Igrexa ortodoxa copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 73:
Na altura, os misioneiros europeos, católicos e protestantes, fundaban escolas, hospitais e imprentas. A Igrexa copta abriu unha rede de escolas primarias e "escolas dominicais" para o ensino do [[catecismo]] e editou publicacións propias. En [[1893]] abriuse o primeiro seminario copto-ortodoxo e creouse unha nova xeración de monxes educados, como Matta el-Miskín, que renovaron a vida monástica.
 
==O cristianismo copto hoxe==
===Estrutura patriarcal===
O Papa de Alexandría e Patriarca da Santa Sé de San Marcos (ortodoxo copto) é [[Shenouda III]]; o Patriarca de Alexandría ortodoxo grego é [[Patriarca Teodoro II de Alexandría]]. Existe unha [[Igrexa Católica Copta]] (católica de [[rito oriental]]), encabezada polo Patriarca de Alexandría. A [[Igrexa Católica Melkita]] (católica de [[rito oriental]]) non ten moita presenza en Exipto e está encabezada polo Patriarca de Alexandría, Antioquía e Xerusalén.
 
Liña 81:
Na Igrexa Copta só se poden ordenar os homes, que han de estar casados se desexan casar, ao igual que sucede na [[Igrexa Ortodoxa de Oriente]]. Tradicionalmente, nos servizos usábase a [[lingua copta]] e as escrituras estaban no [[alfabeto copto]]. Actualmente, o árabe úsase amplamente.
 
===O monacato===
Como nos primeiros séculos, o monacato constitúe a pola máis vigorosa da Igrexa. Dos 50.000 que houbo no [[século VI]] hai hoxe uns 700, repartidos en quince mosteiros masculinos e cinco femininos, que son centros de peregrinación. Destacan os catro de [[Wadi en-Natrún]] (Deir Baramos, Deir es-Surian, Deir Anba Bishoi e Deir Makar); Deir Anba Samuel e dous na beira occidental do [[Mar Vermello]]. Algún outro foi reconstruído, aínda que Deir el-Abiad (o Mosteiro Branco) e Deir el-Ahmar (o Mosteiro Vermello) seguen abandonados.
 
===Os fieis===
Os cristiáns ortodoxos coptos din seren uns 40 millóns, dez en Exipto, 30 en [[Etiopía]], dous en [[Eritrea]] e máis en [[Sudán]], [[Israel]] e a [[diáspora]]. As igrexas ortodoxas procuran actualmente recoñecerse e aceptar ritos, como o [[bautizo]] e o [[matrimonio]] celebradas por outras.