Diferenzas entre revisións de «Operón»

 
O laboratorio de [[Pascale Cossart]] foi o primeiro que identificou experimentalmente todos os operóns dun microorganismo, ''[[Listeria monocytogenes]]''. Os seus 517 operóns policistrónicos foron listados nun estudo de 2009 que describía os cambios globais na transcrición que tiñan lugar en ''L. monocytogenes'' baixo diferentes condicións.<ref>Toledo-Arana, A.; Dussurget, O.; Nikitas, G.; Sesto, N.; Guet-Revillet, H.; Balestrino, D.; Loh, E.; Gripenland, J. et al. (2009). "The Listeria transcriptional landscape from saprophytism to virulence". Nature 459 (7249): 950–956. doi:10.1038/nature08080. PMID 19448609.</ref>
 
==Operóns eucarióticos==
Nos eucariotas son raros os operóns, pero nalgunhas especies atopáronse xenes agrupados que orixinan transcritos policistrónicos que lembran, en parte, aos operóns bacterianos. Coñécense operóns deste tipo no verme [[nematodo]] ''[[Caenorhabditis elegans]]'' e noutros nematodos e en [[tripanosoma]]s, vermes planos como o [[trematodo]] ''[[Schistosoma mansoni]]'', no [[tunicado]] ''[[Oikopleura|Oikopleura dioica]]'' e na mosca ''[[Drosophila]]''<ref>{{Cite journal |last1=Blumenthal |first1=T |year=2004 |title=Operons in eukaryotes |journal=Briefings in Functional Genomics and Proteomics |volume=3 |issue=3 |pages=199–211 |doi=10.1093/bfgp/3.3.199 |pmid=15642184}}</ref>, e probablemente existen noutras especies.
 
==Notas==
190.140

edicións