Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Pensamento: Girolamo Savonarola
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Marsilio Ficino" é un artigo bo; cambios estética
Liña 2:
'''Marsilio Ficino''', nado en [[Figline Valdarno]] (preto de Florencia) o [[19 de outubro]] de [[1433]] e finado en [[Florencia - Firenze|Florencia]] o [[1 de outubro]] de [[1499]], foi un filósofo, filólogo e humanista italiano.
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Diotifece]], cirurxián famoso e médico persoal de [[Cosme de Médici]]. O seu nome «Ficino» vén probablemente da abreviación do nome do pai. Usouno por primeira vez no [[1456]]. Do [[1448]] ao [[1451]] estudou medicina na Universidade de Pisa en Florencia pois o seu pai quería que tivese a súa mesma profesión. Recibiu a tradicional formación escolástica da man de [[Niccolo Tignosi da Foligno]] quen, ademais, lle ensinou a teoría da medicina. Dicíase que Ficino posuía grandes dotes de curación e adquiriu, ademais, unha grande reputación como astrólogo. Non obstante, aínda que Marsilio publicou algunhas obras de medicina (como ''De triplice vita libri tres'' e ''Epidemiarum antidotus'') non seguiu esa carreira. Interesouse pola filosofía neoplatónica grazas á influencia de personaxes como [[Xurxo Xemisto Pletón]] e [[Basilio Besarión]]. No [[1459]] fundou a Academia platónica florentina con Cosme de Médici e dedícase con intensidade a aprender o [[lingua grega|grego]].
 
Liña 16:
Nos tempos difíciles dos Médici uniuse máis a eles e mesmo apoiou a [[Girolamo Savonarola|Savonarola]] aínda que se mantivo á marxe dos problemas que o levaron á morte. Os últimos anos da súa vida dedicounos a escribir un comentario das Epístolas paulinas, aínda que non alcanzou a concluílo.
 
== A Academia de Florencia de Marsilio Ficino ==
Marsilio Ficino levou a cabo a idea de fundar unha [[Academia Platónica]] en Florencia, moitos anos despois de que o platónico bizantino [[Xemistos Pletón]] llo propuxera a [[Cosme de Médici]]. A Academia e o seu director estiveron ligados ao movemento humanista, cuxa síntese de valores incorporaba o profundo coñecemento do mundo antigo e da cultura clásica, un espírito universal e tolerante, cosmopolita e profundamente comprometido coa defensa da dignidade do home.
 
Liña 25:
A Academia Florentina constituíu unha nova fase na larga e complexa historia da tradición platónica. As súas fontes incluían non só os escritos de Platón e dos neoplatónicos, senón tamén obras atribuídas a [[Hermes Trismexisto]] e [[Zoroastro]], [[Orfeo]] e [[Pitágoras]], a quen Ficino consideraba testemuñas venerables dunha filosofía e teoloxía pagás antiquísimas. Para Ficino, a obra de Platón e os seus seguidores tiña a clave máis importante para o coñecemento do home e dos principios inmortais que o animan.
 
== Pensamento ==
Ficino representou un xiro decisivo na historia do pensamento humanístico-renacentista. Este xiro explicase, en parte, a través das diferentes circunstancias políticas que comportaron unha transformación do literario-chanceler da República no literato-cortesán ao servizo dos novos señores. No obstante, a actividade intelectual dos literatos-chanceleres xa chegara ao final das súas posibilidades, e agora requiríase cimentar teoricamente aquela primacía e aquela dignidade do home, sobre a que insistiran todos os humanistas da primeira metade do século XV, pero sen avanzar mais alá do ámbito descritivo, na maioría dos casos. Ficino fomentou precisamente este labor, baseándose na recuperación e o replanteamento tan estendidos da gran tradición platónica. Cada vez vólvese máis clara a importancia de Ficino como factor autenticamente esencial para entender non só o pensamento da segunda metade do século XV, senón tamén o do século XVI.
 
Liña 40:
O obxectivo de Ficino, polo tanto, era conectar a filosofía grega coa revelación cristiá, considerando que a verdade se revelaba en ambas, e que era precisamente a súa escisión a responsable da degradación que tiñan sufrido. As súas ideas foron decisivas para o desenvolvemento do Renacemento poético, contribuíndo á formulación das diversas teorías do amor, ás que tanto recorreron os poetas do seu tempo. Encomiou a figura do reformador dominico [[Girolamo Savonarola|Savonarola]], e, cando este foi condenado e executado na forca, optou pola fuxida, unha vez comprobada a ameaza que pesaba sobre el.
 
== Obras ==
Aínda que unha boa parte da súa obra consiste nun excepcional labor de tradución de textos filosóficos transcendentais, Ficino escribiu tamén comentarios e resumes que constituíron obras persoais e diferenciadas. Entre a fundamental obra de tradución realizada por Fincino atópanse textos de [[Homero]], [[Hesíodo]], [[Espeusipo]], [[Plotino]], [[Porfirio]], [[Iámblico]], [[Pitágoras]], [[Teofrasto]], [[Atenágoras]], [[Proclo]], [[Pselo]], [[Xenócrates]], [[Sinesio]], [[Alcínoo]], [[Hermias]], San [[Paulo de Tarso|Paulo]] e os apoloxéticos cristiáns; así como a tradución e comentario da obra de [[Platón]].
 
Liña 46:
 
Algunhas obras destacadas son:
* ''Institutiones ad Platonicam disciplinam'', 1456.
* ''De Christiana religione'', 1474.
* ''Theologia Platonica de immortalitate animarum'', 1474.
* ''Liber de Sole'', 1576.
* ''De Amore. Commentarium in Convivium Platonis'', 1594.
* ''De vita librii tres'' que contén: ''De vita sana'', ''De vita longa'' e ''De vita coelitus comparanda'', 1489.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Marsilio Ficino}}
=== Outros artigos ===
* [[Neoplatonismo]]
 
{{ORDENAR:Ficino, Marsilio}}
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Nados na provincia de Florencia]]
[[Categoría:Nados en 1433]]
[[Categoría:Finados en 1499]]
 
{{Link GA|de}}