Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: "de:Neptun (Planet)" é un artigo bo; cambios estética
Orbitando tan lonxe do [[Sol]], Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 [[°C]]. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.
 
A estrutura interna lembra a de [[Urano (planeta)|Urano]] -- un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, [[auga]], amonio líquido e [[metano]]. A terza parte exterior é unha mestura de [[gas]]es quentes composta por [[hidróxeno]], [[helio]], auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] e [[Saturno (planeta)|Saturno]], considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o [[campo magnético]] de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47  °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
 
== Órbita e rotación ==
En [[1821]], [[Alexis Bouvard]] publicou táboas astronómicas da [[órbita]] de Urano. As observacións posteriores revelaron desvíos substanciais das táboas, levando a Bouvard a pór a hipótese da existencia dun corpo que perturbase a órbita. En [[1843]], [[John Couch Adams]] calculou a [[órbita]] dun oitavo planeta que puidese explicar o movemento de Urano. Enviou os seus cálculos a Sir [[George Airy]], que os rexeitou con certa frialdade, levando a Adams abandonar o asunto.
 
En [[1846]], [[Urbain Le Verrier]], independentemente de Adams, reproduciu os seus cálculos mais tamén atopou dificultades en atopar algún entusiasmo nos seus compatriotas. Porén, o mesmo ano, [[John Herschel]] comezou a promover a abordaxe matemática e convenceu a [[James Challis]] de procurar o planeta. Tendo en conta o seu período orbital de 164 anos e 288 días, o planeta completou unha orbita dende o seu descubrimento en 1846 no ano 2011, isto implica que se atopa na actualidade aproximadamente na mesma posición na que foi descuberto.
 
== Satélites de Neptuno ==
Neptuno ten 14 lúas coñecidas. A maior delas, que comprende o 99,5% da masa en órbita ao redor do planeta e o único cunha masa o suficientemente grande para ser esférico, é [[Tritón (satélite)|Tritón]], descuberta por [[Willian Lassell]] apenas 17 días despois da descuberta de Neptuno. A diferenza doutras grandes lúas planetarias do [[Sistema Solar]], Tritón ten unha órbita retrógrada, indicando que foi capturado en vez de formarse alí; probablemente algunha vez foi un [[planeta anano]] no [[cinto de Kuiper]]. Está o suficientemente preto de Neptuno como para ser bloqueado nunha rotación sincrónica.
{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="2"
* [[Lúas de Neptuno]].
 
=== Notas ===
{{listaref}}
 
{{Link FA|it}}
{{Link FA|sl}}
{{Link GA|de}}
75.778

edicións