Bufo pequeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "cs:Kalous ušatý" é un artigo bo; cambios estética
Liña 1:
{{Taxonomia-animal |NOME_VULGAR= Bufo pequeno|IMAXE= CRW 2987.jpg|200px|centro|ESTADO=LC|ESTADO_NOME=Pouco preocupante }}
{{Taxonomia-filo |FILO= Chordata }}
{{Taxonomia-clase |CLASE= Aves }}
Liña 13:
== Descrición ==
 
O corpo do bufo pequeno uns 36 cm. e a envergadura das súas alas é de 95 cm., o tamaño aproximado da [[avelaiona común]] (''Strix aluco''), aínda que é máis lixeiro, pesando de 220 a 280 gramos os machos e de 250 a 370 gramos as femias. Ten vistosas plumas na cabeza que recordan unhas orellas. O iris dos ollos do bufo pequeno é de cor amarela alaranxada brillante. A cara está dividida por unha liña de plumas elevadas. As alas son relativamente estreitas. A cor da plumaxe do bufo pequeno vai do castaño brillante á cor de terra amarelo ocre, con faixas e listas de cor castaño escuro. Os "antebrazos" son escuros e atravesados por bandas. En xeral nas femias predominan os tons escuros e os machos son algo máis claros. As cores e o debuxo xeral da ave son miméticos: un bufo pequeno e moi difícil de descubrir se está en pousado nunha pola.
 
== Distribución xeográfica ==
Liña 37:
== Voz ==
 
Durante a época de cría os machos repiten separado por algúns segundos un berro apagado e monótono. A femia responde con outro berro monótono. O repertorio de sons conta tamén con asubíos e ruídos feitos co bico, que se usan principalmente para rexeitar ós intrusos. O repertorio de berros de alarma e moi variado.
 
As crías que xa deixaron o niño e aínda son alimentadas polos pais poden deixar oír un berro agudo durante horas pola noite, que ten sido usado para comprobar o estado das poboacións da especie.
Liña 46:
Cazan ó luscofusco e pola noite. En casos de moita escaseza de alimento poden cazar polo día. Antes de comeza-la caza limpan a plumaxe con moito coidado. O bufo pequeno caza durante períodos de dúas ou tres horas, fai unha pausa e continua a cazar con intensidade outras dúas ou tres horas ata a chegada do amencer.
 
O voo e silencioso e realizase bastante preto do chan e localiza as presas pola vista e o oído. Caza tamén espreitando, sobre todo ratos. Para capturar insectos pousase directamente no chan ou mesmo camiña polas polas.
 
A súa presa principal son os roedores, xeralmente ratos. Cazan tamén paxaros pequenos, coma os gorrións.
Liña 55:
=== Cortexo ===
 
Ó cumpriren o seu primeiro ano de vida os bufos pequenos son xa fértiles. Establecen parellas estacionais. As parellas fanse durante o inverno, no tempo en que os bufos dormen xuntos. E típico, porén, que os machos intenten atraer ó seu territorio ás femias cos seus berros a primeiros da primavera. Durante o cortexo o macho fai voos de demostración, amosando a parte inferior branca das plumas e facendo, as veces, bater as alas por baixo do corpo. Ese batido das alas faino tamén a femia cando esta preto dunha área potencial de cría..A esta fase pertencen tamén berros de aproximación.
 
Coma noutras especies de bufos europeos o macho tenta atraer á femia con chamadas en voz baixa. O bufo pequeno diferenciase doutras especies polos movementos de alas, plumas e dos penachos da cabeza moi característicos cos que acompaña as chamadas.
Liña 72:
== Migracións ==
 
O ''Asio otus'' é, en xeral, un emigrante parcial. Os que viven o nordeste de [[Europa]] viaxan cara o sudoeste en inverno. Durante á época fría achéganse ós arredores das grandes cidades e áreas habitadas, onde é máis doado atopar alimento. Os exemplares que viven en lugares máis quentes non migran.
 
== Inimigos ==
Liña 99:
 
{{Link FA|de}}
{{Link GA|cs}}