Diferenzas entre revisións de «Lausana»

m
Bot: "de:Lausanne" é un artigo bo; cambios estética
m (Bot: Retiro 84 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q807)
m (Bot: "de:Lausanne" é un artigo bo; cambios estética)
'''Lausana''' ('''Lausanne''', nome oficial en [[Lingua francesa|francés]], '''Losena''' en [[lingua francoprovenzal|arpitano]]) é unha cidade [[suíza]] de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras [[Zúric]], [[Xenebra - Genève|Xenebra]] e [[Basilea]]. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de [[Vaud]].
 
== Xeografía ==
As principais características xeográficas da cidade son o [[lago de Xenebra]] e maila súa proximidade coa rexión de [[Gros-de-Vaud]], de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza. A cidade de [[Xenebra - Genève|Xenebra]], coñecida internacionalmente como sede da [[ONU]], atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como [[Vevey]] ou [[Montreux]] fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.
 
== Historia ==
A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar [[Imperio Romano|romano]] de nome ''Lousanna'', construido non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de [[Vidy]] e [[Ouchy]]. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa ubicación actual, un outeiro de máis doada defensa.
 
Dende o [[14 de abril]] do ano [[1803]], Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre autros aspectos, á Sede do [[Comité Olímpico Internacional]]
 
== Cultura ==
[[Ficheiro:Lausanne-cathe7.JPG|miniatura|esquerda|160px|A Catedral de Notre Dame de Lausana.]]
A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o [[Lingua francesa|francés]]. No tocante á relixión, o [[catolicismo]] é a relixión do 38% dos habitantes da cidade, mentres que o 27% son protestantes. Un 17% di non profesar ningunha relixión. A terceira confesión é a [[Islam|musulmá]], cun 6% de fieis.
Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. Ademais, son moitas as institucións educativas, suízas e internacionais, que teñen a súa central na cidade.
 
=== Lugares de interese ===
* [[Catedral de Lausana]], chamada Catedral de Notre Dame. É un templo [[arquitectura gótica|gótico]] erguido entre 1170 e 1240. A porta oeste foi engadida posteriormente en estilo [[gótico flamíxero]].
* [[Museo Olímpico]]. Acolle exposicións permanentes e temporais de obxectos relacionados co deporte e o movemento [[Olimpíada|olímpico]], ademais dos arquivos do Comité Olímpico Internacional, cuxa sede está na cidade. Con máis de 10.000 pezas, o museo é o arquivo máis grande das Olimpíadas no mundo, entre as que salientan pezas escultóricas de [[Auguste Rodin]] ou [[Fernando Botero]]. Foi creado en 1993 por iniciativa de [[Juan Antonio Samaranch]].
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Lausanne}}
 
=== Outros artigos ===
{{Cidades de Suíza}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lausanne.ch Páxina do concello de Lausana]
 
[[Categoría:Cidades de Suíza]]
[[Categoría:Cantón de Vaud]]
 
{{Link GA|de}}
76.349

edicións