Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: "cs:Atentát na Františka Ferdinanda d'Este" é un artigo bo; cambios estética
O [[28 de xuño]], o [[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]] e súa dona [[Sofía Chotek]] foron asasinados na cidade de [[Saraievo]], capital da actual [[Bosnia e Hercegovina]] por [[Gavrilo Princip]], membro da [[Xove Bosnia]], grupo terrorista que loitaba pola a unificación da ''Terra dos Eslavos do Sur'' ([[Iugoslavia]]). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da [[Primeira Guerra Mundial]].
 
== Introdución ==
[[Ficheiro:gavrilloprincip.jpg|miniatura|200px|dereita|[[Gavrilo Princip]], responsable do estourido da [[Primeira Guerra Mundial]].]]
[[Ficheiro:Franz ferdinand.jpg|miniatura|esquerda|[[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]].]]
O día do asasinato, o [[28 de xuño]], corresponde no [[Calendario xuliano]] ao día [[15 de xuño]], día do Vidovdan. Día no que se conmemora patrioticamente na Serbia a derrota dos serbios contra os [[Imperio Otomán|Otománs]] en [[1389]].
 
A Xove Bosnia, grupo de xoves bosníacos [[Anarquismo|anarquistas]], estaba equipada con [[pistola]]s FN Herstal, modelo 1910 e [[bomba (explosivo)|bombabombas]]s fornecidas pola [[Man Negra (Serbia)|Man Negra]], sociedade secreta nacionalista serbia que tiña entre os seus membros a oficiais do exército serbio, notablemente o coronel Dragutin Dimitrijevic, xefe da intelixencia militar serbia e líder do golpe que matou ao Rei [[Aleksandar Obrenović]] once anos antes.
 
== O asasinato ==
[[Ficheiro:Sarajevo-assn-chart.svg|miniatura|245px|dereita|Mapa onde o [[Arquiduque]] foi morto.]]
[[Ficheiro:Princip arrest.jpg|miniatura|245px|dereita|Esta imaxe é considerada o apresamento de [[Gavrilo Princip]]. Porén, a figura sendo apreixada non se asemella a [[Gavrilo Princip|Princip]] e quizais sexa outro membro do grupo de asasinos. Tamén se suxire que a figura sexa un alemán transeúnte que tentaría salvar a [[Gavrilo Princip|Princip]] do linchamento e que por iso foi preso na confusión do momento.]]
O atentado contra o herdeiro do imperio e a súa dona foi elaborado por sete conspiradores, os cales tiñan pouca experiencia coas armas. Os feitos comezaron ás 10h, cando [[Francisco Fernando]], a súa dona e comitiva que os acompañaba saíron do campamento militar de Philipovic, onde o [[Arquiduque]] pasara revista á tropa. A comitiva estaba composta por sete carros:
 
* No primeiro coche ían: o detective xefe de [[Saraievo]] e tres policiais locais.
* No segundo coche: Fehim Efendi Curcic, prefeito de [[Saraievo]]; Dr. Edmund Gerde, Comisario de Polícia de [[Saraievo]].
* No terceiro coche: [[Francisco Fernando]], a súa dona Sofía, Oskar Potiorek, Gobernador Xeral da [[Bosnia e Hercegovina - Босна и Херцеговина|Bosnia]] e o gardacostas de [[Francisco Fernando]], tenente-coronel [[Conde]] Franz von Harrach.
* No cuarto coche: o xefe da corte militar de [[Francisco Fernando]], o [[Barón]] Carl von Rumerskirch; Wilma Lanyus von Wellenberg, [[condesa]] e dama de compañía de Sofía; tenente-coronel Erich Edler von Merizzi, xefe axudante de Potiorek e o tenente-coronel [[Conde]] Alexander [[Castelo de Waldeck (Dorweiler)|Boos-Waldeck]].
* No quinto coche: Adolf Egger, director da fábrica de [[Fiat]] en [[Viena]]; Major Paul Höger; Coronel Karl Bardolff; Dr. Ferdinand Fischer.
* No sexto coche: [[Barón]] Andreas von Morsey; Capitán Pilz; outros membros da comitiva de [[Francisco Fernando]] e oficiais bosnios.
* No sétimo coche: Major Erich Ritter von Hüttenbrenner; [[Conde]] Josef zu Erbach-Fürstenau; tenente Robert Grein.
 
Ás 10:15h o convoi de coches pasou pola altura do primeiro membro do grupo, Mehmed Mehmedbašić, que se colocara nunha xanela para disparar. O tiro non foi disparado porque, de acordo con Mehmed Mehmedbašić, non había visión clara da comitiva, o que o fixo non disparar e alertar así ás autoridades. O segundo membro, Nedeljko Čabrinović, lanzou unha bomba no coche onde estaba [[Francisco Fernando]], mais errou o blanco. A explosión destruíu o coche seguinte, ferindo a diversos pasaxeiros, policías e á multitude. Daquela Čabrinović enguliu a súa pílula de [[cianuro]] e chimpou ao río [[Miljacka]]. Contodo, foi retirado vivo del, e linchado pola multide até ser levado pola policía. A súa pílula de cianuro era talvez moi antiga ou era unha dose moi pequena. O río ademais só tiña 10 [[centímetro|cm]] de profundidade e Čabrinović non conseguiu afundirse. Os outros conspiradores fuxiron, probablemente asumindo que [[Francisco Fernando]] fora finalmente asasinado.
[[Categoría:Asasinatos]]
[[Categoría:Atentados terroristas]]
 
{{Link GA|cs}}
75.977

edicións