Diferenzas entre revisións de «Lamarckismo»

m
sen resumo de edición
m
Lamarck, na súa teoría, propuxo que a vida evolucionaba "por tanteos e sucesivamente", "que a medida que os individuos dunha das nosas especies cambian de situación, de clima, de maneira de ser ou de hábito, reciben por iso as influencias que cambian pouco a pouco a consistencia e as proporcións das súas partes, da súa forma, das súas facultades e até da súa mesma organización".<ref>''Filosofía zoolóxica'', páx. 56.</ref> Sería a capacidade dos organismos de adaptarse ao medio ambiente e os sucesivos cambios que se deron nestes ambientes o que propiciaría a evolución e a actual diversidade de especies.
 
Como mecanismo para traducir estes presupostos en cambios evolutivos, propuxo o mecanismo coñecido como "heredanzaherdanza dos caracteres adquiridos", referíndose a capacidade dos organismos de trasladar á heredanzaherdanza os caracteres adquiridos en vida. Esta herdanza non sería nin directa nin individual, senón que sería despois de longo tempo de estar sometidos a parecidas circunstancias e afectarían ao conxunto dos individuos do grupo sometido a ditas circunstancias.
 
A teoría de Lamarck non foi tida en conta no momento da súa formulación, sendo 50 anos máis tarde, coa publicación de ''A orixe das especies'', cando os evolucionistas e o propio Darwin a rescataron para intentar cubrir o baleiro que a selección natural deixaba ao non propoñer a fonte da variabilidade sobre a que actuaría a selección.
 
A principios do [[século XX]], a [[xenética mendeliana]], redescuberta no inicio do século XX, veu refutar a herdanza lamarkianalamarckiana.<ref>{{Cita web| título = Jean-Baptiste Lamarck (1744-1829) | dataacceso = 12 de xuño de 2011| url = http://www.ucmp.berkeley.edu/history/lamarck.html}}</ref> E pouco despois aínda máis coa formulación da barreira [[Weismann]], que enuncia a imposibilidade de transferencia de información entre a [[célula somática|liña somática]] e a [[liña xerminal|xerminal]], polo que o lamarckismo foi desbotado considerándose erróneo. Non obstante, durante o século XX existiron evolucionistas que defenderon o lamarckismo, e existen na actualidade voces desde a bioloxía e o evolucionismo que reivindican a súa reformulación.<ref>Véxase [[Neolamarkismo]].</ref>
{{cita|''Lamarck [...] a súa'' Filosofía zoolóxica ''(actualmente sería teoría zoolóxica) paréceme o libro máis importante da bioloxía que se escribira xamais. Lamarck foi o que aplicou o concepto de biologxa ao estudo dos seres vivos dotándoo dunha base teórica para que tivera consistencia. [...] Era unha persoa que tiña unha capacidade impresionante de compresión da Natureza, tiña unha visión belísima da Natureza...''|Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin'', conferencia na Universidad de Oviedo, 16/11/2009.<ref>[http://mediateca.uniovi.es/visor2/-/journal_content/56_INSTANCE_iV9s/10910/156588 Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin''. Conferencia na Universidade de Oviedo, 16/11/2009. Unha visión crítica da teoría de Darwin. (formato vídeo), 13:15]</ref>}}
 
Na actualidade, o lamarckismo quedou simplificado como a teoría da "heredanzaherdanza dos caracteres adquiridos". A síntese ([[neodarwinismo|neodarwinista]]), formulada nos años trinta do século XX, segundo a cal a vida evoluciona a consecuencia de [[mutación|mutacións]] aleatorias no [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] fixadas pola selección natural, é considerada, pola maioría do estamento académico, satisfactoria para describir a evolución.
 
==Notas==
5

edicións