Lei de Grassmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q730485
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''lei de Grassmann''', chamada tamén « lei de [[disimilación]] das [[consoante aspirada|aspiradas]] », é unha [[lei fonética]] que describe unha modificación acaecida nun estadio prehistórico do [[grego antigo]] e do [[lingua sánscrita|sánscrito]] (unha fase que segue directamente ao [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]], de feito), modificación que quedou efectiva todo ao longo da súa historia. Estúdase na [[fonética histórica]] destas dúas linguas. Malia ser coñecida e correctamente explicada polos gramáticos indios, leva o nome do seu « descubridor » occidental, [[Hermann Grassmann]].
 
== Funcionamento ==
Esta lei explica que cando nunha mesma palabra se atopa unha secuencia de dúas consoantes aspiradas (φ /pʰ/, χ /kʰ/, θ /tʰ/ e o [[espírito áspero]] /h/ pola parte grega, todas as consoantes transcritas cun ''h'' subsecuente pola parte do [[lingua sánscrita|sánscrito]], como ''th'', ''bh'', etc., ), a primeira [[disimilación|disimílase]] en non aspirada: a primeira consoante é substituída polo seu equivalente simple (π /p/, κ /k/, τ /t/ ou o espírito suave pola parte do grego, a consoante sen o seu ''h'' subsecuente pola do sánscrito, como ''t'', ''b'', etc.).
 
Esta lei intervén en moitos estadios:
Liña 11 ⟶ 10:
 
== Exemplos ==
Casos regulares atópanse a miúdo nas formas verbais con [[reduplicación]], onde a consoante inicial da [[raíz]] se repite:
* sobre a raíz θη ''tʰē'', « poñer », fórmase o presente [[vogal temática|atemático]] con reduplicación *θί-θη-μι ''*tʰí-tʰē-mi'' → τί-θη-μι ''*tí-tʰē-mi'', « eu poño »;
* o mesmo verbo, en sánscrito, dá ''da-dhā-mi'', que vén de ''*dha-dhā-mi''.
 
Liña 20 ⟶ 18:
 
=== Creación de irregularidades nos paradigmas ===
As raíces con dobre aspiración (como ''*bʰeudʰ-'' « espertar, estar esperto », grego πυνθάνομαι ''pyntʰánomai'' e sánscrito ''bodhati'') son as principais afectadas.
 
==== En grego ====
Os casos de sandhi de aspiradas son numerosos e permiten comprender irregularidades internas que fan alternar varias formas para un mesmo radical. Por exemplo, en grego antigo o verbo ἔχ-ω ''ékʰ-ō'' « ter » fai o seu futuro en ἕξω ''héxō'', coa aparición « irregular » dunha aspiración inicial. Para comprender a súa orixe, cómpre saber que a etimoloxía grega é ''*hekʰ-'', que provén do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] *''segʰ-'' (con paso de ''*s'' inicial a /h/ e [[desonorización]] da aspirada sonora, dous procesos fonéticos regulares en grego). O presente ἔχω ''ékʰō'' explícase, pois, por aplicación da lei de Grassmann e remonta a ''*hékʰ-ō''. O futuro provén de *ἕχ-σω ''*hékʰ-sō''. Pero, a secuencia χσ ''kʰs'' pasa regularmente a κσ, escrito ξ ''x'', por desaspiración da consoante. Nese instante, pásase simplemente de ''*hékʰ-sō'' a ἕξω ''hék-sō'', sen disimilación da primeira aspirada.
 
Atópanse moitos casos similares nas linguas grega e sánscrita, que dan orixe a pseudo-formas irregulares que fan difícil a súa aprendizaxe se se ignora a súa orixe. Se en ἔχω ''ékʰō'' ~ ἕξω ''héksō'' a irregularidade é, graficamente, pouco visible (non afecta máis cós [[diacríticos do alfabeto grego|espíritos]]), é moito máis flagrante na flexión de θρίξ ''tʰrix'' « pelo », cuxo radical amosa unha alternancia θρικ- ''tʰrik-'' ~ τριχ- ''trikʰ-'', segundo que a consoante aspirada radical final estea seguida ou non dun /s/, que a desaspira e impide que actúe a Lei de Grassmann:

* o [[nominativo]] θρίξ ''tʰrix'' remóntase a ''*tʰrikʰ-s'', que dá ''tʰriks'' escrito ''tʰrix'', sen disimilación da aspirada;
Liña 33 ⟶ 29:
 
==== En sánscrito ====
En sánscrito, algúns feitos de lingua fan complexos os paradigmas nos que aparecen formas con disimilación. Por exemplo, cómpre saber que a consoante escrita tradicionalmente ''h'' e que nota [ɦ] pode provir de *''dʰ'' ou ''*gʰ'' indoeuropeos en posición intervocálica. As alternancias vólvense máis « irregulares » en razón desta [[neutralización]]. Por exemplo, a raíz ''dhugh'' « muxir », que pasa a ''dugh'' por disimilación de aspiradas, convértese en:
 
* ''duh-'' cando vai seguida dun [[sufixo]] que empeza por vogal (''duh-anti'' « moxen », presente de indicativo);

* ''dug-'' por aplicación da [[Lei de Bartholomae]] (lei importante para o tratamento das aspiradas) no [[participio]] pasado pasivo ''dug-dha'' (« muxido »);
 
* ''dhuk-'' sen disimilación da primeira consoante tras desaspiración e [[desonorización]] de ''gh'' en ''k'' ante ''s'' no futuro ''dhok-ṣyate'' (« el muxirá »; notar que a raíz está en [[alternancia vocalica|grao pleno]]).

Ao final, a raíz semella moi irregular.
 
=== Dificultade de interpretación ===
A restitución dunha aspiraciónaspiación inicial nas raíces con dobre aspiración (tomemos por exemplo ''*tʰrikʰ'') pode ser interpretada de dúas formas:
 
A restitución dunha aspiración inicial nas raíces con dobre aspiración (tomemos por exemplo ''*tʰrikʰ'') pode ser interpretada de dúas formas:
 
* para os gramáticos indios, é un cambio de aspiración: a raíz está en orixe desprovista de aspiración inicial (forma canónica ''*trikʰ'') pero recupera a da segunda consoante cando esta a perde (ante /s/ por exemplo);
Liña 51 ⟶ 45:
As dúas interpretacións son plausibles. A primeira (cambio de aspiración) explica máis simplemente por que unha forma *τρίξ ''*tríks'' grega non se atopa, o que implicaría, se se segue a segunda interpretación, que a lei interveu '''antes''' da constitución dos paradigmas e quedou o suficientemente forte como para non ser varrida pola [[analoxía]]. A segunda fai o sistema máis regular e non fai intervir unha lei anexa de desprazamento da aspiración (que existe con todo noutros casos en grego e en sánscrito).
 
==Véxase Resume tamén==
===Outros artigos===
 
* [[Fonética histórica]];
* extensión da lei: grego, sánscrito;
* [[Lingüística comparada]];
* cronoloxía: na prehistoria e a historia da lingua pero despois da [[desonorización]] das consoantes aspiradas gregas;
* [[Lei de Bartholomae]];
* efectos (notación abreviada): '''Cʰ > C / _ ... Cʰ'''.
* [[Grego antigo]] e [[Sánscrito]].
 
== Artigos relacionados ==
 
* [[Fonética histórica]];
* [[Lingüística comparada]];
* [[Lei de Bartholomae]];
* [[Grego antigo]] e [[Sánscrito]].
 
[[Categoría:Fonética]]