Tomé de Aquino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Thomas von Aquin" é un artigo bo; cambios estética
Liña 4:
'''Tomé de Aquino''', nado en [[Rocaseca]] ([[Nápoles]]) en [[1225]] e finado en [[Fossanova]] o [[7 de marzo]] de [[1274]], foi un filósofo e teólogo [[Idade Media|medieval]], representante da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], ademais de [[frade]] dominico. Foi proclamado [[santo]] e Doutor da Igrexa, así como ''Doctor Communis'' ou ''Doctor Angelicus'' pola [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]].
 
== Traxectoria ==
Fillo dos [[conde]]s de Aquino, inicialmente estudou no mosteiro de [[Monte Cassino]] e en [[1239]] na [[Universidade de Nápoles]]. En [[1244]] coa oposición da súa familia entra na orde de [[Domingos de Guzmán]]. Os seus irmáns chegaron a raptalo e metelo en prisión durante dous anos para disuadilo.
 
Liña 15:
Tomé de Aquino foi canonizado polo papa [[Xoán XXII]] no ano [[1323]]. [[Pío V]] proclamouno doutor da Igrexa en [[1567]]. [[León XIII]] declarouno en [[1880]] patrón das universidade, colexios e escolas.
 
== Contexto histórico ==
Durante a Idade Media, a relixión cristiá ocupaba todos os ámbitos da vida cultural, incluído o da ética. Durante este período, a ética tomou unha dimensión sobrenatural, é dicir, pensábase que [[Deus]] era o sumo ben, e a realidade suprema, creador e lexislador do [[Universo]] e de toda orde moral. Mediante a revelación, Deus comunicara a todos os homes o que estaba [[ben (filosofía)|ben]] e máis o que estaba [[mal (filosofía)|mal]], e estes debían someterse obedientemente aos seus mandamentos.
 
O [[ser humano]], durante este período, tiña a impresión de estar "de paso" nesta vida, de que nesta vida o comportamento das persoas só tiña importancia porque en función del salvaríanse ou condenaríanse para a vida eterna. Os conceptos antigos de "mal", "felicidade" e "sabedoría", que eran propios do mundo clásico, foron substituídos polos conceptos cristiáns de "pecado", "beatitude" e "santidade".
 
== Filosofía ==
[[Ficheiro:Saint Thomas Aquinas Diego Velázquez.jpg|miniatura|300px|Tentación de Tomé de Aquino de Diego Velázquez]]
A filosofía tomista caracterizábase por harmonizar os [[dogma]]s da relixión cristiá coas principais teses filosóficas de Aristóteles, nunha época na que este último era visto como o principal inimigo intelectual do [[cristianismo]]. Perdidas desde a época do [[Imperio Romano]], as obras aristotélicas foron redescubertas no [[século XII]], resultando especialmente significativo para a súa transmisión o labor de [[Domingo Gundisalvo]] na [[Escola de Tradutores de Toledo]]. Neste senso son especialmente relevantes os intentos de Tomé de Aquino de oporse ós comentarios sobre Aristóteles feitos polo filósofo árabe de orixe español [[Averroes]] (1126-1198), explicando teses claramente opostas á [[Revelación]] cristiá. Fronte a teoría das dúas verdades deste pensador, para Tomé de Aquino filosofía e teoloxía non poden entrar en conflito porque sería unha discordancia dentro da verdade. Son dous saberes independentes con dous obxectos formais distintos pero co mesmo campo común.
 
=== O coñecemento ===
Para Tomé de Aquino o entendemento ten como obxecto o [[ente|ser]] de todo o real, pero en canto que o [[home]] é unión substancial entre [[corpo]] e [[alma]], o entendemento humano ten por obxecto o ser das realidades sensibles. O corpo está dotado de órganos do coñecemento, que son os sentidos, de aí que o coñecemento intelectual comece co coñecemento sensible. O entendemento elabora conceptos a partir de datos subministrados pola percepción sensible.
 
A partir disto, o entendemento posúe unha capacidade abstractiva, unha capacidade de universalizar convertendo en [[concepto]]s as representacións sensibles universais. Por iso o entendemento coñece primaria e directamente o universal e os seres na súa individualidade dun xeito indirecto e secundario. Isto resulta do seguinte proceso:
* Os órganos corporais sensoriais acadan unha percepción sensible
* Isto imprime unha imaxe ou representación que denomina fantasma
* O entendemento axente universaliza os datos da experiencia sensible e formula un concepto quedándose cos trazos esenciais
* A partir de aí coñece o singular indirectamente como por unha certa reflexión
* Por mor do principio individuación, a materia concreta, distinta en cada individuo, permite entender as cousas singulares.
 
=== A realidade ===
 
==== Esencia e existencia ====
Mediante a [[razón]] é posible chegar á realidade das cousas. Estas, agás Deus, son continxentes, poderían non existir. Por iso a composición decisiva é a composición de esencia e existencia. A esencia das cousas non conleva necesariamente a súa existencia. Só en Deus esencia e existencia coinciden. A esencia é potencia no sentido aristotélico e a existencia é acto en sentido aristotélico. A cada tipo de esencia corresponde un grao distinto de existencia. O existir é o acto da esencia, esta é potencia ou capacidade de ser. Só Deus é o ser subsistente onde se identifican esencia e ser. Os entes creados participan no ser en graos distintos segundo a capacidade de ser das súas respectivas esencias.
 
A [[metafísica]] tomista destaca por introducir a distinción entre ''[[esencia]]'' e ''[[existencia]]'', base conceptual sobre a que lexitimar unha xerarquización dos entes existentes, desde a primacía de [[Deus]], ente supremo e transcendente, ata os seres inanimados, pasando polos [[Anxo (cristianismo)|anxos]], os humanos e o resto dos seres vivos. A separación fundamental entre Deus e o resto dos entes estriba en que o primeiro ten a existencia como propiedade constitutiva da esencia divina, mentres que o resto recibe, en diversos graos, a existencia de Deus a través dun acto creador.
 
==== As ''cinco vías'' ====
 
Desde o punto de vista da [[Teoloxía filosófica]], tamén son destacables as ''cinco vías'' tomistas da existencia de Deus, nas que pretende demostrar racionalmente a súa existencia partindo de feitos observables por calquera ser humano. Parte da idea aristotélica do motor inmóbil, fonte de todo movemento entendido como paso da potencia ao acto e do concepto de causa eficiente, axente, material e final. Coñécense co nome de ''probas a posteriori'' para diferencialas das probas meramente racionais propostas anteriormente no século XI polo monxe [[Anselmo de Canterbury]]. Para Tomé de Aquino, nada pasa da potencia ao acto a non ser baixo a acción de algo que estea xa en acto. Deus é o acto puro, tal como sostiña Aristóteles, pero a diferenza do sostido por este non está pechado en si mesmo no seu autocoñecemento senón que crea o mundo, comunicase a el e coñéceo coñecéndose a si mesmo.
 
Sentado isto, as cinco vías para afirmar a existencia de Deus serían:
* O movemento: todo é movido por algo, ten que haber un motor inmóbil
* A causa eficiente: todo é unha concatenación de causas, a ''causa prima'' é Deus
* Polo posible e o necesario: os entes son continxentes, chega un momento que non son, pero da nada nada sae e a nada nada produce polo que ten que haber un ser necesario por si mesmo. Por definición é Deus
* Polos graos de perfección: a experiencia fálanos de que hai graos de perfección, isto non ten senso se non existe a perfección absoluta
* Pola orde do mundo: os entes intelixentes tenden a un fin e a unha orde. A razón reclama un ser que ordena a natureza e a impulsa cara un fin.
 
Tomé de Aquino entende que a concepción aristotélica non implica necesariamente a eternidade do mundo pero non exclúe esa posibilidade porque o [[Universo|cosmos]] pode ser á vez creado e eterno. Como creador Deus é a causa eficiente, a causa exemplar e a causa final, pois crea por amor, é o Amor e por amor endereza todo cara o seu fin que é el mesmo. En Deus o ser, a intelixencia e o amor son unha soa substancia.
 
=== O Home ===
No home non existen dúas substancias: alma e corpo. Senón que a alma é a forma, en sentido aristotélico, do corpo. Alma e corpo, xa que logo, configuran unha unión substancial. O home é unha substancia completa e única, non dual. O home arela permanecer no seu modo de ser, ese degaro non pode ser en balde e absurdo, polo que a alma é inmortal e volverá a unirse ao corpo na [[resurrección]] da carne, aínda que isto segundo coñecémolo por revelación.
 
=== Ética ===
Para Tomé de Aquino o fin último do home é a [[felicidade]], só coñecendo a súa natureza e as tendencias enraizadas nela poderemos saber o que lle fai feliz. De aí se poden deducir certas normas de conduta para acadar a felicidade. Existen pois unhas normas que son esixencia das súa propia natureza. Esta tende a conservar a existencia, a procrear, a coñecer racionalmente a verdade e a vivir en sociedade. Por iso a lei natural é evidente, universal e inmutable.
 
Liña 66:
O ben, polo tanto, identificábase, na ética medieval, co cumprimento da vontade de Deus durante a breve e pasaxeira vida terreal das persoas para desfrutar dunha felicidade que só alcanzarían despois da morte. Tamén, neste caso, revelación e pensamento conflúen porque para Tomé de Aquino, parafraseando a [[Paulo de Tarso]] o amor ao próximo é a plenitude da Lei e, para el, a definición do amor é querer o ben do próximo e actuar en consecuencia. Segundo Tomé de Aquino, Deus en [[Xesús de Nazaret]] refundiu toda a xustiza humana nun só precepto: o amor.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Escolástica (filosofía)|Escolástica]]
* ''[[De Regno]]'' (obra menor)
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
Liña 81:
{{Link FA|ro}}
{{Link FA|sv}}
{{Link GA|de}}