Diferenzas entre revisións de «Pirofosfato»

 
== O pirofosfato no organismo ==
A hidrólise dos [[enlace anhidro|enlaces anhidro]] dos fosfatos dos nucleótidos e do pirofosfato é a forma máis común de liberar enerxía na célula, que é usada para impulsar reaccións químicas e diversos traballos biolóxicos. En ausencia de catálise encimática a hidrólise espontánea do pirofosfato, do ADP ou do ATP é extremadamente lenta excepto en medios moi ácidos.<ref name=Huebner>{{ cite journal |author=Huebner PWA, Milburn RM |title=Hydrolysis of pyrophosphate to orthophosphate promoted by cobalt(III). Evidence for the role of polynuclear species |journal=Inorg Chem. |year=1980 |volume=19 |issue=5 |pages=1267–72 |month=May |pmid= |doi=10.1021/ic50207a032 }}</ref>
 
Cando un nucleótido vai pasar a formar parte dun ácido nucleico, chega como nucleótido trifosfato, pero na reacción, catalizada por unha polimerase, libérase pirofosfato e o nucleótido incorpórase ao ácido nucleico como monofosfato. O contrario da polimerización é a pirofosforólise.
185.466

edicións