Maria Sibylla Merian: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ámsterdam +Ámsterdan)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Maria Sibylla Merian" é un artigo bo; cambios estética
Liña 12:
|cónxuxe =
|etnia =
|campo = [[naturalista]], [[Exploración xeográfica|exploradorexploradora]]a e [[Pintura|pintora]]
|alma_mater =
|director_tese =
Liña 26:
[[Ficheiro:Merian Maria Sibylla 1647-1717.jpg|thumb|210px|right|Autorretrato.]]
 
'''Maria Sibylla Merian''', nada en [[Frankfurt]] o [[2 de abril]] de [[1647]] e finada en [[Ámsterdan]] o [[13 de xaneiro]] de [[1717]], foi unha [[naturalista]], [[Exploración xeográfica|exploradorexploradora]]a e [[Pintura|pintora]] [[Alemaña|alemá]], de pais [[Suíza|suízos]].<ref> Patricia Rodriguez. [http://feelsynapsis.com/jof/003/index.html?pageNumber=28 María Sybilla Merian. La científica de las mariposas] ''Journal of Feelsynapsis (JoF)''. ISSN: 2254-3651. 2012 (3): 28-32</ref>
Malia ser ignorada durante longo tempo, é hoxe considerada coma unha das máis importantes iniciadoras da [[entomoloxía]] moderna, grazas ás observacións detalladas e á súa descrición, con ilustracións propias, da [[Metamorfose]] das [[bolboreta]]s.
 
== Biografía ==
=== Alemaña ===
María Sibylla Merian, filla de Matthäus Merian o vello, [[gravado]]r en [[talla doce]] e editor que se fixo relativamente famoso grazas ás edicións de ''Teatro Europeo'' (‘’Theatrum Europaeum’’) e ''Topografías'' (‘’Topographien’’). Morreu cando María Sibylla tiña tres anos. A nai, Johanna Sibylla Heim, era a segunda esposa de Matthäus Merian. Máis tarde, o seu [[padrasto]], [[Jakob Marell]], coñecido polos seus cadros de flores, aprendeulle a [[Pintura|pintar]], [[Debuxo|debuxar]] e [[Gravado|gravar]]. Aos trece anos xa pintaba as súas primeiras imaxes de insectos e de plantas a partir de modelos que capturaba directamente.
 
<blockquote style="font-size: 90%">Na miña mocidade dediqueime á procura de insectos. Comecei cos [[Verme da seda|vermes da seda]] da miña cidade natal de Fráncfort. Despois establecín que a partir de outras eirugas desenvolvíanse moitas das máis belas bolboretas , coma o fan os vermes da seda. Isto levoume a apañar todas a eirugas que podía atopar para ollar a súa transformación.
Liña 38:
[[Ficheiro:Merian insectes Surinam.jpg|thumb|left|245px|Ilustración da obra ''Metamorfose dos insectos do Suriname''.]]
 
Aos 18 años, en [[1665]], María Sibylla casou cun pintor especializado en arquitectura, [[Johann Andreas Graff]]. Logo de dous anos tivo a súa primeira filla, Johanna Helena, e a familia mudouse a [[Núremberg]]. A crenza da época aseguraba que os insectos eran o resultado da "[[xeración espontánea]] na lama en putrescencia". Esta opinión remontábase a [[Aristóteles]] e levara á Igrexa a designar a estes animais coma "bestas do diaño". Malia existir esta crenza, Maria preguntábase como podían xurdir as máis fermosas bolboretas das [[eiruga]]s. Estudou a metamorfose, os detalles [[crisálide]] e as plantas das cales se alimenta a eiruga. Ilustrou así todos os estadios do desenvolvemento no seu caderno de bosquexos.
 
Este caderno de bosquexos é a trama do seu primeiro libro, publicado cando tiña 28 anos, en [[1675]], co nome de ''Novo libro de flores''. Neste só as flores son reproducidas de xeito moi enxeñoso e detallado. Os dous últimos volumes do libro publicáronse en [[1677]]. En [[1678]] naceu a súa segunda filla, Dorotha Maria, e un ano máis tarde publicou o seu libro ''A eiruga, marabillosa transformación e estraña alimentación floral'' que é a súa segunda grande obra. Neste libro presenta os distintos estadios de desenvolvemento das distintas especies de bolboretas sobre as plantas das que se alimentan.
 
=== Países Baixos ===
En [[1685]] Merian separouse do seu home e s mudou ao castelo Waltha ([[Países Baixos]]) co seu cuñado para morar nunha comuna [[Pietismo|pietista]]. O castelo pertencía a Cornelis van Sommelsdijk, gobernador do [[Suriname]]. Neste local estudou a fauna e flora tropical de América do sur e, trala morte do seu cuñado un ano despois, instalouse en [[Ámsterdan]]. Púxose alí en contacto cuns outros naturalistas e con varios propietarios particulares de ''orangeries'' (pomares de [[laranxeira]]s) e paxareiras.
 
=== Suriname ===
Liña 51:
Aínda que amigos e coñecidos de María desaconsellárona facer esa viaxe ao Suriname, esta non desleixou o seu proxecto. Para a súa viaxe, Mari obtivo unha bolsa da cidade de Ámsterdan. Dende [[Paramaribo]], a capital do país, as dúas mulleres realizaron numerosas excursións ao interior do Suriname. Maria describiu todo o que foi descubrindo sobre a metamorfose dos insectos tropicais do Surinam e realizou un gran número de debuxos e [[acuarela]]s. En [[1701]] contaxiouse de [[malaria]] e tivo que interromper a súa viaxe tornando a Ámsterdan.
 
=== Retorno aos Países Baixos ===
Os seus debuxos e bosquexos servíronlle de baseamento realizar un traballo de importancia sobre a [[fauna]] e a [[flora]] do Suriname. Coa axuda de varios concidadáns o editor publicou, logo de tres anos de traballo intensivo, a obra máis importante de Maria Sibylla Merian: ‘’Metamorphosis Insectorum Surinamensium’’ ( ''Metamorfose dos insectos do Suriname''), publicada en Ámsterdan en [[1705]].
 
[[Ficheiro:Metamorphosis of a Butterfly Merrian 1705.jpg|thumb|left|250px|Metamorfosie dunha bolboreta (1705).]]
Escribiu sobre este libro:
 
<blockquote style="font-size: 90%">Para a realización deste traballo non fun ávida, mais me considerei satisfeita en canto recuperei o que desembolsara. Non reparei en despensas para a execución desta obra. Fixen gravar as placas por un mestre famoso e aportei o mellor papel para aportar ledicia non só aos afeccionados á arte senón tamén aos afeccionados aos insectos; faime moita ledicia cando ouzo que acadei o meu obxectivo e que dou felicidade ao tempo.
:( ‘’Metamorphosis Insectorum Surinamensium’’ ( ''Metamorfose dos insectos do Suriname''), limiar)
</blockquote>
Liña 65:
Merian, que contaba cunha gran reputación de naturalista e artista, morreu en 1717 aos 70 anos en Ámsterdan. Había dous anos que tiña que se desprazar en [[cadeira de rodas]] logo dun ataque de [[apoplexía]].
 
Nos derradeiros anos do [[século XX]], o traballo de Maria foi descuberto de novo, restaurado e varias veces honrado. O seu retrato púxose no billete de 500 [[marco alemán|marcos alemáns]] e nun selo de 0.40 marcos de [[1987]]. Varias escolas levan o seu nome e en xaneiro de [[2005]] a vila de Warnamünde botou un barco co seu nome pertencente ao Instituto de Investigación no [[Mar Báltico]].
 
== Traballos ==
O traballo de Merian é considerábel. Na súa época era realmente raro que alguén se interesase de verdade nos insectos. A metamorfose dos animais era case descoñecida. O feito que ela publicase ''A eiruga, marabillosa transformación e estraña alimentación floral'' en [[lingua alemá|alemán]] fíxoa popular na alta sociedade. Por esa mesma razón, era evitada polos científicos do seu tempo, xa que a lingua oficial para a ciencia era o [[latín]].
 
Paralelamente á metamorfose, Maria Sibylla Merian describiu tamén moitos outros detalles da evolución e vida dos insectos. Mostrou, por exemplo, que cada eiruga depende dun pequeno número de plantas para a súa alimentación e que, polo tanto, os ovos eran postos preto desas plantas. Este traballo fixo dela unha das primeiras naturalistas que observou realmente os insectos, o que lle permitiu descubrir moitas cousas sobre o seu desenvolvemento.
 
[[Ficheiro:Merian.jpg|thumb|297px|Prancha extraída de ''Erucarum Ortus''.]]
 
Continuar a súa pescuda no Suriname foi a súa maior orixinalidade. Polo xeral os seus contemporáneos viaxaban ás [[Colonia administrativa|colonias]] para atopar exemplares, facer coleccións e traballar sobre estas ou para instalarse. As viaxes científicas eran case descoñecidas na época, polo que o proxecto de Maria era tomado como unha excentricidade.
 
Conseguiu, porén, descubrir nas terras do Surinam toda unha serie de animais e plantas completamente novos, coa súa clasificación, que representaba con todo luxo de detalles. A súa clasificación das bolboretas e [[avelaíña]]s (que ela chamaba bolboretas-capelas e bolboretas-[[curuxa]]s) é válida aínda hoxe. Utilizou para as plantas os nomes dos [[Amerindio|indios]] que importou a Europa:
Liña 82:
</blockquote>
 
Os debuxos de plantas, [[serpe]]s, [[araña]]s, [[iguana]]s e [[coleóptero]]s tropicais realizados pola súa man son considerados incluso hoxe en día coma obras de arte e coleccionados por afeccionados de todo o mundo. A verba alemá ''Vogelspinne'' ([[Mygalomorphae|migale]]), literalmente araña-paxaro deriva probabelmente dun dos seus gravados inspirado nun dos bosquexos do Suriname. Este gravado representa unha enorme araña capturando un paxaro (aínda que non se coñecen realmente arañas que cacen paxaros).
 
== Obras ==
Liña 94:
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
[[Ficheiro:Maria-Sibylla-Merian-001.jpg|right|254px|thumb|Outra prancha da súa autoría]]
Liña 104:
* Merian, Maria Sibylla:
 
=== Ligazóns externas ===
;En inglés
* [http://home.wtal.de/hh María Sybilla Merian] Información sobre a súa vida e súa obra.
Liña 126:
[[Categoría:Finados en 1717]]
[[Categoría:Escritores de Alemaña]]
 
{{Link GA|de}}