Marco alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "bs:Njemačka marka" é un artigo bo; cambios estética
Liña 20:
}}
O '''Marco Alemán''' (en [[lingua alemá|alemán]]: Deutsche Mark) foi a moeda oficial da [[República Federal de Alemaña]] desde [[1948]] ara a reunificación no [[1990]] e moeda oficial de [[Alemaña]] desde entón ata a introdución do euro en [[1999]]. As moedas continuaron en circulación ara o [[2002]] co valor de 1,95583 marcos.
== Historia ==
[[Ficheiro:Deutsche Mark(Gold-2001).jpg|miniatura|dereita|Moeda de ouro de 1 DM]]
[[Ficheiro:500 DM Serie3 Rueckseite.jpg|miniatura|dereita||300px|Billete de 500 marcos de 1965]]
=== Antes de 1871 ===
O marco foi a unidade monetaria desde a primeira [[Unificación Alemá]] en [[1871]]. Antes desta data, cada estado alemán emitía distintas moedas, moitas das cales estaban ligadas ó [[thaler]] de prata, que contiña 16⅔ gramos de prata pura. Aínda que o marco tiña unha base de ouro máis que en prata, creouse unha taxa de cambio entre o thaler e o marco á razón de 3 marcos por thaler.
=== 1873-1948 ===
O primeiro marco, coñecido como marco de ouro, introduciuse no [[1873]]. Co estoupido da [[Primeira Guerra Mundial]] o marco abandonou a súa base de [[ouro]]. A moeda comezou a ser coñecida como ''[[Papiermark]]'', sobre todo cando a elevadísima inflación fixo necesaria a creación de cartos de papel. O ''Papiermark'' foi substituído polo ''[[Retenmark]]'' a finais de [[1923]] e o ''[[Reichsmark]]'' en [[1924]].
=== Reforma monetaria de xuño de 1948 ===
As tropas aliadas introduciron o marco alemán o [[21 de xuño]] de [[1948]]. Os antigos ''Retenmark'' e ''Reichsmark'' foron cambiados a unha nova divisa da razón de 1 RM = 1 DM como unha divisa esencial para o pagamento de salarios, rendas, etc e unha taxa de 1 DM = 10 RM para o resto de créditos non depositados en bancos públicos. Se cambiaron grandes cantidades de billetes de 10 RM a 65 pfennig. Ademais, cada persoa recibía un subsidio de 65 DM en dúas partes.
Coa introdución da nova divisa, tratouse de protexer á [[Alemaña Occidental]] dunha segunda hiperinflación e para deter o crecente mercado negro de cambio, no que incluso os cigarros americanos eran empregados como moeda de cambio. Aínda que a nova moeda só se distribuíu entre as tres zonas ocupadas polos aliados fóra de [[Berlín]], o cambio non contentou as autoridades soviéticas, que o viron como unha ameaza. Rapidamente os [[Unión Soviética|soviéticos]] cortaron todas as comunicacións por estrada, tren e canles entre as zonas occidentais e [[Berlín occidental]], comezando así o Bloqueo de Berlín. Como resposta, [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tamén distribuíu a nova moeda en Berlín occidental.
=== Reforma monetaria na zona ocupada pola URSS ===
Na zona ocupada pola [[Unión Soviética]], que máis tarde conformaría a [[República Democrática Alemá]], introduciuse o [[Marco da RDA]] uns días despois empregando selos especiais nos antigos ''Retenmark'' e ''Reichsmark'' e así evitar a entrada de billetes desde o oeste. En xullo de [[1948]] imprimiuse unha nova serie de marcos na [[Alemaña do Leste]].
=== Bank deutscher Länder e Deutsche Bundesbank ===
A finais do [[1948]], o Bank deutscher Länder (Banco dos Estados alemáns) asumiu a responsabilidade de emitir moeda, seguida en [[1957]] polo [[Deutsche Bundesbank]]. O marco alemán gañou moita reputación como divisa de reserva ó tempo que outras divisas estranxeiras sucumbían ós períodos de inflación. Chegou a ser unha fonte de orgullo nacional, e a base da prosperidade económica do país, particularmente durante os anos do milagre económico alemán na década de [[1950]]. Nos anos [[1990]], as enquisas públicas mostraron unha grande maioría de persoas que se opoñían a adopción do [[euro]], e incluso hoxe en día, mostran un significante número de persoas que preferirían volver ó marco.
 
=== Unión monetaria con Saarland ===
A poboación do protectorado de [[Sarre]] decidiu por referendo unirse á [[República Federal Alemá]]. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o [[1 de xaneiro]] de [[1957]]. O novo estado incorporado a Alemaña mantivo a súa moeda, o [[franco de Sarre]], ligado ó [[franco francés]]. O [[9 de xullo]] de [[1959]], o marco alemán substituíu ó franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM.
=== O papel do marco na Reunificación alemá ===
O marco alemán xogou un importante papel na [[Reunificación alemá|Reunificación do país]]. Introduciuse como moeda oficial de [[República Democrática Alemá|Alemaña oriental]] en xullo de [[1990]], substituíndo así o [[Marco da RDA]] preparándose para unha completa unificación o [[3 de outubro]] de [[1990]]. Os marcos da RDA cambiáronse cunha taxa de 1 a 1 para os primeiros 4000 marcos e 2 RDA a 1 DM para cantidades superiores. Antes da Reunificación, cada cidadán da [[República Democrática Alemá|República Democrática]] que se trasladaba á [[República Federal Alemá|República Federal]], recibía un Begrüßungsgeld, unha axuda de 100 DM en metálico por persoa.
 
=== Estabilidade do marco alemán ===
O marco alemán tivo unha reputación como unha das moedas máis estables do mundo, debido á política monetaria na que se baseaba o Bundesbank. A política era dura en comparación coa doutros bancos centrais europeos, que se desenvolvía segundo a inflación e a intervención do goberno central. Esta política é a fundadora da actual política do [[Banco Central Europeo]] con relación ó [[Euro]]. A estabilidade foi aparente en [[1993]], cando unha especulación do [[franco francés]] e outras divisas europeas causaron un cambio no mecanismo de tipos de cambio europeo.
== Moedas ==
<tr style="BORDER-BOTTOM: gray 2px solid; TEXT-ALIGN: center" bgColor="lightsteelblue">
<th>Denominación</th>
Liña 205:
</tr>
</table>
== Billetes ==
{| {{táboabonita}}
|+<big>'''Series de 1989-2001'''</big>
Liña 274:
|}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.euronumi.com/catalogoalemania Numi: Catálogo de moeda alemana]
* [http://www.paraguaycoins.com/es/ver_pais.php?p=27 Moedas de Alemania, con fotos]
 
[[Categoría:Historia de Alemaña]][[Categoría:Moedas europeas]]
[[Categoría:Moedas europeas]]
 
{{Link GA|bs}}