[Johann Strauss (fillo)]]. Na estación espacial as actividades desenvólvense nos aneis exteriores circulares, que posúen [[gravidade]] debido á [[forza centrífuga]] da [[Movemento de rotación|rotación]] do conxunto, mentres que na parte central, onde está o [[hangar]] para as naves, esta rotación non provoca gravidade. Durante a estancia, o doutor Floyd realiza unha [[videoconferencia]] coa súa filla na Terra e ten un encontro con científicos doutros países (algúns da [[URSS]]), que lle preguntan sobre a estraña incomunicación coa base estadounidense de Clavius, e se son certos os rumores que apuntan a unha epidemia nela. Despois o doutor Floyd continúa a viaxe á Lúa, facéndose a aterraxe de novo co ''Danubio Azul'' soando.
 
O monólito resístese a calquera tipo de análise da súa estrutura ou das súas características, e tampouco demostra ningún tipo de actividade. Porén, considérase obvio que foi fabricado por unha civilización [[extraterrestre]] avanzada, que fora enterrado intencionadamente e que era a primeira proba real da existencia de [[vida extraterrestre]], polo que de momento se debía manter en segredo. Trala chegada do grupo do doutor Floyd até a escavación, marabillándose ao ver e tocar algo tan perfecto, plano e insondable, comeza a amencer nesa parte da Lúa, e o monólito, ao recibir o primeiro raio de Sol des que fora enterrado, emite unha potente sinal acústica que deixa atordados os presentes.
 
=== Misión a Xúpiter ===
No ano 2001 a nave espacial ''Discovery 1'' viaxa cara a [[Xúpiter]] con cinco tripulantes (tres en [[hibernación]] e dous despertos, [[David Bowman]] e [[Frank Poole]]) xunto cun supercomputador de última xeración chamado [[HAL 9000]] que goberna a nave utilizando [[intelixencia artificial]], o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao [[xadrez]] coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.
 
Xa con casco, para evitar a despresurización provocada por HAL 9000, Bowman vai á sala onde está o ''[[hardware]]'' do computador para desconectalo. Durante o percorrido, HAL parece querer explicar o sucedido, desculpándose por todo e pedindo que non o desconecte. David vai extraendo unha a unha as tarxetas de memoria; pouco a pouco vanse desconectando as funcións de HAL, que suplica compaixón a David, pero cada vez con máis problemas de comunicación até que parece retomar as súas funcións primordiais e primeiras aprendizaxes, como unha canción ("Daisy", de [[Harry Dacre]], 1892) e, por fin, desactívase. Ao quedar HAL desconectado, ponse en marcha unha gravación que informa a David Bowman da verdadeira misión: a investigación da orixe da sinal emitida por TMA-1 en 1999, nun punto próximo a unha das [[Satélite natural|lúas]] de Xúpiter.
 
=== Xúpiter e máis alá do infinito ===
Tempo despois, David Bowman chega ás proximidades de Xúpiter na ''Discovery'' e sae nunha das naves esféricas a investigar un enorme monólito negro que orbita a lúa [[Ío (lúa)|Ío]] e que foi a orixe da sinal similar á do TMA-1 en 1999. Non parece haber interacción algunha, pero de socato, ao achegarse cara a el considerablemente e situarse fronte a unha conxunción astral lineal que forma unha cruz co monólito situado perpendicularmente, David comeza unha viaxe estraña por unhas paisaxes psicodélicas de luz e cor a grande velocidade.
 
* {{IMDb título|0062622|2001: A Space Odyssey}}
{{commonscat|2001: A Space Odyssey}}
{{Ligazón AB|en}}
 
[[Categoría:Cine producido en Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Filmes de Elstree Studios]]
 
{{LigazónLink ABGA|en}}
76.344

edicións