Diferenzas entre revisións de «Rāmāyaṇa»

m
Bot: "cs:Rámájana" é un artigo bo; cambios estética
m (Bot: Retiro 79 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q37293)
m (Bot: "cs:Rámájana" é un artigo bo; cambios estética)
{{título en cursiva}}
O '''''Rāmāyaṇa''''' (en escritura [[devanāgarī]] : रामायण)<ref>''[[The Sanskrit Heritage Dictionary]]'' de [[Gérard Huet]]</ref>, é dicir en [[lingua sánscrita|sánscrito]] ''A viaxe de Rāma'', é a máis breve das dúas [[epopea]]s [[mitoloxía|mitolóxicas]] en lingua sánscrita, compostas entre os séculos [[século -III|-III]] e [[século III|III]].
Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O ''Râmâyana'' é, como o ''[[Mahābhārata]]'', un dos escritos fundamentais do [[hinduísmo]] e da [[mitoloxía hindú]]. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario [[Valmiki]] (ao que chaman ''Adi kavi'', o ''Primeiro poeta''), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros.
 
[[Ficheiro:Phimai monkey warriors.jpg|miniatura|O exército dos monos do ''Râmâyana'', relevo khmer do [[Prasat Hin Phimai]] ([[Tailandia]], [[provincia de Nakhon Ratchasima]])]]
 
== Orixes e contido. ==
 
O ''Rāmāyaṇa'' comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a [[Vishnu]] e lle lembra a súa responsabilidade.
O ''Râmâyana'' comprende sete libros:
 
# ''[[Bala Kanda]]' ou o ''Libro da Xuventude''.
# ''[[Ayodhya Kanda]]'' ou o ''Libro de Ayodhya''.
# ''[[Aranya Kanda]]'' ou o ''Libro do Bosque''.
# ''[[Kishkindha Kanda]]'' ou o ''Libro de Kishkindha'' (o reino dos monos).
# ''[[Sundara Kanda]]'' ou o ''Libro de Sundara'' (outro nome de Hanuman).
# ''[[Yuddha Lanka Kanda]]'' ou a ''Batalla de Lanka''.
# ''[[Uttara Kanda]]'' ou o ''Libro do Alén''.
 
== Lectura crítica ==
 
O ''Rāmāyaṇa'' contén numerosos relatos védicos pero non é exclusivamente relixioso. Contén en efecto relatos lendarios, míticos ou [[cosmogonía|cosmogónicos]] (formación da Terra segundo os brahmáns). A súa recitación ten valor de devoción na relixión brahmánica e algunha das súas escenas aparecen no teatro bailado da [[India]] meridional chamado [[kathakali]].
Fica aínda moi popular, son só na India actual, senón tamén en [[Indonesia]], e a súa historia é moi coñecida no resto da Asia suroriental ([[Camboxa]], [[Tailandia]], [[Malaisia]], [[Myanmar]], [[Laos]]...) grazas ás numerosas traducións ás linguas vernáculas e ás recensións, das cales a máis famosa é do poeta indio [[Tulsidas|Tulsi Das]] que data do século XVI.
 
* A súa versión [[khmer]] é o ''Rāmakerti'' ("gloria de Rama").<br />
 
* A súa versión [[tailandia|tailandesa]] é o ''Ramakien''.<br />
 
* A súa versión [[Laos|laosiana]] é o ''[[Phralam Phralak]]''.<br />
 
* A súa versión [[lingua malaia|malaia]] é o ''Hikayat Seri Rama''.
 
</gallery>
 
== Adaptacións e reescrituras ==
 
O escritor e xornalista indio Ashok K. Banker<ref>[http://www.elbakin.net/fantasy/auteur/ashok-k-banker-150 Ficha do autor na páxina elbakin.net]. Consulta do 3 de maio de 2012.</ref> fixo unha reescritura do Ramayana na forma dunha serie de novelas do xénero fantástico en sete tomos, ''O Ramayana''.
No campo da animación asiática, o ''Rāmāyaṇa'' foi obxecto dunha adaptación en longametraxe de animación indo-xaponesa, ''[[Ramayana: The Legend of Prince Rama]]'', realizada por Yugo Sako e Ram Mohan e saída en 1992. En [[2005]] sae unha nova adaptación en animación, desta vez americana: ''[[Sita Sings the Blues]]'', realizada por [[Nina Paley]], que ten merecido varias distincións.
 
== Notas ==
 
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://vibhanshu.wordpress.com/2009/01/13/map-of-india-during-ramayana-and-mahabharata Mapa da India na época do Ramayana e o Mahabharata.]
 
[[Categoría:Lingua sánscrita]]
 
{{Link GA|cs}}
76.283

edicións