Canadá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Canyq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:كندا" é un artigo bo; cambios estética
Liña 54:
Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.
 
Canadá é unha [[federación]], unha [[democracia]] parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O [[xefe de estado]] do país é a raíña [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] da [[Inglaterra]] - un símbolo dos lazos históricos do Canadá co [[Reino Unido]] - e dirixido por [[primeiro ministro do Canadá|primeiro ministros]]. O ministro principal actual é [[Stephen Harper]]. A capital do país é [[Otava]].
 
O país obtivo súa independencia en [[1 de xullo]] de [[1867]], do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en [[1931]], segundo os termos do [[Estatuto de Westminster]].
Liña 73:
O Gobernador Xeneral tamén aproba - simbolicamente - o líder de goberno, o [[primeiro ministro do Canadá]], considerado por moitos tamén o xefe de estado do país (dado o papel apenas simbólico da Raíña Isabel e o seu representante no país). O primeiro ministro do Canadá é o líder do partido político que conseguiu máis votos e representantes na [[Casa dos Comúns do Canadá]]. O primeiro ministro, pola súa banda, escolle os membros do [[Gabinete do Canadá|Gabinete]], que son membros do partido político do primeiro ministro, en ambas as casas lexislativas. O Poder Executivo no país é exercido polo primeiro ministro e polo Gabinete.
 
O Poder Lexislativo do Canadá posúe dúas casas: A [[Casa dos Comúns do Canadá]] - cuxos membros son directamente escollidos pola poboación - e o [[Senado do Canadá|Senado]], cuxos membros son escollidos polo Gobernador-Xeral, a consello do primeiro ministro do Canadá. Para que leis entren en vigor no país, votos de ambas as casas son necesarias, aínda que a Casa dos Comúns, tamén chamada de ''Lower House'', é sensibelmente máis poderosa do que o Senado, tamén chamada de ''Upper House''. Os membros da Casa dos Comúns posúen mandatos que expiran nunha nova elección - que acontece a cada 4 anos, podendo concorrer á reelección, cantas veces quixesen. Os membros do Senado son propostos polo primeiro ministro (e aprobados polo Gobernador Xeneral) regularmente, e serven no Senado ata completaren os 75 anos de idade, ou decidir renunciar.
 
[[Ficheiro:Ottawa-parlement.jpg|250px|dereita|miniatura|Vista do Parlamento do Canadá.]]
Liña 79:
O Canadá posúe catro principais [[partido político|partidos políticos]]. O partido tradicionalmente centrista [[Partido Liberal do Canadá]] gobernou o Canadá durante a maior parte do [[século XX]], e é tamén o partido político actualmente no poder, cuxo líder (e primeiro ministro do país) é [[Paul Martin]]). Apenas outro partido político no país conseguiu chegar ao poder desde que o Canadá chegou ao poder, o xa extinto [[Partido Progresivo Conservador do Canadá]], e o seu predecesor, o [[Partido Conservador do Canadá (histórico)|Partido Conservador do Canadá]]. O Partido Progresivo Conservador actualmente é o [[Partido Conservador do Canadá]], resultante da fusión da primeira coa [[Alianza do Canadá]], en [[decembro]] de [[2003]]. O [[Novo Partido Democrático do Canadá]] é un partido político de esquerda, e o [[Bloc Quebecqois]] é un partido político de grande influencia en [[Quebec]]. Hai outros partidos políticos de menor importancia no país, e ningún deles posúe actualmente representantes no parlamento.
 
O Sistema Xudicial do Canadá é o principal intérprete das leis do país, e posúe o poder de anular calquera lei criada no país, que viole a constitución. O [[Tribunal Supremo do Canadá]] é o tribunal máis alto do país, árbitro final de calquera procesos Xudiciais. O Código Penal do Canadá é de responsabilidade federal, e uniforme ao longo do país. A [[Common Law]] é exercida polo goberno federal en todo o país excepto [[Quebec]], que posúe súa propia Common Law. O aseguramento do cumprimento das leis dos país é de responsabilidade provincial, aínda que varias provincias contraten os servizos da ''Royal Canadian Mounted Police (Real Policía Montada do Canadá)'' para esta tarefa. A ''Real Policía Montada do Canadá'' é a única forza policial do mundo que opera en tres niveis: municipal, provincial/territorial e mais federal.
 
O Canadá é un membro das [[Nacións Unidas]], da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]], da [[La Francophonie]], da [[Organización dos Estados Americanos]], da [[Organización do Tratado do Atlántico Norte]], da [[Organización pola Coorperación e Desenvolvimento Económico]], do [[Tratado Norteamericano de Libre Comercio]], da [[Organización Mundial de Comercio]], do [[G8]] e da [[Coorperación Económica da Asia-Pacífico]].
Liña 120:
O sector primario do Canadá - [[agricultura]], [[pesca]] e [[silvicultura]] - é responsable por 3% do PIB do país, e empregan un total de aproximadamente 675 mil persoas.
 
O sector secundario - manufacturación, construción e minería - responten por 30% do PIB do Canadá. Soamente xa a manufacturación de produtos industrializados é responsable 18% do PIB canadense, e emprega aproximadamente 2.3 millóns de persoas. Construción é responsable do 5% do PIB, empregando a 820 mil persoas, e as minas do 4%, e emprega preto de 285 mil persoas.
 
A maior parte do PIB do Canadá provén do seu sector terciario - comercio e servizos, que representan o 67% do PIB do Canadá. Os servizos comerciais de pequena escala son representan o 22% do PIB, e empregan 5.7 millóns de persoas, encanto o sector financeiro representa o 19% do PIB e polo fornecemento de 870 mil postos de traballo. Xa a venda de produtos por parte de grandes empresas representa o 11% do PIB do Canadá e xera aproximadamente 2.3 millóns de postos de traballo. Existen tres [[Bolsa de valores|bolsas]] no Canadá, unha en Toronto - a principal do país - outra en [[Montreal]] e outra en [[Vancouver]]. A capital económica do Canadá é [[Toronto]].
 
Un gran problema na economía do Canadá é a falta de profesionais recoñecidos, de alta educación, no país - moitos profesionais que estudan no Canadá deixan o país para traballar nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], atraídos por mellores salarios e menores impostos. Ao mesmo tempo, profesionais cualificados doutros países inmigran para o Canadá, mais os seus diplomas de ensino superior non son moitas veces recoñecidos no Canadá.
Liña 134:
En [[2001]], o 66% dos canadenses eran de ascendencia europea (principalmente de orixe británica ou francesa), o 26% eran de ascendencia mista e o 6% tiñan ascendencia exclusivamente non-europea, con destaque para os orixinarios da [[Asia]]. Apenas o 2% da poboación é formada pola poboación aboríxene. Destas, o 1% son [[metis (Canadá)|metis]]. Os maiores grupos étnicos, non ingleses ou franceses, son [[Italia|italianos]], [[Alemaña|alemáns]], [[China|chineses]] e [[Polonia|poloneses]].
 
O Canadá ten unha taxa de fertilidade total baixa, e semellante á dos países da Europa Occidental. Depende da inmigración para manter e aumentar a súa poboación. O Canadá desenvolveu un mecanismo sofisticado e ben sucedido para atopar inmigrantes apropiados e para os integrar na sociedade sen conflito. Un sexto dos canadenses naceu no estranxeiro, unha porcentaxe que só fica por baixo da [[Australia]].
 
A maior parte dos canadenses é [[cristianismo|cristiá]], sendo preto de 42% [[catolicismo|católicos romanos]] e 38% [[protestante]]s. A denominación protestante máis numerosa é a [[Igrexa Unida do Canadá]] (''United Church of Canada'').
Liña 246:
{{OTAN}}
{{Conflito árabe-israelí}}
 
[[Categoría:Canadá| ]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
 
{{Ligazón AD|af}}
{{Ligazón AD|de}}
Liña 265 ⟶ 261:
{{Ligazón AB|pl}}
{{Ligazón AB|zh}}
 
[[Categoría:Canadá| ]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
 
{{Link GA|ar}}