Diferenzas entre revisións de «Xenealoxía»

m
Bot: "de:Genealogie" é un artigo bo; cambios estética
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
m (Bot: "de:Genealogie" é un artigo bo; cambios estética)
A '''xenealoxía''' é unha das [[ciencias auxiliares da historia]], encargada do estudo e seguimento da ascendencia e descendencia dunha [[persoa]] ou [[Familia (socioloxía)|familia]]. O documento que rexistra este estudo adoita ser coñecido como [[árbore xenealóxica]]. O termo procede do [[latín]] ''genealogia'', á súa vez do grego ''genea'' (''genos'', raza, nacemento, descendencia) + -''logia'' (''logos'', ciencia, estudo).
 
== Desenvolvemento ==
Para levar a cabo unha investigación xenealóxica cómpre recompilar a maior cantidade de antecedentes a través de fontes orais e documentais.
 
Os [[rexistro civil|rexistros civís]] de identificación xeneralizáronse a mediados do [[século XIX]], e inclúen datos como nacementos, defuncións, [[matrimonio]]s, [[divorcio]]s, condenas xudiciais ou nacionalizacións.
 
Os arquivos eclesiásticos manteñen en certas ocasións documentación anterior á creación dos rexistros civís. As [[Parroquia eclesiástica galega|parroquiaparroquias]]s católicas creadas desde o [[século XVI]] (así o estableceu en [[1563]] o [[Concilio de Trento]]) deben gardar os libros de [[bautismo]], defunción e [[matrimonio]]. En ocasións, estes documentos están arquivados nos [[arquidiócese|arcebispadoarcebispados]]s.
 
Os arquivos notariais gardan información e documentos emanados polas actuais [[notaría]]s e as antigas escribanías, como [[testamento]]s, cartas de dote, transaccións comerciais, [[venta]]s, [[arrendo]]s e todos aqueles documentos subscritos entre particulares.
Moitos países contan cun fondo de documentos históricos no que se gardan os documentos emitidos pola administración pública (estado, autonomías, concellos...), como expedientes xudiciais e militares, follas de vida e nóminas do funcionariado públicos ou censos.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Xosé Luís Méndez Ferrín|Méndez Ferrrín, X. L.]]: ''Consultorios dos nomes e dos apelidos galegos''. Vigo: [[Edicións Xerais|Ed. Xerais]], 2007. ISBN 978-4-9782-642-6
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xenealoxia.org/ http://www.xenealoxia.org/], Proxecto galego de xenealoxía.
* [http://www.xengalega.com/ Asociación Galega de Xenealoxía]
 
[[Categoría:Xenealoxía]]
 
{{Link GA|de}}
76.283

edicións