Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Kaiser" é un artigo bo; cambios estética
Liña 2:
'''Emperador''' é un título político orixinado no [[Imperio Romano]]. Malia que con frecuencia se chame ''emperadores'' aos líderes de certos grandes [[imperio]]s, por asociación con estes, o certo é que os comunmente chamados Emperadores de [[China]] o [[Xapón]] non o son no sentido estrito, porque o título se asocia cun certo continuísmo (ás veces moi de lonxe) coa cultura latina da que emana.
 
== Historia ==
=== Título latino ===
{{Artigo principal|Emperador romano}}
Orixinariamente o '''imperator''' era o xefe do exército romano. O ano [[-27]], [[Octavio Augusto]] unificou o mundo romano e estableceu o [[Imperio Romano]], pero non se atreveu a asumir poderes absolutos e quebrar desta maneira o sistema político da [[República Romana]], debido ao exemplo que representaba o asasinato de [[Xulio César]] o ano [[-44]], precisamente acusado polos [[Senado romano|senadores]] de querer acabar coas liberdades civís republicanas. De esta maneira creou o [[Principado]], un réxime político no cal se mantiñan todos os cargos e formas republicanas, pero todos os grandes cargos públicos eran asumidos por Octavio. Malia que este aceptou para si tan só o título de ''princeps civium'' (isto é, ''o primeiro dos cidadáns''), na práctica o título máis importante que tiña era o de ''Imperator'' ou xefe do exército, porque era este o último garante da paz romana despois das cruentas guerras civís libradas no último século. De esta maneira, co paso do tempo foise identificando o título de Emperador co de amo e señor absoluto dun imperio.
 
=== A caída de Roma ===
{{Artigo principal|Imperio Bizantino|Imperio Carolinxio}}
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, o [[Imperio Bizantino]] considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo grego ''[[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|basileus]]'', que significa [[rei]]. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título de [[Tsar]], derivado do nome latino [[César (título)|César]], e que se aplicou despois ao Tsar de [[Bulgaria]], para ser tomado no seu momento polos Tsares do [[Imperio Ruso]], unha vez caída [[Constantinopla]] en mans dos [[otománs]].
 
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano [[476]], pero a [[ Igrexa Católica Romana|Igrexa de Roma]] se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que o [[Papa]] volvese a mirada cara o crecente poder político dos [[francos]]. De esta maneira os Papas chamaron a [[Pipino o Breve]] na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu fillo [[Carlomagno]] foi coroado [[Emperador de Occidente]] o ano [[800]] en Roma, nun xesto do Papa [[León III, Papa|León III]]; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno e [[Irene]], á sazón emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano [[812]], o emperador bizantino [[Miguel I Rangabé]] recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.
 
Despois de que os netos de Carlomagno se repartiron o seu imperio no [[Tratado de Verdún]] ([[843]]), houbo varios reis que con maior ou menor fortuna intentaron facerse recoñecer como Emperadores, tratando de forzar ao Papa mediante o envío de expedicións militares a [[Italia]]. Finalmente o ano [[962]] o rei xermano [[Odón o Grande]] conseguiu ser coroado lexítimo Emperador de Occidente, o que o proclamaba como herdeiro de Carlomagno, fundándose así o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Os seus sucesores conservarían o título ata o ano [[1806]], malia que o propio Sacro Imperio Romano Xermánico foi practicamente desmantelado en [[1648]], despois do [[Tratado de Westfalia]].
 
=== Sacro Imperio Romano Xermánico ===
{{Artigo principal|Sacro Imperio Romano Xermánico}}
Durante séculos admitiuse en Occidente que o [[Papa]], como lexítimo custodio da tradición romana, era o único capaz de designar Emperadores. Supostamente, na concepción [[medieval]], o mundo estaba baixo a tutela temporal do Emperador, e a espiritual do Papa, como señores conxuntos do mundo cristián (e do mundo, en definitiva, por canto o Papa se consideraba Vicario de Cristo para toda a Humanidade). Desta maneira só podía haber un único Emperador, con xurisdición sobre todos os reis cristiáns. No entanto, este soño estivo lonxe de cumprirse, xa que nunca o Emperador de Occidente conseguiu impoñerse a todos os reis cristiáns; quen levou máis lonxe este soño universalista foi o Emperador [[Carlos I de España]], precisamente nunha época (o [[Século XVI]]) na que o universalismo medieval estaba desaparecendo en beneficio do nacionalismo moderno. Porén, malia que os reis medievais se trenzaran en múltiples guerras, e incluso moitos deles combateran polas armas ao Emperador, xamais intentaron tomar para si o título por non contar con as bases legais para iso.
 
=== Imperio Napoleónico ===
{{Artigo principal|Primeiro Imperio Francés}}
A chegada de [[Napoleón Bonaparte]] cambiaría as cousas. Durante o [[Século XVIII]] producírase un forte renacemento do clasicismo romano ([[Neoclasicismo]]), que vinculara á idea de que a [[Razón]] había superar o escurantismo que se identificaba coa [[Idade Media]]. No político (e tamén no artístico), Napoleón tratou xustamente de regresar ao modelo imperial romano, polo que se transformou en cabeza dun goberno directorial á maneira romana: o [[Consulado (Francia)|Consulado]]. Napoleón finalmente mandou chamar mediante presións e ameazas ao Papa [[Pío VII]] para coroarse Emperador na [[Catedral Notre Dame de París]], o ano [[1804]]. Non obstante, no momento decisivo e nun xesto de orgullo, Napoleón arrebatou ao Papa a coroa imperial, e cinguiuna el mesmo, como un xesto segundo o cal el mesmo se facía o home máis poderoso da Terra. Con todo, aínda seguía existindo o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, á sazón [[Francisco II]], quen optou por renunciar ao seu título en [[1806]] e adoptar o de Emperador de [[Austria]] co nome de [[Francisco I de Austria|Francisco I]].
Liña 27:
Na actualidade, o único gobernante do mundo que conserva o título de Emperador é o do [[Xapón]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Títulos reais]].
* [[Tsar]].
 
[[Categoría:Monarcas]]
[[Categoría:Política]]
 
{{Link GA|de}}