Sidra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
Liña 11:
==A sidra en Galicia==
O xeógrafo romano [[Estrabón]], falando do seu paso por Galiza, menciona unha bebida que se interpretou como sidra: {{cita|Os montañeses viven durante dous terzos do ano de landras, que secan, machacan e logo moen para facer pan e conservalo durante moito tempo. Tamén beben ''zhytos''. Están escasos de viño e o que conseguen gástano rapidamente en festíns coas familias...}} ''Zhytos'' en [[Lingua grega|grego]] é [[cervexa]], pero dada a similitude na cor das dúas bebidas, e a ausencia de produción de cereais nas zonas de montaña que el visitou e a abundancia de maceiras, enténdese que a bebida á que se refire é a sidra.
 
A sidra aparece tamén mencionada no ''Libro do peregrino'' do ''[[Códice Calixtino]]''. No libro V, capítulo VII, "Dos nomes das terras e das particularidades das xentes que se atopan no camiño de Santiago": {{cita|Vén logo a terra dos galegos, pasados os confíns de León e os portos de Monte Irago e Cebreiro. É unha terra frondosa de ríos, prados e extraordinarios verxeis, bos froitos e clarísimas fontes, pero escasa en cidades, vilas e terras de labor, escasa en pan, trigo e viño pero abundante en pan de centeo e sidra, ben abastecida en gandos e cabalerías, en leite e mel, e en peixes de mar, grandes e pequenos.}}
 
Galicia é con moito a comunidade que máis mazá sidreira produce no conxunto de todo o estado español, por riba de comunidades productoras coma Asturias ou Euskadi, que importan o produto galego. En 2007 a produción galega de mazá sidreira situose nas 60.000 toneladas mentres que a de Asturias pasaba por entre 35.000 e 40.000 e a de Euskadi por 8.000.
 
Esta bebida dá nome a varios lugares, como As Sidras (Carnota), A Leira da Sidra (As Somozas), A Fonte da Sidra (Vigo), O Hórreo da Sidra (A Pontenova), O Lugar da Sidra (Cospeito), Pereira-Sidral, (O Valadouro), A Sidreira (Paderne) ou Os Sidreiros (As Somozas). Amais, existen numerosos lugares con nomes referidos a [[lagar]]es (tamén destinados a facer [[viño]]) ou terreos nos que se dá a [[maceira]].