Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
tvg 2
m mejora miscelánea
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
{{Coordenadas|42|53|30.42|N|8|28|10.96|W|display=title}}
{{Cadea de televisión
| nome = TVG
| logo = A galega.jpg
| tamaño = 120px
| descrición = Logo da TVG.
| logo2 =
| lanzamento = 24 de xullo de 1985
| peche =
| formato_imaxe = [[576i]] ([[SDTV]] [[16:9]])
| audiencia = 11,7%
| audiencia_data = xullo de 2013
| audiencia_fonte = [http://www.vertele.com/files/2013/08/4-Forta.jpg VerTele]
| rede =
| propietario = [[CRTVG]]
| slogan =
| país = {{GALb}} [[Galicia]]
| lingua = [[Lingua galega|Galego]]
| área_emisión = [[Galicia]]
| afiliados =
| sede = [[Santiago de Compostela]]
| nomes_vellos =
| nomes_substitución=
| nomes_substituído =
| nomes_irmáns = [[tvG2]]
TVG Europa
TVG América
| nomes_diferido =
| web = [http://www.crtvg.es Páxina web da CRTVG]
| terr serv 1 = [[Televisión Dixital Terrestre|TDT]]
| terr chan 1 = 61 ([[Provincia da Coruña|A Coruña]])
40 ([[Santiago de Compostela|Santiago]])
59 ([[Provincia de Lugo|Lugo]])
62 ([[Provincia de Ourense|Ourense]])
58 ([[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]])
| sat serv 1 = [[Digital+]]
| sat chan 1 = Dial 303
| cable serv 1 = [[R (telecomunicacións)|R]]
| cable chan 1 = Dial 110
| cable serv 2 = [[R (telecomunicacións)|R]] TVG 2
| cable chan 2 = Dial 118
| cable serv 3 = Bragatel
| cable chan 3 = Dial 29
| sat radio serv 1 =
| sat radio chan 1 =
| iptv serv 1 = [[ONO]]
| iptv chan 1 = Dial 991
| iptv serv 2 = [[Imagenio]]
| iptv chan 2 = Dial 174
| online serv 1 = TVG á carta
| online chan 1 = [http://www.crtvg.es/tvg/a-carta TVG á carta]
| 3gmobile serv 1 =

A '''Televisión de Galicia''', tamén chamada '''A Galega''', é unha canle [[televisión|televisiva]] galega que forma parte da Compañía de Radiotelevisión de Galicia ([[CRTVG]]) xunto coa [[Radio Galega]]. As súas instalacións centrais están en [[San Marcos, Bando, Santiago de Compostela|San Marcos]], na parroquia do [[Bando, Santiago de Compostela|Bando]], no concello de [[Santiago de Compostela]].

No mes de xaneiro do ano [[2009]] a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2009/02/02/00031233591792532309627.htm?idioma=galego "A TVG, líder autonómica por primeira vez na súa historia"], ''[[La Voz de Galicia]]''.</ref>, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia<ref>Arturo Maneiro e Alfonso Cabaleiro, "A TVG". Lea, 1993, páxina 47.</ref>.

==Historia e características==
[[File:Logo+TVG.svg|miniatura|esquerda|z120px|Antigo logo da TVG.]]
As obras da súa sede comezaron o [[8 de outubro]] de [[1984]], a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores<ref>Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) ''As institucions galegas na historia''. USC, 2004, páxina 608</ref> para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do [[24 de xullo]] de [[1985]] cos actos en directo da súa inauguración<ref>[http://25anos.crtvg.es/tvg25/sabiasque/1985/197 25 anos da TVG]</ref> e pola noite a retransmisión en directo dos actos do [[Día do Apóstolo]] en Santiago. O [[25 de xullo]] emitiu a súa primeira película, a curtametraxe ''[[Mamasunción]]'' de [[Chano Piñeiro]]. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas<ref>Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52</ref> ata o [[1 de setembro]], cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. {{Cómpre referencia}}

Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, [[Xosé Luis Blanco Campaña]], [[Gerardo González Martín]], Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e actualmente Rosa Vilas.

O [[31 de decembro]] de [[1996]] a canle '''Galeusca TV''', da que tamén formaban parte [[ETB]] e [[TV3]], iniciou as súas emisións regulares cara [[América]] vía [[satélite]] e o [[17 de maio]] do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola [[internet]]. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle [[Galicia TV Europa]] e para América [[Galicia TV América]].

A TVG emite integramente en [[Lingua galega|galego]] para Galicia, malia iso emite algún programa en castelán para o exterior; a publicidade, que durante moito tempo foi predominantemente en castelán, tende a iguarse nas dúas linguas. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en [[Lingua galega|galego]], malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de [[RTVE]] en [[Galicia]].

A TVG forma parte da [[FORTA]], unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español.

===A segunda canle===
{{AP|tvG2}}
Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, [[G2]], o [[25 de xullo]] de [[2008]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/apertura/segundo/canal/aboca/TVG/aumentar/gasto/elpepiautgal/20080107elpgal_2/Tes El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto]</ref>, ao final fíxoo, tras fallar outubro de [[2008]]<ref>[http://www.mundoplus.tv/noticias.php?seccion=tv_digital&id=4596 Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones]</ref><ref>[http://www.agalega.info/videos/?emi=3340&corte=2008-06-25&hora=15:15:39&canle=tvg1 agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos]</ref>, o [[2 de febreiro]] de [[2009]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/en-15-dias--emitira-g2-a-segunda-canle-da-galega-.html A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega]</ref><ref>[http://www.codigocero.com/spip.php?article7289 G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns]</ref>. Facéndoo con retraso, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no [[2006]] e, co anterior director, no [[2005]].

Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemite a programación de Galicia TV América; as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine e programación infantil e xuvenil; para as fins de semana centrarse no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base, e na cultura. Na década do 2000, anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.

==Clasificación dos programas máis vistos por tempada==
{{AP|Clasificación dos programas galegos máis vistos por tempada}}

==Notas==
{{Listaref|2}}

==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Televisión]]
*[[CRTVG]]
*[[Radio Galega]]
*[[G2]]
* [[Retegal]] Operador galego de televisión e radio.

===Ligazóns externas===
*[http://www.crtvg.es Páxina web da TVG]
*[http://www.agalega.info Páxina web dos Informativos da TVG] (agalega.info)
*[http://www.crtvg.es/tvg/a-carta Televisión á carta] (vídeos en ''poadcast'')
*[http://www.youtube.com/TVG Portal en YouTube da TVG]

{{Programación da TVG}}
{{Televisión en España}}

[[Categoría:Televisión de Galicia]]