Diferenzas entre revisións de «Radiación gamma»

m
Bot: "de:Gammastrahlung" é un artigo bo; cambios estética
m (Bot: Retiro 70 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11523)
m (Bot: "de:Gammastrahlung" é un artigo bo; cambios estética)
A enerxía deste tipo de radiación é medida en Megaelectron-volts (MeV). Un Mev corresponde a [[fotón]]s gamma de [[lonxitude de onda|lonxitudes de onda]] inferiores a <math>10^{-11}</math> metros ou [[frecuencia]]s superiores a <math>10^{19}</math> [[Hertz|Hz]].
 
== Características ==
Debido ás altas enerxías que posúen, os raios gamma constitúen un tipo de [[radiación ionizante]] capaz de penetrar na materia máis profundamente que a radiación [[Partícula alfa|alfa]] ou [[Partícula beta|beta]]. Debido á súa elevada enerxía, poden causar danos no núcleo das [[célula]]s, por iso úsanse para esterilizar equipos médicos e alimentos.
 
Os raios gamma prodúcense na pasaxe dun [[nucleón]] dun nivel excitado para outro de menor [[enerxía]] e, na desintegración de [[isótopo radioactivo|isótopos radioactivos]]. Están xeralmente asociados á [[enerxía nuclear]] e aos [[reactor nuclear|reactores nucleares]]. A [[radioactividade]] atópase no noso medio natural, desde os [[raio cósmico|raios cósmicos]] que bombardean a [[Terra]] provenientes do [[Sol]] e das [[galaxia]]s de fóra do noso [[sistema solar]], ata algúns [[isótopo]]s radioactivos que fan parte do noso medio natural.
Os raios gamma producidos no espazo non chegan á superficie da [[Terra]], pois son absorbidos na parte máis alta da [[atmosfera terrestre|atmosfera]]. Para observar o [[universo]] nestas frecuencias, é necesaria a utilización de balóns de grande altitude ou observatorios espaciais. En ambos os casos utilízase o [[efecto Compton]] para detectar os raios gamma.
 
Os raios gamma prodúcense en fenómenos astrofísicos de alta enerxía como en explosións de [[supernova]]s ou núcleos de galaxias activas. En [[astrofísica]] denomínanse [[GRB]](Gamma Ray Bursts) as fontes de raios gamma que duran algúns segundos ou algunhas poucas horas, seguindo logo un brillo decrecente da fonte en [[raios X]]. Ocorren en posicións aleatorias do ceo e a súa orixe permanece aínda baixo discusión científica. En todo caso parecen constituír os fenómenos máis enerxéticos do universo.
 
A radiación gamma úsase nos exames da [[medicina nuclear]], concretamente nos [[PET]]. É detectábel cunha [[cámara gamma]].
[[Categoría:Electromagnetismo]]
[[Categoría:Espectro electromagnético]]
 
{{Link GA|de}}
76.564

edicións