Batalla das Navas de Tolosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ligazón interna
Elisardojm (conversa | contribucións)
arr
Liña 17:
Os exércitos cristián e almohade atopáronse preto de [[Despeñaperros]], paso fronteirizo que separa as actuais Andalucía de Castela A Mancha. Os almohades toman o [[13 de xullo]] o castelo do Ferral, á entrada de Despeñaperros, o que lles permite facerse fortes.
 
AlAn-Nasir instala o seu campamento no desfiladeiro da Losa, para bloquear o paso cristián. Porén, o exército cristián logra cruzar [[Serra Morena]] e instalan entre o 13 e o [[14 de xullo]] o seu campamento en Mesa del Rey.
 
O campamento de alAn-Nasir é defendido pola súa garda, composta por escravos negros, encadeados uns ós outros por medio de cadeas enlazadas en estacas para evitar a fuxida destes. A forma desta formación defensiva é cadrada, con filas diagonais e perpendiculares que van desde os bordos da formación ata o centro desta. Esta formación é chamada o [[palenque]].
 
== Desenvolvemento da batalla ==
Liña 26:
A batalla desenvólvese o día [[16 de xullo]] de [[1212]], nas "navas" (chairas) que hai entre Miranda del Rey e Santa Elena. O exército cristián baixa de Mesa del Rey e atópase coa vangarda almohade.
 
A cabalería pesada cristiá é moi superior ós soldados almohades, polo cal alAn-Nasir coloca arqueiros e infantería, co fin de fustrigar a cabalería cristiá antes de envolvela coa súa infantería. Malia todo, os reis de Aragón e Navarra (Pedro II e Sancho VII respectivamente), impídeno ó estaren nos flancos do seu exército, facendo que os almohades non poidan envolvelos por aí.
 
As tropas cristiás esmagan os almohades, pero acaban sendo detidas e rexeitadas. As primeiras liñas cristiás retíranse paulatinamente, pero a cabalería pesada resiste en combate contra o exército almohade. Entón é cando atacan tamén Pedro II e Sancho VII, facendo un ataque en tenaces que acaba cos flancos inimigos.
 
A cabalería de Sancho VII de Navarra avanza asemade que diferentes grupos atacan, e acaban chegando ó campamento inimigo. Cargan contra o palenque, e dise que o mesmo Sancho VII rompe as cadeas que unen á garda de alAn-Nasir, acabando facilmente con ela.
 
AlAn-Nasir foxe a [[Baeza]] e dende aquí a [[Xaén]], sen poder evitar a destrución do seu exército, que mentres el marcha, a súa matanza é completada polos líderes cristiáns.
 
== Resultado da batalla ==