Gaio (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Servando2 moveu a páxina "Gaio" a "Gaio (ave)": deixar sitio para páxina de homónimos
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:قيق أوراسي" é un artigo bo; cambios estética
Liña 7:
{{Taxonomia-binomial-animal |NOME_CIENTIFICO= Garrulus glandarius }}
{{Taxonomia-fin}}
O '''gaio''', '''pega marza''' ou '''pega rebordá''' ''(Garrulus glandarius)'', é un [[Corvidae|córvido]] espallado amplamente pola [[rexión paleártica]]. Son aves máis axiña solitarias, agás na época reprodutora.
 
 
Liña 13:
Os gaios miden entre 32 e 35 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas duns 53 cm. O seu peso é aproximadamente de 170 g. A extensión do territorio polo que se espalla a especie provoca diferenzas notábeis de coloración entre as distintas subespecies. As formas típicas teñen a plumaxe castaña rosada, coa parte superior das alas azul clara con bandas negras. A parte inferior do lombo e as plumas inferiores da cola, que é negra, son brancos, moi visibles estas últimas cando voan. A cabeza, que ten plumas eréctiles que poden erguerse formando unha pequena crista, ten un raiado branco e negro. Da base do pico parte unha lista negra a xeito de bigote. Os exemplares novos teñen menos estrías brancas e negras na cabeza cós adultos e o "[[bigote]]" menos marcado.
 
O canto é moi variado, e vai dende berros estridentes, roucos, fortes e breves, a asubíos e mesmo en ocasións parece que mían. O seu berro de alarma, áspero, é moi audible e úsano frecuentemente para avisar da presenza de intrusos, incluíndo o home. Os gaios son capaces de imitar os cantos doutras aves e poden mesmo copiar a mamíferos coma o cabalo. A primavera é a época na que son máis ruidosos e cando emiten as formas máis melódicas do seu canto. En empezando a chocar, a actividade sonora redúcese drasticamente.
 
== Distribución e hábitat ==
Os gaios están distribuídos por [[Europa]], noroeste de [[África]] e por [[Asia]] ata o [[Xapón]]. O seu hábitat son bosques de todo tipo, con preferencia polos caducifolios ou mixtos, e ocasionalmente xardíns ou parques con árbores dabondo. A destrución dos bosques está a facer que nos últimos anos se acheguen as zonas urbanas. Os seus territorios de caza adoitan ser dunhas 25 Hectáreas. Son aves sedentarias, pero as poboacións máis setentrionais emigran cara ó sur en inverno.
[[Ficheiro:Garrulus glandarius3.jpg|miniatura|280px|Gaio ]]
 
== Alimentación ==
O espectro alimentario da especie é moi amplo e inclúe alimentos das orixes máis variadas. Comen [[invertebrado]]s e as súas [[larva]]s, pero tamén [[Ovo (bioloxía)|ovoovos]]s e polos que rouban dos niños e, máis ocasionalmente pequenos vertebrados como [[rato]]s e [[réptil]]es. A súa dieta vexetal componse de landras, noces, froitas, bagas, leguminosas, sementes de gramínea e mesmo patacas. A alimentación de orixe animal ten máis importancia durante o tempo da cría dos polos.
Durante o outono os gaios almacenan castañas, noces e landras en furados debaixo da casca das árbores, nos troncos ou no chan, o que favorece que poidan dispoñer de landras para comer durante todo o ano. Debaixo do bico teñen un peto no que poden gardar as sementes que recollen. A bolsa ten capacidade para gardar tres ou catro landras, o que lles facilita o transporte dos alimentos ata as despensas. Para atopar os seus silos, memorizan puntos de referencia e mesmo colocan pedriñas a xeito de balizas. Se os puntos de referencia desaparecen ou se desprazan, son incapaces de atopar máis tarde os alimentos. Estímase que un gaio pode carrexar por este sistema ata unhas mil landras ó ano, colaborando con isto á dispersión de determinadas especies de árbores, polo que se fala a veces de "sementeiras de gaio" para referirse os soutos que teñen a súa orixe probable en sementes enterradas polos gaios.
 
== Conduta reprodutora ==
Os gaios constrúen niños patelos nas árbores, a alturas que adoitan situarse entre 2 e 10 metros sobre o chan. Os niños están feitos de garabullos e herbas, coa parte interna composta principalmente de raíces, brión e materiais semellantes. As femias poñen entre cinco e sete ovos grises verdosos con manchas acastañadas. A época de incubación sitúase, na [[Europa]] occidental, entre finais de abril e xuño. Os dous membros da parella chocan os ovos entre 16 e 17 días, e os polos pasan entre 19 e 20 no niño.
 
== Subespecies ==
Liña 49:
* ''Garrulus glandarius iphigenia'' Sushkin & Ptuschenko, 1914 - [[Crimea]].
* ''Garrulus glandarius anatoliae'' Seebohm, 1883 - [[Anatolia]], illas gregas, ([[Rodas]], [[Lesbos]], [[Cos - Κως|Cos]]), [[Iraq]].
* ''Garrulus glandarius samios'' Kleiner, 1940 - [[Illa de Samos|Samos]], [[Icaria]].
* ''Garrulus glandarius atricapillus'' I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1832 - [[Líbano]], [[Siria]], [[Israel]], [[Xordania]].
* ''Garrulus glandarius cervicalis'' Bonaparte, 1853 - [[Tunisia]]e [[Alxeria]].
* ''Garrulus glandarius whitakeri'' E. Hartert, 1903 - [[Alxeria]].
 
Liña 79:
* ''Garrulus glandarius oatesi'' Sharpe, 1896.
* ''Garrulus glandarius persaturatus'' Hartert, E, 1918.
* ''Garrulus glandarius taivanus'' Gould, 1863.
* ''Garrulus glandarius haringtoni'' Rippon, 1905.
 
Liña 95:
 
[[Categoría:Córvidos]]
 
{{Link GA|ar}}