Ludwik Lejzer Zamenhof: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Ludwik Lejzer Zamenhof" é un artigo bo; cambios estética
Liña 2:
'''Ludwik Lejzer Zamenhof''', nado en [[Bialystok]] o [[15 de decembro]] de [[1859]] e finado en [[Varsovia - Warszawa|Varsovia]] o [[14 de abril]] do [[1917]], foi o creador da lingua internacional [[esperanto]].
 
== Traxectoria ==
Zamenhof naceu e criouse na cidade de [[Bialystok]], que naquela época formaba parte do [[Imperio Ruso]] mais na actualidade pertence a [[Polonia]]. Zamenhof formaba parte da [[xudaísmo|comunidade xudía]], que a finais do [[século XIX]] constituía o 66 % da poboación da cidade, xunto cun 18 % de polacos, un 8 % de rusos non xudeus, un 6 de alemáns e un 2 % de bielorrusos. Nela falábanse moitas linguas, polo que había dificultades para a comprensión entre as diversas culturas. Isto motivouno para buscar unha solución ao problema, e co paso dos anos foi desenvolvendo o [[esperanto]] nun proceso longo e laborioso.
 
Os seus tres fillos foron asasinados polos [[nazi]]s durante o [[Holocausto]].
 
== Desenvolvemento do [[esperanto]] ==
O seu empeño por acadar unha lingua franca mundial continuou maila que no ano [[1879]] aparecera o [[volapük]], resultado do traballo doutra persoa, [[Johann Martin Scleyer]], nun proxecto de crear unha linguaxe internacional. Zamenhof aprendeu o [[volapük]], mais os defectos desta lingua motivárono mesmo máis para proseguir cos seus planos.
 
Finalmente, no ano [[1887]] e coa axuda económica de seu cuñado, logrou publicar un libriño no que expuña os principios da "lingua internacional", co pseudónimo de Doutor Esperanto, palabra que acabou por converterse no nome da súa creación.
 
== [[Poliglotismo]] ==
Maila que a súa formación profesional estaba afastada do campo da lingüística, dado que se formou e traballou coma [[médico]] [[oftalmoloxía|oftalmólogo]], contaba cun talento natural para a aprendizaxe de linguas; os seus idiomas natais eran o [[lingua rusa|ruso]], o [[lingua polaca|polaco]], e o [[yiddish]], aínda que tamén falaba con fluidez o [[lingua alemá|alemán]]. Posteriormente aprendeu [[latín]], [[hebreo]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua grega|grego]] e [[lingua inglesa|inglés]], así coma nocións básicas de [[lingua castelá|castelán]] e [[lingua italiana|italiano]]. Maila todo, sempre considerou o ruso coma a súa lingua materna.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Ludwik Lejzer Zamenhof}}
* [http://www.esperanto.es/hef/index.php?option=com_content&view=article&id=116&Itemid=119 Biografía de Zamenhof], na páxina da [[Federación Española de Esperanto]].
Liña 33:
 
{{Link FA|eo}}
{{Link GA|de}}