Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: "de:Byzantinisches Reich" é un artigo bo; cambios estética
Durante o século VII, houbo algúns intentos da Igrexa Ortodoxa por atraerse aos monofisitas, mediante posturas relixiosas intermedias, como o [[monotelismo]], defendido por [[Heraclio]] e polo seu neto [[Constante II]]. Con todo, nos anos 680 e 681, no [[Concilio de Constantinopla III|III Concilio de Constantinopla]] retornouse definitivamente á ortodoxia.
 
A Igrexa Ortodoxa sufriu outra crise importante co movemento [[iconoclasta]], primeiro entre os anos [[730]] e [[787]], e logo entre [[815]] e [[843]]. Enfrontáronse dous grupos relixiosos: os iconoclastas, partidarios da prohibición do culto ás imaxes ou [[Icona (arte)|iconaiconas]]s, e os iconódulos, que defendían esta práctica. As iconas foron prohibidas por [[León III, Emperador|León III]] comezando así as máis agres disputas. Isto non se resolveu ata que a emperatriz [[Irene]] convocou o [[Segundo Concilio de Nicea]] en [[787]] que reafirmou as iconas. Esta emperatriz considerou unha alianza con [[Carlomagno]] que unise ambas metades da Cristiandade, pero que foi desestimada.
 
O movemento iconoclasta rexurdiu no século IX, sendo derrotado definitivamente en [[843]]. Todos estes conflitos internos non axudaron a resolver o cisma que se estaba producindo entre occidente e oriente.
A literatura, como en xeral a cultura bizantina en todos os seus aspectos, caracterízase por tres elementos: helenismo, cristianismo e influxo oriental. Helenismo porque continúa a tradición da Grecia clásica pese aos intentos romanizadores de Xustiniano e o seu sobriño Xustino II, que só alcanzaron ao dereito. Cristianismo porque esa foi desde Constantino a relixión do Imperio, malia a oposición intelectual ata ben entrado o século VI; influxo oriental pola estreita relación con pobos asiáticos e africanos.
 
A [[literatura bizantina]] conta cun poema en grego popular, o de ''[[Dígenis Akritas]]'', e con líricos de primeira orde como [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]]. Posúe uns xéneros característicos, como os [[bestiario]]s, [[volucrario]]s, [[lapidario]]s e as [[novela bizantina|novelas bizantinas]] ([[Eustacio Macrembolita]], ''Os amores de Isinia e Ismino'', [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]], ''Os amores de Rodante e Dosicles'', [[Nicetas Euxeniano]], ''As aventuras de Drusila e Caricles'' e [[Constantino Manasés]], ''Aventuras de Aristandro e Calitea''). Foi especialmente fecunda en escritos teolóxicos, cristolóxicos e [[haxiografía|haxiográficos]]. Foi en particular relevante para a literatura occidental a historia de ''[[Barlaam e Xosafat]]'', onde se atopan alusións á vida de [[Buda]], e que foi divulgada por todo Occidente.
 
A historia tivo representantes eminentes, como [[Procopio de Cesarea]], secretario que foi do famoso xeneral [[Belisario]] durante o reinado de Xustiniano e á vez panexirista do emperador nos seis libros das súas ''Historias'' e o seu detractor na chamada ''Historia secreta''. Na lírica destaca o [[epigrama]] con figuras como [[Paulo Silenciario]] e [[Agatías]], este último antoloxista e historiador do período que seguiu a Xustiniano. [[Xurxo de Pisidia]] compuxo poesía e epigramas. Existe un interesante libro de viaxes de [[Cosmas Indicopleustes]]. Do século VII destaca un historiador, [[Simocata]], que non chega á importancia de Procopio; neste século destaca o poeta [[Romano o Mélodo]], autor de [[himno]]s relixiosos. Entre o século VIII e o XI se compila a xa mencionada [[epopea]] nacional ''Dígenís Akritas'', composta nunha lingua semiculta; tamén se fan poemas sobre as fazañas de [[Alexandre Magno]] e compóñense [[enciclopedia]]s como a [[Suda]], de non sempre esquisita veracidade. Recompilouse nesta época o máis importante ''corpus'' de epigramática grega que se conserva, a ''[[Antoloxía palatina]]''. O cristianismo entra no xénero tradicional pagán coa obra do monxe [[Teodoro Estudita]] e da monxa poetisa [[Casia]]. Algúns emperadores dedicáronse ás letras, como [[León VI o Sabio]], que foi poeta, así como o seu fillo, [[Constantino VII]] Porfiroxéneta. [[San Xoán Damasceno]] compuxo tratados teolóxicos e polémicos en escuro estilo; o citado Teodoro escribe tamén sobre a cuestión iconoclasta, así como obras [[ascética]]s e de esexese.
:Ver artigo principal: [[Pintura bizantina]].
 
Son particularmente destacábeis os [[retablo]]s de temática relixiosa coñecidos como ''[[Icona (arte)|iconaiconas]]s''.
 
=== Música ===
Así mesmo cómpre mencionar que o Imperio foi clave na extensión do cristianismo, relixión que definiría Europa durante séculos. Dos catro maiores focos desta relixión, tres (Xerusalén, Antioquía e Constantinopla) achábanse no seu territorio e ata que aconteceu o [[cisma de Oriente]] foi o maior foco espiritual. Tamén foi responsábel da evanxelización dos pobos eslavos, grazas a misioneiros tan sonados como [[Cirilo]] e [[Metodio]] que evanxelizaron os pobos eslavos e desenvolveron un sistema de escritura que aínda hoxe en día se segue utilizando en moitos países, o [[alfabeto cirílico]]. Para rematar é notábel a súa influencia nas igrexas [[Igrexa ortodoxa copta|copta]], [[Igrexa ortodoxa etíope|etíope]], e a de [[Igrexa Apostólica Armenia|armenia]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Link FA|ca}}
{{Link FA|cs}}
{{Link FA|de}}
{{Link FA|en}}
{{Link FA|es}}
{{Link FA|nl}}
{{Link FA|zh}}
{{Link FAGA|de}}
75.778

edicións