Kiya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
O texto do apartado tumba non é propio dunha enciclopedia
Liña 41:
Mais, ¿por que non foi Kiya convertida en grande esposa real, se Nefertiti era convertida en correxente? A razón podería ser que, se non morreu por entón, quizais foi Kiya a muller que caeu en desgraza e cuxos restos foron usurpados por Meritatón. Mentes novelescas pensaron nun complot urdido pola celosa raíña Nefertiti, que conseguiron acabar coa súa rival e, ademais, convertela en raíña-faraón. Como é lóxico, nada disto é histórico, e a inmensidade de lagoas neste período deixan aberta calquera posibilidade.
 
==Tumba==
Ignoramos onde pensaba nun principio enterrar a Kiya cando lle chegase a morte. Se morreu antes que Akhenatón, quizais o seu corpo repousou durante un tempo na tumba real de Ajetatón, xunto aos corpos de Meketatón e da raíña nai Tiy, para ser máis tarde trasladado a [[Tebas, Exipto|Tebas]]. Talvez fosen postos a salvo de saqueadores e dos inimigos de Akhenatón polo seu presunto fillo, o faraón Tutankhamón, nunha tumba no Val dos Reis.
 
Unha cousa está clara, e é que a súa momia aínda non foi identificada entre as existentes. Os recentes descubrimentos na necrópole real, dunha nova tumba bautizada como [[KV63|KV 63]], con varias momias que poderían pertencer ao período de Amarna, podería achegar a solución a este enigma histórico. ¿Podería pertencer a tumba, ou ata algún dos corpos a Kiya, a amada de Akhenatón, a misteriosa "rival" de Nefertiti? Só o tempo e as arduas investigacións poderán contestar a esta pregunta.
== Notas ==
{{listaref}}