Cardeal Richelieu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Armand-Jean du Plessis, duc de Richelieu" é un artigo bo; cambios estética
Liña 15:
|proclamación=[[5 de setembro]] de [[1622]]
|proclamación por=[[Gregorio XV, papa|Gregorio XV]]
|cargo principal=Primeiro Ministro do [[Lista de reis de Francia|Rei de Francia]]
(cargo civil)
[[abadía territorial|Abade territorial]] de [[abadía de Cluny|Cluny]]
(cargo eclesiástico)
|anteriores=[[Diocese de Luçon|Bispo de Luçon]] (1605-1624)
|outrostítulos=
|dende=[[1624]] (cargo civil)
[[1637]] (cargo eclesiástico)
|até=[[1642]] (morte)
|predecesor=[[Concino Concini]] (primeiro ministro)
[[Jacques IV Vény d'Arbouze]] (abade territorial)
|sucesor=[[Jules Mazarin]] (primeiro ministro)
[[Armand de Bourbon-Conti]] (abade territorial)
|escudo=Coat of Arms of Cardinal Richelieu.svg
|ch=plri
Liña 28:
'''Armand-Jean du Plessis''', máis coñecido como o '''Cardeal Richelieu''', nado en [[París]] o [[9 de setembro]] de [[1585]] e finado en [[París]] o [[4 de decembro]] de [[1642]], foi o primeiro ministro do rei de [[Francia]], [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]].

== Traxectoria ==

=== Inicios ===
Nado nunha familia aristocrática de Poitieu, prosperou axiña na carreira eclesiástica e tamén na política. Salientou nos Estados Xerais de [[1614]], o que lle valeu á chamada á corte por parte da raíña nai e rexente [[María de Médicis]]. Ocupou o cargo de secretario de Estado de Interior e da Guerra.

No enfrontamento entre María de Médicis e o seu fillo Luis XIII fixo de mediador e se gañou a confianza deste último que o nomeou cardeal en [[1622]] e primeiro ministro en [[1624]].

=== Política interior ===
Nese cargo, acometeu unha forte centralización do poder, dando orixe ao célebre [[centralismo]] francés propio da [[monarquía absoluta]] e seguido polas faccións dominantes tras a revolución francesa. Nesta liña acabou violentamente co que consideraba un Estado protestante dentro da monarquía francesa. Combateu coas armas os [[hugonotes]] ripándolles as súas prazas fortes e a súa organización autónoma. O feito de armas máis célebre foi a toma de La Rochelle en [[1628]], onde dirixiu persoalmente as operacións militares construído un dique mediante un alarde de enxeñería bélica que illou á cidade do mar. As hostilidades cos hugonotes remataron mediante a imposición da paz de Alais de 28 de xuño de [[1629]] na que se garantía a liberdade relixiosa recoñecida por [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] no [[Edicto de Nantes]], pero desartellando todo poder político protestante.

Liña 46:
Os gastos da monarquía xeraron unha forte presión fiscal. O imposto directo nominal, a talla, chegou a triplicarse e a dedución da renda bruta das terras achegouse ao 13 por cento. Isto, unido a un crónico estado de guerra, trouxo a fame e as pragas así como grandes bolsas de pobreza. Tal estado de cousas ocasionou a eclosión de movementos relixiosos de atención aos desfavorecidos como as irmandades e conferencias de [[Vicente de Paúl]], a quen nalgún momento Richelieu apoiou, pero a quen lle fixo caso omiso na súa reclamación dunha política de pacificación.

=== Política exterior ===
En política exterior definiu dous eixos fundamentais: a expansión colonial en América e África e o debilitamento dos Habsburgo como casa imperial e dominadora de Europa Central, a península ibérica e América Central e do Sur. Para iso, na [[Guerra dos Trinta Anos]] aliouse co bando teoricamente protestante axudando aos holandeses contra España e a [[Gustavo Adolfo II de Suecia]] e [[Cristian IV de Dinamarca]] na súa guerra contra os exércitos xermánicos. Nesta mesma dirección apoiou o secesionismo de [[Portugal]] e [[Cataluña]], xerando en España un debilitamento interior que afectará á supremacía militar dos terzos españois en Europa e da tradicional e familiar alianza dos Habsburgo.

{{ORDENAR:Richelieu, Cardeal}}

[[Categoría: Historia de Francia]]
[[Categoría: Cardeais]]
[[Categoría:Nados en 1585]]
[[Categoría:Finados en 1642]]
[[Categoría:Nados en París]]

{{Link GA|de}}