Xene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Gen" é un artigo bo; cambios estética
Liña 1:
{{Xenómica}}
Un '''xene''' é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha [[secuencia de nucleótidos|secuencia]] lineal de [[nucleótido]]s na molécula de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: [[Proteína]]s, [[ARNm]], [[ARN ribosómico]], [[ARN transferente|ARN de transferencia]] e ARN pequenos. Esta función pode estar vinculada ó desenvolvemento ou funcionamento dunha función fisiolóxica normal. O xene é considerado como a unidade de almacenamento de información e unidade de [[herdanza xenética|herdanza]] ó transmitir esa información á [[descendencia]]. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos [[cromosoma]]s. Cada xene ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada [[locus]]. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase [[xenoma]].
 
Algunhas [[enfermidade]]s como a anemia drepanocítica (ou [[anemia falciforme]]) poden ser ocasionadas por un cambio nun só '''xene''' (un dos 30.000 'xenes'' que constitúen o plano para todo o corpo humano).
Liña 6:
Os organismos [[diploide]]s (entre eles, case todos os animais e plantas) dispón de dous xogos de [[cromosomas homólogos]], cada un deles proveniente dun dos pais. Cada par de cromosomas ten, pois, un par de copias de cada xene, unha procedente da nai e outra do pai.
 
Os xenes poden aparecer en versións diferentes, con variacións pequenas na súa secuencia, denominadas '''[[alelo]]s'''. Os alelos poden ser '''[[dominancia (xenética)|dominantedominantes]]s''' ou '''[[recesivo]]s'''. Cando unha soa copia do alelo fai que se manifeste o trazo fenotípico, o alelo é '''dominante'''. Cando son precisas dúas copias do alelo (unha en cada cromosoma do par), o alelo é '''recesivo'''.
 
== Tipos de xenes ==
Liña 12:
A maioría dos xenes codifican [[proteína]]s, responsables da maior parte das propiedades dun organismo. Para o mesmo, a [[transcrición (ARN)|transcrición]] xera unha molécula de ARN que posteriormente sufrirá [[tradución (proteínas)|tradución]] nos [[ribosoma]]s, proceso polo cal se xera unha proteína. Moitos xenes se atopan constituídos por rexións codificantes ([[exón]]s) interrompidas por rexións non codificantes ([[intrón]]s) que son eliminadas no procesamento do ARN. En células procariontes isto non ocurre. A [[secuencia de bases]] presente no ARN determina a secuencia de [[aminoácido]]s da proteína por medio do [[código xenético]].
 
Outros xenes non son traducidos a proteína, senón que cumpren a súa función en forma de ARN. Entre estes, atopamos xenes de ARN transferente, [[ARN ribosómico]], [[ribocima|ribozimaribozimas]]s e outros ARN pequenos de funcións diversas.
 
Algúns xenes sufriron procesos de [[mutación]] ou outros fenómenos de reorganización e deixaron de ser funcionais, pero persisten nos xenomas dos seres vivos. Ó deixar de ter función, denomínanse [[pseudoxene|pseudoxenes]]s, e poden ser moi semellantes a outros xenes do mesmo organismo que sexan funcionais.
 
== Historia ==
O concepto de xene foi variando ao longo do tempo, conforme avanzou a ciencia que o estuda, a [[xenética]]:
* [[Gregor Mendel]] nos seus experimentos propuxo a idea orixinal do xene, aínda que el non nos denominou xenes, senón '''factores''', e virían a ser os responsables da transmisión dos carácteres de pais a fillos (o que agora chamamos [[xenotipo]]). O xene mendeliano é unha unidade de función, estrutura, transmisión, [[mutación]] e evolución que se distribúe ordenada e linealmente nos cromosomas.
* A palabra xene foi acuñada en 1909 polo botánico danés Wilhelm Ludwig Johannsen a partir dunha palabra grega que significa "xerar", referíndose á unidade física e funcional da herdanza biolóxica.
* Cara a 1950 impúxose o concepto de xene como a cadea de ADN que dirixe a síntese dunha proteína. Este é un concepto que proporciona unha natureza molecular ou estrutural ó xene. O xene codifica proteínas e debe ter unha estrutura definida pola orde lineal dos seus [[codón|tripletetripletes]]s.
* Máis tarde xorde o concepto de xene como "a cadea de ADN capaz de dirixir a síntese dun polipéptido". Este concepto xorde ó comprobar que a maioría das proteínas están formadas por máis dunha cadea polipeptídica e que cada unha delas está codificada por un xene diferente.
* Actualmente sábese que algúns xenes codifican máis dun [[polipéptido]] e que unha proteína pode ser codificada polo conxunto de diferentes xenes. A existencia de xenes solapantes e o procesamento alternativo rebaten a hipótese dun xene -> un polipéptido. Máis ben debe proporse a relación inversa, un polipéptido -> un xene. Ademais existen algúns xenes que non codifican proteínas senón ARN con función propia ([[ARN transferente]]s e [[ARN ribosómico]]s, por exemplo) e que non se traducen, polo que non é necesaria a tradución para que un xene teña unha función determinada. O xene é, pois, a unidade mínima de función xenética, que pode se herdar.
 
Liña 44:
| [[Mosca]]s || 12.000 || 1,6 × 10<sup>8</sup>
|-
| [[Fungo (bioloxía)|FungoFungos]]s || 6.000 || 1,3 × 10<sup>7</sup>
|-
| [[Bacteria]]s || 500-6.000 || 5 × 10<sup>5</sup> - 10<sup>7</sup>
Liña 60:
|}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Pseudoxene]]
{{Ligazón AB|de}}
 
[[Categoría:Xenética]]
 
{{LigazónLink ABGA|de}}