Miami: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
Traio o contido da páxina ''Historia urbana de Miami'', para fusionar artigos.
Liña 34:
 
== Historia e características ==
A área da desembocadura do río Miami na [[Baía Viscaíno]] levaba mil anos habitada polos indios [[Tequesta]] cuxas principais aldeas asentábanse na beira [[Norte|norte]].
A actual cidade ten orixe nunha poboación creada a finais do [[século XIX]], que prosperou co [[ferrocarril]] e o porto. Nos [[década de 1920|anos 20]] do [[século XX]] Miami tornouse nun centro turístico.
 
No [[Século XVI|século XVI]] apareceron exploradores [[Imperio Español|españois]], os primeiros [[Europa|europeos]], que en [[1567]] levantaron unha misión xesuíta na mesma desembocadura pero que foi abandonada aos tres anos.
 
Ata comezos do [[Século XIX|século XIX]] non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran [[Bahamas|bahameños]] buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a [[Richard Fitzpatrick]] terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.
 
En [[1836]] o exército [[Estados Unidos de América|americano]] levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman ''Fort Dallas'', coma parte da defensa nas [[Guerras Semínolas]]. En [[1842]], tralo fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunha pequena aldea que chama '''[[Miami]]'''. Xa en [[1844]] é sede do condado contando para o censo de [[1850]] con 96 habitantes. A terceira Guerra Semínola ([[1855]]-[1858|58]]) e a posterior [[Guerra de Secesión]] impedirán o seu crecemento.
 
Será en [[1871]] cando chegarán coma colonos dende [[Cleveland]], primeiro William Brickell (o ''Pai de Miami'') quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e no [[1891]] Xulia Tuttle (a ''Nai de Miami''), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible xeada ([[1895]]) que arrasa toda a colleita de cítricos do norte de [[Florida]], van convencer, curiosamente a outro home de Cleveland, Henry M. Flagler, propietario do ''Florida East Coast Railroad'', para que achegue o [[Ferrocarril|ferrocarril]] ata as súas plantacións.
 
Así, da man do tren, comeza en [[1896]] un gran desenrolo e a incorporación coma City of Miami, votada por 502 homes (100 negros, man de obra do ferrocarril, que habitan a ''Colored Town'' ao noroeste).
 
O mesmo Flagler vai iniciar a que será a industria clave da cidade no futuro, constrúe un hotel na punta norte da desembocadura do río, o ''Royal Palm''. A era do turismo comeza. Asemade draga o porto natural. A muller de Brickell, Mary, tralo pasamento do seu home en [[1908]], vai ser unha das principais promotoras inmobiliarias nas terras da súa propiedade.
 
O boom prodúcese na década dos vinte, cando a poboación da cidade se triplíca ([[Miami Beach]] comezara a planificarse en [[1915]])<ref>http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/miami_fl_1919.jpg</ref>. Pero a tremenda especulación inmobiliaria (planificación para 200.000 h., cando en [[1920]] a cidade contaba con 30.000) estalou o que unido a varios furacáns desastrosos provocou a paralización do desenvolvemento. Con todo, a infraestrutura do futuro estaba feita.
 
A [[Segunda Guerra Mundial]] significou o segundo boom (sin repouso significativo ata o de agora). Os soldados substituíron aos turistas.
 
Un feito importante produciuse nos anos sesenta: 200.000 refuxiados da [[Cuba]] castrista fan de Miami o seu fogar de acollida. Dende entón, a cidade comezou a se converter na cidade hispana dos [[Estados Unidos de América]], cosmopolita e multicultural. A importante colonia cubana concéntrase en [[Little Havana]], barrio ao oeste do centro.
 
== Língua ==
Na cidade fálase, alén do inglés, o español, debido á cantidade de [[hispanoamericano]]s que viven en Miami. Tamén se falan linguas menos comúns entre os habitantes como son o [[criollo haitiano]], o [[lingua francesa|francés]], o [[lingua portuguesa|portugués]], o [[lingua alemá|alemán]], o [[lingua italiana|italiano]], o [[lingua árabe|árabe]], o [[lingua chinesa|chino]] e o [[lingua grega|grego]]. A rexión tamén conta cunha colonia xudía numerosa.
 
== Economía ==
Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos ''snow birds'', termo usado para descreber os habitantes da rexión norte dos [[Estados Unidos da América]], que pasan o [[inverno]] neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío; esta cidade é tamén coñecida por ter unha grande comunidade de exilados [[cuba]]nos, principalmente concentrados na ''Little Havana''.
 
==Clima==
Liña 55 ⟶ 75:
==Deportes==
Miami conta con catro equipos de diversos deportes, como poden ser os [[Miami Heat]] de [[baloncesto]], os [[Miami Dolphins]] da [[NFL]], os [[Florida Marlins]] da [[MLB]] e os [[Florida Panthers]] da NHL. O [[American Airlines Arena]] é o estadio dos [[Miami Heat]], campións no 2012, é o único estadio que está situado no centro de Miami. O [[Dolphin Stadium]], campo de fútbol americano que xa se sitúa nas aforas de Miami, foi varias veces o escenario das finais da [[Super Bowl]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==