Diferenzas entre revisións de «Jimi Hendrix»

m
Bot: "de:Jimi Hendrix" é un artigo bo; cambios estética
(modelo)
m (Bot: "de:Jimi Hendrix" é un artigo bo; cambios estética)
'''James Marshall Hendrcks''', máis coñecido polo nome artístico de '''"Jimi" Hendrix''', nado en [[Seattle]] ([[Estado de Washington|Washington]]) o [[27 de novembro]] de [[1942]] e finado en [[Kensington]] ([[Londres]]) o [[18 de setembro]] de [[1970]], foi un músico norteamericano, considerado por parte da crítica como o mellor [[guitarrista]] eléctrico do [[Música rock|rock]]. Conseguiu fama internacional en [[1967]] logo de participar no [[Festival Pop de Monterey]] e participou no [[Festival de Música e Artes de Woodstock|Festival de Woodstock]] de [[1969]].
 
== Traxectoria ==
Autodidacta, dende pequeno escoitou [[Blues]] e [[R&B]] da colección de [[discos]] do seu [[pai]], quen lle mercou a súa primeira [[guitarra]] cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música de [[Seattle]] e mercou unha [[guitarra eléctrica]] para Jimi e un [[saxofón]] para el, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente como [[B. B. King]], [[Albert King]] e [[T-Bone Walker]] e converteu a [[guitarra eléctrica]] nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aínda [[adolescente]], xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike e [[Tina Turner]], [[Little Richard]] ou o mesmo [[B.B. King]].
 
Jimi, coma moitos grandes guitarristas ([[Eric Clapton]], [[Jeff Beck]]....), facía el mesmo modificacións á electrónica das súas guitarras, experimentando con calquera cousa posible e conseguindo deste modo sons inverosímiles.
 
== Discos ==
* ''[[Are You Experienced]]''
* ''[[Axis Bold As Love]]''
* ''Electric Ladyland''
* ''Band Of Gypsies''
* ''Experience Hendrix''
* ''First Rays Of The New Rising Sun''
* ''South Saturn Delta''
* ''BBC Sessions''
 
{{ORDENAR:Hendrix, Jimi}}
 
[[Categoría:Personalidades da música dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
{{Link FA|it}}
{{Link FA|simple}}
{{Link GA|de}}
76.277

edicións