Tailandia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "THB_100_v.jpg" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/Files in Category:Banknotes of Thailand
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:تايلاند" é un artigo bo; cambios estética
Liña 59:
O país réxese por unha [[monarquía constitucional]] encabezada polo Rei [[Bhumibol Adulyadej|Rama IX]], noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano [[1946]]. Isto convérteo no [[xefe de estado]] máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia.<ref name="longestthai">{{cita web|ano=1996 |url=http://www.worldhop.com/Journals/J5/ROYAL.HTM |título=A Royal Occasion speeches|editor=Worldhop.com Journal|dataacceso=[[17 de xuño]] de[[2013]]|lingua=inglés}}</ref> O Rei de Tailandia posúe os cargos de [[Xefe de Estado]], Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do [[Budismo]] e Defensor das relixións.<ref>{{cita web|url=http://www.senate.go.th/th_senate/English/constitution2007.pdf|título=Constitution of the Kingdom of Thailand B.E 2550|author=The Secretariate of the House of Representatives|editor=The Secretariate of the House of Representatives|ano= [[2007]]|dataacceso=[[17 de xuño]] de [[2013]]|lingua=inglés}}</ref>
 
Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado [[Lista de países por superficie|máis grande do mundo]] en canto á súa área total e e 20º [[Lista de países por poboación|máis poboado]] con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é [[Bangkok]], centro cultural, politico, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe [[China|chinesa]] e o 3% [[Malaia|malaia]];<ref name=CIA>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/th.html Thailand], CIA World Factbook.</ref> o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a [[lingua tailandesa|tailandesa]] e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O [[calendario]] oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do [[calendario gregoriano]].
 
Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre [[1985]] e [[1996]], sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O [[turismo]] tamén contribúe significativamente á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén a certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.
Liña 77:
Antes da migración ao sur do pobo Tai dende [[Yunnan]] (actual [[China]]) no [[século X]], a [[península Indochina]] era o fogar de diferentes comunidades indíxenas animistas xa facía máis 500.000 anos. O descubrimento de fósiles de [[Homo erectus]], como o home [[Provincia Lampang|Lampang]], confirman esta teoría. Estes restos do [[plistoceno]], descubertos por medio de escavacións na provincia de Lampang, foron datados de hai uns 1.000-500.000 anos.
 
O [[sitio arqueolóxico]] máis grande atopado en Tailandia é Ban Chiang. Aínda que a datación dos restos arqueolóxicos deste sitio non é sinxelo, probas de termoluminiscencia arroxan que sería dun período comprendido entre o 4420 e o 3400&nbsp;a.C. Outros xacementos [[Neolítico|neolíticos]] importantes son o de Wang Bhodi e o da Cova do Espírito. Hai que afirma que a [[Idade do Bronce]], período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da aliaxe de [[cobre]] e [[estaño]], apareceu de forma temperá en Tailandia, ao redor do 5000&nbsp;a.C. No xacemento de Ban Chiang, os artefactos de bronce descubertos datan do [[-2000|2100&nbsp;a.C.]] A primeira tumba atopada data aproximadamente da mesma data. Co desenvolvemento das ferramentas de bronce e o cultivo do [[arroz]] húmido, impulsouse á creación de organizacións sociais e políticas.
 
Ao redor do [[século -I|século&nbsp;I&nbsp;a.C.]], segundo a [[epigrafía]] Funan e rexistros de historiadores chineses, parece ser que certos asentamentos comerciais do sur organizáronse en estados [[Malaia|malaios]], algúns dos cales se cre que son Langkasuka e Tambralinga. Atopáronse tamén probas de que algúns destes asentamentos comerciais comerciaban cos [[Roma Antiga|romanos]], como por exemplo a moeda de ouro do emperador [[Antonino Pío]] ([[161|161&nbsp;d.C.]]) atopada no sur de Tailandia.
Liña 109:
=== A Revolución de 1973 ===
[[Ficheiro:Democracy monument, Bangkok, Thailand.jpg|thumb|300px|Monumento á Democracia en [[Bangkok]], consturído en [[1940]] conmemora a fina da monarquía absoluta en [[1932]]. Foi escena de manifestacións masivas en [[1973]], [[1976]], [[1992]] e [[2010]].]]
En [[outubro]] de [[1973]] producíronse [[manifestación|manifestacións]]s masivas en [[Bangkok]] esixindo o fin do réxime militar. O xeneral Thanom Kittikachorn respondeu con forza e até setenta manifestantes foron asasinados as rúas, algo nunca visto en Tailandia. Esta intervención violenta do réxime militar incitou ao Rei [[Rama IX]] a facer a súa primeira intervención na política tailandesa retirando o seu apoio ao réxime militar. O [[14 de outubro]] de [[1973]], o xeneral [[Thanom Kittikachorn]] dimitiu e abandonou o país. Estes acontecementos reveláronse como unha revolución dentro da política tai. Por primeira vez, a burguesía urbana, dirixida polos estudantes, derrotara ás forzas combinadas da vella clase reinante e do exército, á vez que gañaran a bendición aparente do Rei para realizar unha transición cara a plena democracia, simbolizada por unha nova Constitución que prevía unha [[lexislatura]] totalmente democrática elixida.
 
Con todo, Tailandia non producira aínda unha clase política suficiente como para facer funcionar esta nova democracia. As eleccións de [[xaneiro]] de [[1975]] non produciron unha maioría estable e unha nova elección en abril de [[1976]] tivo os mesmos resultados. O veterano político Seni Pramoj e o seu irmán Kukrit Pramoj alternáronse no poder, mais non foron capaces de crear unha reforma coherente do sistema político. A forte subida dos prezos do petróleo en [[1974]] levou a unha recesión e á inflación, debilitando a posición do goberno. O xesto político máis popular realizado na democracia foi o fixar a retirada das forzas americanas de Tailandia. Isto coincidiu coa abolición da monarquía de 600 anos en [[Laos]] e a vitoria comunista en [[Vietnam]]. Con todo, os conservadores obtiveron mellores resultados nas eleccións de [[1976]] que os que tiveran nas de [[1975]]. A esquerda do movemento estudantil non aceptou esta vitoria e continuaron manifestándose a favor de cambios radicais.
Liña 124:
En abril de [[2006]] vólvense celebrar eleccións e Thaksin revalida de novo o cargo. Porén, tralo boicot da oposición ao novo goberno, a Corte Suprema sentencia a anulación dos resultados electorais e a convocatoria dunha nova cita electoral. O [[19 de setembro]] de [[2006]], despois da disolución do Parlamente e estando Thaksin en [[Nova York]], os militares do autodenominado "Consello para a Reforma Democrática" (คณะปฏิรูปการปกครองในระบอบประชาธิปไตย อันมีพระมหากษัตริย์ทรงเป็นประมุข, ''Khana Patirup Kan Pok Khrong Nai Rabop Prachathipatai An Mi Phra Maha Kasat Song Pen Pramuk''), baixo o mando de Sondhi Boonyaratglin, toman o poder cun [[golpe de estado]]. Unhas eleccións xerais o [[23 de decembro]] de [[2007]] restauraron o goberno, liderado por Samak Sundaravej do Partido do Poder do Pobo (พรรคพลังประชาชน, ''Phak Palang Prachachon'').
 
A mediados de [[2008]], a Alianza Popular para a Democracia (PAD) liderou as grandes protestas contra o goberno do primeiro ministro Sundaravej, a quen criticou polos seus vínculos co ex primeiro ministro Shinawatra. O [[26 de agosto]] de [[2008]], os manifestantes ocuparon ilegalmente varios ministerios para obrigar ao goberno a ceder ás demandas. A partir do [[29 de agosto]] os manifestantes comezaron a interromper infraestruturas ferroviarias e aéreas, incluíndo o aeroporto de Suvarnabhumi. Os manifestantes non foron nunca perseguidos. O caos terminou en decembro, cando se foron disoltos tres dos partidos que formaban o goberno polo Tribunal Constitucional debido a un fraude electoral. Despois desta sentenza, moitos dos socios da anterior coalición desertaron e sumáronse ao principal partido da oposición, o Partido Demócrata. O [[3 de xullo]] de [[2011]], o partido da oposición Pheu Thai [[Eleccións xerais de Tailandia de 2011|gañou as eleccións xerais]], converténdose en Primeira Ministra de Tailandia [[Yingluck Shinawatra]], irmá do derrocado [[Thaksin Shinawatra]].
 
== Xeografía ==
Cun total de 513.120 [[quilómetro cadrado|km²]] (198.120 [[milla|millas]]s cadradas), Tailandia é o 51º Estado [[Lista de países por superficie|máis grande do mundo]] por mor da súa [[superficie]] total. Situada no centro do [[sueste asiático]], a posición de Tailandia como eixo da zona influenciou moitos aspectos da súa sociedade e da súa cultura, xa que controla o único paso terrestre dende [[Asia]] até [[Malaisia]] e [[Singapur]].
 
=== Relevo ===
Liña 147:
 
=== Clima ===
Tailandia ten un [[clima tropical]] no que se dá o [[monzón]]. As [[temperatura|temperaturas]]s normalmente varían dende unha máxima anual media de 38&nbsp;°C a unha mínima de 19&nbsp;°C. Os monzóns do suroeste danse entre maio e xullo (excepto no sur) e sinalan a chegada da época das choivas (''ridu fon''), acompañadas con elevadas temperaturas, que duran até outubro. Novembro e decembro son o comezo da estación seca. As temperaturas comezan a subir en xaneiro.
 
A estación seca é máis curta no sur debido á proximidade do mar en tódalas zonas da [[península Malaia]]. Con poucas excepcións, tódalas áreas do país reciben choiva en abundancia, aínda que a duración da estación das choivas e a cantidade de choiva varían moi substancialmente segundo a rexión e a altitude. O nordés ten unha estación seca longa e a súa terra porosa retén pouca auga, polo que o seu potencial agrícola vese limitado.
Liña 163:
[[Ficheiro:Yingluck Shinawatra at US Embassy, Bangkok, July 2011.jpg|thumb|[[Yingluck Shinawatra]].]]Despois de aprobarse a Constitución definitiva en [[2007]] celebráronse unhas eleccións xerais, as cales deron a vitoria ao Partido do Poder do Pobo liderado por Samak Sundaravej, home vinculado a Thaksin Shinawatra. Unha vez formado o novo Goberno, desatouse unha grave crise política aos poucos meses liderada pola Alianza do Pobo para a Democracia, que obrigou á dimisión de varios ministros antes do verán de [[2008]]. Altercados en Bangkok, obrigaron a declarar o estado de emerxencia e, finalmente, á dimisión do primeiro ministro Sundaravej por mor dunha sentenza que lle condenaba por presentar un programa gastronómico en televisión, considerado polo tribunal como unha actividade privada ilícita para un membro do goberno.
 
O [[17 de setembro]], a Asemblea Nacional elixiu como novo primeiro ministro a Somchai Wongsawat, cuñado de Thaksin Shinawatra e tamén membro do Partido do Poder do Pobo. Con todo, o país viviu un longo período de crise até [[2010]]. Ese ano as Camisas Amarelas, integradas na Alianza Popular para a Democracia, conseguiron derrubar o goberno de Somchai Wongsawat e a Asemblea Nacional elixiu como novo primeiro ministro ao líder do Partido Demócrata, [[Abhisit Vejjajiva]]. O goberno de Abhisit non estivo exento de enfrontamentos civís, nesta ocasión cos Camisas Vermellas, integrados na Fronte Unida Nacional pola Democracia contra a Ditadura, que ocuparon Bangkok na primavera de 2010. O desaloxo dos Camisas Vermellas polo exército deixou decenas de mortos. En [[2011]] celebráronse novas eleccións xerais, dando a vitoria por maioría absoluta a [[Yingluck Shinawatra]], irmá menor do ex Primeiro Ministro Thaksin.<ref>{{cita web|autor=Reinoso, José|url=http://internacional.elpais.com/internacional/2011/08/05/actualidad/1312495204_850215.html|título=El 'clon' de Thaksin Shinawatra|editor=[[El País]]|lingua=castelán|dataacceso=[[19 de xuño]] de [[2013]]}}</ref>
 
=== Conflito de Pattani ===
Liña 176:
== Divisións administrativas ==
{{VT|Rexións de Tailandia|Provincias de Tailandia}}
Tailandia divídese en 76 [[provincia]]s (en [[lingua tai|tailandés]]: จังหวัด, ''changwat'') reunidas en cinco grupos, nalgúns casos as provincias do leste e do oeste agrupándose. O nome de cada provincia é o da súa cidade capital (เมือง, mueang), utilizando ás veces ese prefixo (''Mueang'' ou ''Muang'') para evitar confusión coa provincia. Coa excepción da [[provincia de Songkhla]], a capital é a cidade máis grande da provincia. Por exemplo, a capital da [[Provincia de Chiang Mai]] (''Changwat Chiang Mai'') é Ching Mai ou Mueang Chiang Mai. Hai ademais dous distritos especiais: a capital [[Bangkok]] (Krung Thep Maha Nakhon) e Pattaya, aínda que o de Bangkok posúe o mesmo rango que unha provincia, e polo tanto é habitualmente considerado unha.
 
A zona máis poboada e a de maior densidade de poboación é a capital, [[Bangkok]]. A provincia de maior superficie é [[Provincia de Nakhon Ratchasima|Nakhon Ratchasima]] e a máis pequena [[Provincia de Samut Songkhram|Samut Songkhram]]. En canto aos mínimos, a provincia con menor densidade de poboación é [[Provincia de Mae Hong Son|Mae Hong Son]] e menor poboada a de [[Provincia de Ranong|Ranong]]. A última provincia en nacer foi [[Provincia Bueng Kan|Bueng Kan]] no ano [[2011]].
Liña 229:
 
=== Gandaría e pesca ===
En Tailandia está prohibido a exportación de [[can|cans]]s para sacrificio e consumo.<ref>{{cita web|url=http://www.lavanguardia.com/lectores-corresponsales/20110908/54213894674/tailandia-prohibe-la-exportacion-de-perros-para-su-sacrificio-y-consumo.html|título=Tailandia prohíbe la exportación de perros para su sacrificio y consumo|autor=Caules, Francisco|editor=[[La Vanguardia]]|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de xuño]] de [[2013]]}}</ref> Con todo, non deixa de ser un dos maiores exportadores de alimentos en [[Asia]], sendo os principais produtos gandeiros os procedentes do [[parrulo]], o [[porco]], o boi e a [[vaca]].
 
En canto á pesca, os lugares máis importantes no país, son o [[Mar de Andamán]], o [[Golfo de Tailandia]], e os ríos [[Río Mekong]] e [[Provincia de Chiang Mai|Chiang Mai]]. A pesca está organizada para evitar conflitos entre a pesca industrial e a pesca de escala. As grandes especies de pesca de auga doce son: a perca xigante, a carpa siamesa, o [[Siluriformes|peixe gato]] e o cabeza de cobra xigante. En canto ás especies de mar, as máis importantes son: o atractosteus, o barbo de Xava, o barbo de Hampala, o tucunaré, [[Lutiánidos|litiánidos]] e o tambaqui.
Liña 256:
A Constitución garante doce anos de educación básica de balde. A educación formal divídese en catro etapas: o primeiro nivel (''Prathom 1-3'') abarca os tres anos da escola elemental; o segundo nivel (''Prathom 4-6'') do cuarto ao sexto grao; o terceiro nivel (''Matthayom 1-3'') inclúe os primeiros tres anos da educación secundaria; e o cuarto e último nivel (''Matthayom 4-6'') comprende os últimos tres anos correspondentes ao bacharelato. Os tailandeses están obrigados a asistir seis anos á escola elemental e polo menos os primeiros tres anos da escola secundaria, así como a facer o NET (Exame de Educación Nacional) despois de cada nivel. Ao graduarse da secundaria, é necesario realizar outros dous exames para continuar co ensino superior: o O-NET (Exame Ordinario de Educación Nacional) e o A-NET (Exame Avanzado de Educación Nacional).
 
As carreiras máis solicitados no ensino universitario público e privado de Tailandia son [[Medicina]], [[TIC|Tecnoloxías da información]], [[Humanidades]] e [[Arte|Artes]]s. Porén, está a gañar popularidade nos últimos anos a opción de estudar [[Dereito]] ou [[Empresa|Empresariais]]riais no estranxeiro. Tódolos estudantes que aspiran a ingresar na universidade teñen que obter o CUAS (Sistema Central de Admisión Universitaria), que consiste nun 50% nos resultados do O-NET e o A-NET e noutro 50% a media de notas obtidos dende o cuarto nivel. Máis da metade das provincias en Tailandia teñen a chamada Universidade Rajabhat, unha institución educativa para profesores formalmente coñecida como o Instituto Rajabhat. O máis antigo centro universitario do país é a [[Universidade de Chulalongkorn]], fundado o [[26 de marzo]] de [[1917]].
 
=== Relixión ===
Liña 290:
=== Gastronomía ===
[[Ficheiro:Pad Thai.JPG|thumb|Prato de Pad Thai.]]
A gastronomía de Tailandia caracterízase pola súa mestura equilibrada de sabores [[Ácido|ácidos]], [[Cloruro de sodio|salgados]], doces e picantes. O ingrediente principal na cociña tailandesa é o [[arroz]], que pode ser ingrediente en [[sopa]]s, estar fritidos ou simplemente cocido. Outros ingredientes que se usan comunmente son os [[pemento|pementos]]s picantes, os [[ollo|allos]], os fideos e o [[leite]] de [[coco]]. En carnes emprégase sobre todo o [[Galiña|polo]] e o [[porco]]. Entre os condimentos máis comúns atópanse o [[curry]] verde ou vermello, sementes de coandro, salsa de [[soia]] e salsa de peixe.
 
O almorzo tailandés consiste en xeral de arroz con polo, porco, allo e gambas. Isto é acompañado por [[Ovo (alimento)|ovo]] fritido e [[cogombro]] en [[vinagre]]. Con todo, a comida máis importante é a cea. Nesta pódense apreciar os mellores pratos. Atópanse presentes a sopa, o arroz ou polo e o [[peixe]] preparados de diversas maneiras. Un dos principais pratos é a carne estilo árabe, unha mestura de carne de cordeiro e tenreira condimentada con [[comiño|comiños]]s, [[Craveiro de India|cravo]] e outras especias.
 
Algúns dos pratos máis famosos son o ''Pad Thai'', fideos de arroz con salsa de tamarindo; o ''Nam Prik Pao'', Salsa de chile tostado con chalotas, allo e [[Carideos|esquías]]; o ''Khao Mangal'', polo con arroz fervido en caldo de galiña e leite de coco; o ''Ped Dang'', asado de polo ao [[xenxibre]]; o ''Sukijakithai'', carne e peixe rebozados en ovo con verduras; o ''Nevayum'', carne tallada con ensalada; o ''Tom Kha Gai'', sopa de raíz de galanga; o ''Kaeng Kari Kai'', polo ao curry suave; ou o ''Tom Yum'', sopa picante e ácida.
Liña 320:
* [http://commons.wikimedia.org/wiki/Atlas_of_Thailand Atlas wikimedia de Tailandia]
 
<br />
{{Asia}}
 
Liña 330:
{{Link FA|id}}
{{Link FA|lo}}
{{Link GA|ar}}