Diferenzas entre revisións de «Armada dos Estados Unidos de América»

m
Bot: "ar:بحرية الولايات المتحدة" é un artigo bo; cambios estética
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
m (Bot: "ar:بحرية الولايات المتحدة" é un artigo bo; cambios estética)
A '''Armada dos Estados Unidos''' (en [[Lingua inglesa|inglés]] ''United States Navy'') é unha rama das [[Forzas Armadas dos Estados Unidos]].
 
== Historia ==
Comezou chamándose ''Continental Navy'' (Armada Continental, [[13 de outubro]] de [[1775]])). Durante a [[guerra de independencia americana]] os barcos baixo mando continental facían labores costeiras de ataque a mercantes británicos debido á carencia de medios e capacidades para enfrontarse á [[Armada do Reino Unido|mariña de guerra británica]], a maior do mundo na época. Nesa guerra, os [[Estados Unidos de América|EUA]] chegaron a mandar sobre 50 barcos. Trala contenda, o Congreso licenciou a oficiais e mariñeiros e vendeu as súas naves.
 
Tralo fin da guerra fría, a flota americana non deixou de diminuír (en [[1988]], 588 barcos, en [[2005]] menos de 300), pero aínda hoxe supera as sete seguintes maiores flotas xuntas, sendo a americana con moito a indisputable primeira potencia naval.
 
== Organización ==
O Comandante en Xefe da mariña de guerra estadounidense e o Presidente de Estados Unidos. Por debaixo del, a mariña depende do Departamento de Defensa, e a súa vez administrativamente do Secretario de Mariña e operacionalmente dos Mando Unificados de Combate.
 
A forza operativa naval dos Estados Unidos divídese en sete flotas, cada unha mandada por un vicealmirante. Estas son:
 
* Primeira flota: Oficiosamente suporía a [[Garda Costeira]] en tempo de guerra (derradeira liña de defensa naval americana). A principios dos 1970, unha flota do [[Océano Pacífico|Pacífico]] operaba baixo esta denominación.
* Segunda flota: Opera en todo o [[Océano Atlántico|Atlántico]], de norte a sur e tamén nas costas sudamericanas orientais. É o ''Mando da Flota de Ataque Atlántica'' na [[OTAN]]. Ten base en [[Norfolk, Virxinia|Norfolk]], [[Virxinia]]. A súa nave principal é o [[USS Wasp]].
* Terceira flota: Sitúase no Pacífico cara a costa oeste dos EUA. Tan base en San Diego, California e o seu barco de mando é o USS Coronado. Serve de base de adestramento para a quinta e sétima flotas. Non participa en operacións de combate.
* Cuarta flota: Actualmente non operativa e sen barcos afiliados.
* Quinta flota: Opera en [[Oriente Medio]]. Base en Manama, [[Bahrein]].
* Sexta flota: No [[Mar Mediterráneo]] e no [[Mar Negro]]. Serve de Mando á ''Flota de Apoio e Ataque para Europa do Sur''. Ten base en [[Gaeta]], [[Italia]] e o seu buque bandeira é o ''USS Mount Whitney''.
* Sétima flota: A meirande, opera no Pacífico Occidental e no Océano Índico. A base principal é a de [[Yokosuka]] en [[Xapón]], o buque de mando é o ''USS Blue Ridge''.
 
[[Categoría:Forzas armadas dos Estados Unidos de América]]
 
{{Link GA|ar}}
76.004

edicións