Estoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "cs:Průduch" é un artigo bo; cambios estética
Liña 5:
Os estomas son os principais participantes na [[fotosíntese]], xa que por eles transcorre o intercambio gasoso mecánico, é dicir que neste lugar sae o osíxeno (O<sub>2</sub>) e entra dióxido de carbono (CO<sub>2</sub>)
 
== Funcións e características ==
[[Ficheiro:Estomas2.jpg|miniatura|dereita|250px|Imaxe ao [[microscopio ]] de varios estomas (coloreados)]]
Son usados para o intercambio gasoso co medio. O [[osíxeno molecular|osíxeno]] e [[dióxido de carbono]] son intercambiados co ambiente a través destes poros. A adquisición de dióxido de carbono e o intercambio de osíxeno son fundamentais para que se desenvolvan os procesos de [[fotosíntese]] e [[Respiración vexetal|respiración das plantas]]. Con todo, a súa apertura tamén provoca a perda de auga da planta en forma de [[vapor]] a través do proceso denominado [[Transpiración vexetal|transpiración]].
 
Por isto, a apertura ou peche dos estomas está moi finamente regulada na planta por factores ambientais como a [[luz]], a concentración de dióxido de carbono ou a dispoñibilidade de auga. Segundo investigacións, coñécese que algúns catións como o [[potasio]] e [[calcio]] e [[anión|anións]]s como o [[cloruro]] interveñen activamente na apertura e peche dos estomas. En casos de [[seca]] (tensión hídrico) péchanse os estomas impedindo perdas de auga na planta, o cal, con todo, tamén imposibilita o intercambio de gases e, en consecuencia, a entrada de CO2 atmosférico necesaria para a [[nutrición]] das plantas mediante o proceso de fotosíntese. É por iso que en rexións [[xerófila]]s, os estomas frecuentemente son pequenos ou case inexistentes, e ademais, conteñen cantidades apreciables de [[cera]]s, [[pelo]]s e [[tricoma]]s, que dificultan a saída do [[vapor de auga]].
 
== Formación e orixe celular ==
A orixe dos estomas comeza cando unha célula nai meristemática (MMC), sofre unha división asimétrica, dando orixe a un meristemoide (M) e a unha célula irmá de maior tamaño. á súa vez, o meristemoide pode seguir realizando divisións asimétricas ou ben pode diferenciarse até transformarse nunha célula de garda nai (GMC). Finalmente, a GMC sofre unha división simetrica e diferénciase nun par de células de garda maduras ao redor dun poro estomatal (4).
 
== Tipos de estomas segundo disposición de células ==
* '''Anomocítico ou Ranunculáceo''': Non posúe células anexas, é o máis frecuente en dicotiledóneas e tamén o máis antigo.
* '''Paracítico ou Rubiáceo''': Posúe 2 células anexas, dispostas paralelamente con respecto ás oclusivas.
* '''Anisocítico ou Crucífero''': Posúe 3 células anexas, 1 máis pequena. Tamén en Solanaceae.
* '''Tetracítico''': Posúe 4 células subsidiarias. Común en varias familias de monocotiledóneas como Araceae, Commelinaceae, Musaceae
* '''Diacítico ou Cariofiláceo''': Posúe 2 células anexas perpendiculares ás oclusivas. Poucas familias, Cariofiláceas, Acantáceas.
* '''Ciclocítico''' : Posúe numerosas células subsidiarias, dispostas nun ou dous círculos ao redor das células oclusivas.
* '''Helicocítico''': Posúe varias células subsidiarias dispostas en espiral ao redor das oclusivas.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. ''Tratado de Botánica''. 2ª edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
* Font Quer, P. 1953. ''Diccionario de Botánica''. Barcelona, Labor.
* Strassburger, E. 1994. ''Tratado de Botánica''. 8ª edición. Omega, Barcelona, 1088 p.
* Tipos de Estomas [http://www.biologia.edu.ar/botanica/tema13/13-6clasifest.htm] (ao 15/10/08)
* Stuart Casson and Julie E. Gray. Influence of environmental factors on stomatal development.. New Phytol. 2008;178(1):9-23.
 
=== Outros artigos ===
* [[Epiderme (plantas)|Epiderme]]
* [[Fotosíntese]]
* [[Nervación (folla)|Nervadura]]
* [[Xilema]]
* [[Floema]]
* [[Hidatodo]]
* [[Lenticela]]
 
[[Categoría:Termos botánicos]]
 
{{Link GA|cs}}