Berkeley Software Distribution: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 59 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q34264
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Berkeley Software Distribution" é un artigo bo; cambios estética
Liña 2:
'''BSD''' son as siglas de '''Berkeley Software Distribution''' (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de [[sistema operativo]] derivado do [[UNIX]] nado a partir das aportacións realizadas a ese sistema pola [[Universidade de California, Berkeley|Universidade de Berkeley]] en [[California]].
 
== Historia ==
Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os [[Laboratorios Bell]] da compañía [[AT&T]], autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o [[código fonte]] e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos [[anos 1970|setenta]] e dos [[anos 1980|oitenta]] Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as aportacións que eles realizaran —especialmente a súa [[implementacións do TCP|implementación do TCP]], o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a [[licenza BSD]]).
 
Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o [[SunOS]], o [[FreeBSD]], o [[NetBSD]], o [[OpenBSD]] e o [[Mac OS X]]. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de [[memoria virtual]] paxinado por demanda, o control de traballos, o [[Fast FileSystem]], o protocolo [[TCP/IP]] e o editor de texto [[vi]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[FreeBSD]]
* [[OpenBSD]]
* [[NetBSD]]
* [[DragonFly BSD]]
* [[Licenza BSD]]
 
=== Ligazóns externas ===
[http://www.berkeley.edu/ Universidade de California, Berkeley]
 
[[Categoría:BSD| BSD]]
 
{{Link GA|de}}