Adenosín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
O ATP forma parte do grupo bioquímico dos [[nucleótido]]s, a súa [[base nitroxenada]] é a [[adenina]] e o seu monosacárido é a [[ribosa]]. Cabe dicir que como o seu nome indica, no [[carbono|carbono 5]] posúe os tres [[átomo]]s de [[fósforo (elemento)|fósforo]] unidos mediante [[enlaces fosfodiéster]] de alta enerxía.
 
A hidrólise dun dos dous enlaces fosfodiéster (xeralmente o primeiro, nunca o terceiro), ten un incremento de [[enerxía ceibelibre de Gibbs]] de 30,5 kJ/mol. Esta enerxía é aproveitábel para formar enlaces cuxa formación sería [[endergónica]] se non estiver acoplada a dita hidrólise, un claro exemplo desta enerxía é a síntese de [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]].
 
Cómpre mencionar a súa importancia como mecanismo de control proteico, xa que o feito de ter un fosfato nun lugar determinado, activa ou inactiva unha proteína; habitualmente dito fosfato é achegado por unha molécula de ATP ou [[GTP]].