Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q191055
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Erdbeben von Lissabon 1755" é un artigo bo; cambios estética
Liña 7:
 
== O terremoto ==
O terremoto tivo lugar na mañá do 1 de novembro, o [[día de Todos os Santos]] para os [[ Igrexa Católica Romana|católicos]]. Os informes contemporáneos indican que o terremoto durou entre tres e medio e seis minutos, producindo fendas xigantescas de cinco metros de ancho que se abriron no centro de cidade. Os supervivintes fuxidos na procura de seguridade ao espazo aberto que constituían os peiraos puideron observar como a auga retrocedía, revelando o leito do mar, cuberto de restos de carga caída ao mar e os vellos naufraxios. Varias decenas de minutos despois do terremoto, un tsunami enorme con olas de entre 6 e 20 m enguíu o porto e a zona centro, subindo augas arriba do río [[Texo]]. Foi seguido por dúas ondas máis. Nas áreas non afectadas polo tsunami, os incendios xurdiron rapidamente, e as lapas abordelaron a cidade durante cinco días.
[[Ficheiro:Convento do Carmo ruins in Lisbon.jpg|miniatura|esquerda|220px|Ruínas do Convento do Carmo en Lisboa]]
Dunha poboación lisboeta de 275.000 habitantes, ata 90.000 resultaron mortos. Outros 10.000 morreron en [[Marrocos]]. O 85% dos edificios de Lisboa resultaron destruídos, incluíndo pazos e famosas bibliotecas, así como a maioría dos exemplos da arquitectura [[estilo manuelino|manuelina]], distintiva do século XVI portugués. Varios edificios que sufriran poucos danos a causa do terremoto foron destruídos posteriormente polo lume. O recentemente estreado teatro da ópera (inaugurado soamente seis meses antes), resultou destruído polo lume ata os seus alicerces. O Palacio Real, situado xunto ao río Texo onde hoxe se atopa o ''[[Terreiro do Paço]]'', foi destruído polos efectos sucesivos do terremoto e o tsunami, do mesmo xeito que o Teatro Real do Paço dá Ribeira, situado fronte ao pazo. Dentro deste, a biblioteca real que constaba duns 70.000 volumes, así como de centenares de obras de arte, incluíndo pinturas de [[Tiziano]], [[Rubens]] e [[Correggio]], resultou destruída.
Liña 17:
Lisboa non foi a única cidade portuguesa afectada pola catástrofe. En todo o sur do país, sobre todo no [[Algarve]], a destrución foi xeral.
 
== Os efectos do terremoto fóra de Portugal ==
As ondas sísmicas causadas polo terremoto foron sentidas a través de Europa ata [[Finlandia]] e África do Norte. Tsunamis de ata 20 metros de altura barreron a costa do Norte de África, e golpearon as illas de [[Martinica]] e [[Barbados]] alén do Atlántico. Un tsunami de 3 metros golpeou tamén a costa meridional inglesa.
 
En España produciu polo menos 1.275 mortos e abundantes danos. En [[Sevilla]] houbo nove vítimas, o 89 % das vivendas resultaron danadas e afectou ata á [[Giralda]]. O tsunami posterior afectou gravemente ás costas de [[provincia de Huelva|Huelva]] e [[provincia de Cádiz|Cádiz]]. En [[Ayamonte]] morreron 1.000 persoas; en [[Cádiz]] as ondas romperon as murallas, e o mar invadiu a cidade ata tres veces, ocasionando numerosas vítimas. [[Conil de la Frontera|Conil]] foi destruída, [[Sanlúcar de Barrameda]], [[El Puerto de Santa María]] e [[Jerez de la Frontera]] sufriron vítimas e desperfectos.
 
== Os efectos do terremoto en Galiza ==
En Galiza afectou ao retablo renacentista do altar maior da [[catedral de Lugo]], obra de [[Cornelius de Holanda]]. Tralo sismo, dividiuse en varios fragmentos, os dous maiores dos cales atópanse actualmente en ambos os extremos da nave de cruceiro.
 
Liña 69:
As causas xeolóxicas deste terremoto e da actividade sísmica na rexión continúan sendo discutidas polos científicos contemporáneos. Algúns xeólogos suxeriron que o terremoto pode ser un dos primeiros signos do desenvolvemento cedo dunha zona atlántica de subducción, e o principio da desaparición do Océano Atlántico.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 78:
{{Link FA|eo}}
{{Link FA|pt}}
{{Link GA|de}}