John Napier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 10:
Naceu no [[castelo de Merchiston]] en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en [[1563]], comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por [[Europa]]. regresou a Merchiston en [[1571]] e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de [[matemáticas]] e [[teoloxía]].
 
Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción, mentres que a súa preocupación fundamental era a [[exéxeseexexese]] d[[o Apocalipse]], á que se consagrou desde a súa estadía no colexio. Froito deste labor foi a publicación ''Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrástica e historicamente''. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as súas proposicións. Entre elas, Napier prediciu a fin do mundo para os anos [[1668]] a [[1700]]. {{Cómpre referencia}}
 
En [[1614]] Napier publica a súa obra ''Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometria; ut etiam in omni logistica mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio'', na que dá a coñecer os [[logaritmo]]s que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Robert na segunda edición publicada en [[1619]].