Igrexa ortodoxa copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 29:
A '''Cristiandade Ortodoxa Copta''' é a forma nativa de [[cristianismo]] fundada, segundo a tradición, por [[Marcos o Evanxelista|San Marcos Evanxelista]] en [[Exipto]] a mediados do [[século I]] (arredor do ano [[60]]). A '''Igrexa Ortodoxa Copta''' é a principal igrexa cristiá en Exipto e unha das [[Igrexas Ortodoxas de Oriente]]. O seu líder é o [[Patriarca de Alexandría]], ou Papa de Alexandría e Patriarca da Santa Sé de San Marcos, ata o seu falecemento o 17 de marzo de 2012 [[Shenouda III]] de Alexandría.
 
==Historia==
===Inicios do cristianismo===
Existen referencias abondosas a [[Exipto]] no [[Antigo Testamento]] e no [[Novo Testamento|Novo]], pero os primeiros cristiáns foron [[xudeu]]s de [[Alexandría]], tal como [[Teófilo]], a quen [[Lucas o Evanxelista]], en tempos de [[Nerón]], lles dirixe o capítulo introdutorio do seu [[Evanxeo de Lucas|Evanxeo]]. A tradición atribúelle a [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]] a predicación en Exipto, onde foi [[mártir|martirizado]]. Porén, foron fundamentalmente os exipcios, máis que os gregos ou os xudeus, quen abrazaron a fé cristiá. O cristianismo estendeuse por Exipto e nun século xa chegara a [[Oxyrhynchus|Bahnasa]], no Exipto Medio (onde se atoparon fragmentos do [[Novo Testamento]] datados no ano [[200]]) e ao [[Alto Exipto]] (un fragmento do [[Evanxeo de San Xoán]] en [[lingua copta|copta]] da primeira metade do [[século II]]).
 
====A Escola de Alexandría====
A nova relixión distinguiuse desde os seus inicios por unha intensa actividade intelectual. En [[Alexandría]], a cidade máis cosmopolita do Imperio Romano após roma, naceu arredor do [[190]] a Escola Teolóxica, a Didascalea, fundada por [[Pantaneo]]. Nesta, a primeira escola [[catequese|catequista]], explicaron [[Clemente de Alexandría]], [[Atanasio de Alexandría]], [[Atenágoras de Atenas]], [[Dídimo o Cego]], [[Pantera]] e o grande [[Oríxenes]], considerado o pai da [[teoloxía]]. [[Oríxenes]] foi autor tamén de comentarios (máis de 6000) e de estudos bíblicos comparados, A escola foi visitada por moitos eruditos, como [[San Xerome]]. Ademais de teoloxía explicábase ciencia, matemáticas e humanidades usando o método de pergunta e resposta e, quince séculos antes do [[Braille]], xa se usaban gravuras sobre madeira para ler e escribir.
 
(Co mesmo nome estableceuse unha facultade de teoloxía en Alexandría en 1893, con campus en Alexandría, [[Cairo]], [[Nova Jersey]] e [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], para seminaristas coptos.)
 
====O monasticismo e o traballo misionario====
No [[século III]], durante as persecucións de [[Diocleciano]], algúns cristiáns escaparon para o deserto e ficaron alá para orar unha vez rematadas. Así comezou o [[monasticismo]], reorganizado por [[Santo Antonio o Grande]] e [[Pacomio]] no [[século IV]]. A finais deste século existían centos de mosteiros e miles de celas e covas repartidas por todas as montañas exipcias. Algúns deses mosteiros existen ainda hoxe en día.
 
O monasticismo exipcio atraeu a atención dos cristiáns doutras partes do mundo, que visitaron Exipto e levaron con eles as ideas monásticas, expandindo o monasticismo por todo o mundo cristián. [[San Basilio]], organizador do movemento monástico en [[Asia Menor]], visitou Exipto arredor do [[357]] e a súa [[regra (monástica)|regra]] séguese nas Igrexas de Oriente; [[San Xerome]], de camiño a [[Xerusalén]], parou en Exipto e recolleu a experiencia nas súas cartas; [[San Bieito]] fundou mosteiros no [[século VI]] seguindo o modelo de Pacomio pero nunha forma máis estrita.
 
===Época de esplendor===
====O Concilio de Nicea====
No [[século IV]], un sacerdote [[libio]] chamado [[Ario]] iniciou unha disputa teolóxica sobre a natureza de [[Cristo]] que se estendeu por todo o mundo cristián e recibiu o nome de [[arianismo]]. O emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] convocou o [[Primeiro Concilio de Nicea]] en [[325]] para resolver a disputa, o cal levou á formulación do Símbolo da Fe, coñecido tamén como [[Credo de Nicea]]. O Credo, recitado aínda en todo o mundo cristián, foi redixido por [[Atanasio de Alexandría]], na altura Papa e Patriarca de Alexandría.
 
====O Concilio de Constantinopla====
No [[381]], [[Timoteo I de Alexandría]] presidiu o segundo [[concilio]] [[ecuménico]], o [[Concilio de Constantinopla]], que completou o Credo de Nicea reafirmando a divindade do [[Espírito Santo]]. Neste concilio, a primacía de honor pasaba á Igrexa de Constantinopla, decisión que suscitou a indignación dos alexandrinos.
 
====O [[Concilio de Éfeso]]====
No [[século V]] xurdiu outra disputa teolóxica, neste caso sobre os ensinamentos de [[Nestorio, Patriarca de Constantinopla|Nestorio]], Patriarca de [[Constantinopla]] que ensinaba que Deus non estaba unido [[hipostaticamente]] coa súa natureza humana, senón que habitaba no home [[Xesús Cristo]]. En secuencia, denegáballe o título de "Nai de Deus" (''Theotokos'') á [[Virxe María]], considerándoa simplemente "Nai de Cristo" (''Christotokos''). Ao chegar ao coñecemento do Patriarca da Santa Sé de San Marcos, este solicitoulle a Nestorio que renegase. Como non o fixo, o [[Sínodo]] de Alexandría reuniuse e o [[patriarca]] [[Cirilo I de Alexandría]], envioulle unha carta que contiña o que sería o artigo máis famoso da Ortodoxia Alexandrina, "Os Doce [[Anatema]]s de [[San Cirilo]]". Neles, excomungábase aos nestorianos.
 
O [[Primeiro Concilio Ecuménico de Éfeso]] confirmou os ensinamentos de [[Santo Atanasio]], confirmou o título da Sempre Santa Virxe María como "Nai de Deus" e anatemizou a quen separase a [[Xesús Cristo]] en dúas [[hipóstase]]s. O nestorianismo reviviu após a porte de [[San Cirilo]]. Esta controversia permitiulle á Igrexa de Alexandría reaccionar contra a sé patriarcal constantinopolitana, centro tamén do poder político [[Bizancio|bizantino]], ao que pertencía Exipto.
 
===Ruptura coa Igrexa católica e Decadencia===
====O [[Concilio de Calcedonia]]====
Nun ambiente de enfrontamento co emperador e a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], no [[Concilio de Calcedonia]] de [[451]] abandonouse a terminolía de San Cirilo e declarouse que Xesús Cristo era unha [[hipóstase]] en dúas [[natureza]]s, a divina e a humana. A igrexa copta, xunto coa [[Igrexa Siríaca|siríaca]] e máis tarde a [[armenia]], rexeitárono (e coñécense, polo tanto, como [[monofisita]]s). Desde entón coexisten en Alexandría dous patriarcas rivais: o católico, calcedoniano, Imperial ou "Melkita" (coñecido agora como Papa Ortodoxo de Oriente e Patriarca de Alexandría), e o copto (agora Papa Copto e Patriarca de Alexandría). O primeiro foi seguido polos funcionarios bizantinos, os comerciantes das cidades e as persoas helenizadas; o segundo pola masa do pobo. Os monofisitas souberon mobilizar, por medio dos monxes, o sentimento nacional e tachar aos seus opoñentes de estranxeiros. Constitúen hoxe a Igrexa Copta.
 
Liña 63:
A Igrexa Copta nega que ensine o monofisismo, que considera unha [[herexía]], senón algo que se pode chamar [[miafisismo]] e que describe unha natureza combinada de Cristo, tanto humana como divina, unida indivisibelmente no [[Logos]] encarnado. A Igrexa Copta cre que Cristo é perfecto na Súa divindade, perfecto na súa humanidade, pero que a Súa divindade e a Súa humanidade uníronse nunha natureza chamada "a natureza da palabra encarnada". Estas dúas naturezas non se separaron nunca.
 
====Conquista árabe de Exipto====
A conquista produciuse entre [[639]] e [[642]]. Nun principio, aos cristiáns permitíuselles practicar a súa relixión, baixo as restricións da lei [[islam|islám]]ica (''[[Shari'a]]'') pero, unha vez consolidada a conquista, instaurouse un réxime discriminatorio. Neste proceso influíron as persecucións lanzadas especialmente durante o reino do [[califa]] [[fatimí]] [[Al-Hakim bi-Amr Allah]] ([[996]]-[[1021]]), a chegada das [[Cruzada]]s e a represión que causaron e a aceptación do [[Lingua árabe|árabe]] como lingua para a liturxia polo Papa de Alexandría [[Gabriel ibn-Turaik] ou Gabriel II. As conversións aceleráronse e a Igrexa non puido presentar oposición. A sé patriarcal alexandrina traspasouse ao [[Cairo]] a mediados do [[século XI]]; os homes e as mulleres foron separados nas igrexas; impúxose o descalzarse á entrada nos lugares de culto; fecháronse os seminarios e escolas teolóxicos. A última literatura cristiá son a obra enciclopédica ''Colección de dogmas da relixión'' do [[século XIII]].
 
Durante as dominacións [[mameluco|mameluca]] ([[1254]]-[[1517]]) e [[turco-otomano|turco-otomana]] ([[1517]]-[[1811]]), o cristianismo copto refuxiouse no ámbito rural do [[Alto Exipto|Alto]] e Medio Exipto e ao bordo do deserto. Os coptos foron ignorados durante todo este tempo. A comezos do [[século XIX]], a Igrexa copta contaba só con 12 bispos, uns 100 lugares de culta e sete mosteiros con 50 monxes.
 
====Desde o século XIX á revolución de 1952====
A situación dos coptos comezou a mellorar a comezos do [[século XIX]] baixo a estabilidade e tolerancia da dinastía de [[Muhammad Ali de Exipto]]. Deixaron de ser considerados polo estado como unha unidade administrativa e, en [[1855]], eliminouse a marca principal da súa inferioridade, o imposto ''Jizya''. Pouco despois, os cristiáns comezaron a servir no exército. Na revolución de [[1919]] participaron tanto musulmáns como cristiáns.