Kiya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
todo o apartado fillos ao tacho, desde o ano 2010 non ten sentido especular con que fose a nai de Tutankhamon, probas ADN concluíntes ela non foi
Sernostri (conversa | contribucións)
referencia á hipótese como nai de Tutankhamon, hoxe desbotada.
Liña 12:
 
==Documentación==
A existencia de Kiya era descoñecida ata 1959 ao se atopar o seu nome e títulos nun pequeno tubo de maquillaxe na colección do [[Metropolitan Museum of Art|Metropolitan]] que levara trinta anos antes, sen indicar procedencia, o exiptólogo [[Howard Carter]]<ref>Dennis Forbes, "The Lady Wearing Large Earings: Royal Wife Kiya, Nefertiti's Rival", KMT. volume 17, number 3 (2006), p. 28.</ref>. Grazas a este descubrimento e a estudos posteriores de Jurij Perepelkin, Rainer Hanke, Wolfgang Helck e Rolf Krauss entre outros desbotouse a tradicional crenza que a única muller importante na vida de Akhenatón fora a ''Grande Esposa Real Nefertiti'', a súa única compañeira na súa experiencia relixiosa e a nai das súas seis fillas. Pódese situar a Kiya por primeira vez vivindo na nova capital fundada por Akhenatón e Nefertiti, [[Akhetatón]] (actual '''[[Tell el-Amarna]]''') no quinto ano do seu reinado. Mantiña unha situación prominente na corte, como pon de relevo as inscricións co seu nome nos templos de Maru-Atón<ref>Murnane, William J. (1995) ''Texts from the Amarna Period in Egypt''Edited by E.S. Meltzer. Atlanta: Society of Biblical Literature, 1995 ISBN 1-55540-966-0 p. 9, pp 90–93, pp 210–211.</ref> e tiña a súa propia capela<ref>Hermann A. Schlögl (2003) ''Das alte Ägypten'' . Beck, München 2003, ISBN 3-406-48005-5, p. 239.</ref> no principal templo da cidade, o Per-Atón; tamén que recibise títulos pouco frecuentes como ''amada esposa'' inciden nesa importancia, como tamén o fai un rico féretro funerario, descuberto na tumba [[KV55]] do [[Val dos Reis]], recuberto de ouro e de custosa e intrincada feitura que se pensa era orixinalmente propiedade de Kiya<ref> Cyril Aldred (1991) ''Akhenaten, King of Egypt''. Thames & Hudson, 1991 ISBN 0-500-27621-8 p 205.</ref>. Non obstante Nefertiti e Kiya son claramente distinguibles polo seu rango e importancia na corte, non só que Nefertiti tiña o título de Grande Esposa Real, senón que Kiya a diferenza de Nefertiti non obstentaba poderes relixiosos<ref>Hornung, Erik Echnaton. ''Die Religion des Lichts'' Patmos:Düsseldorf 2003, ISBN 3-491-69076-5, p. 116-118.</ref>, tamén na súa representación había diferenzas fundamentais, así o nome de Nefertiti inseríase nun cartucho, figurando na iconografía coa coroa e o [[uraeus]] real mentres que o nome de Kiya non requería cartucho nin hai imaxes dela cos anteditos atributos reais. Algúns exiptólogos para explicar a súa prominencia mencionaron a hipótese que Kiya fose a nai de [[Tutankhamon]], e como nai do herdeiro do faraón recibise honras e méritos especiais, pero os estudios xenéticos realizados a momias reais exipcias dirixidas por Zahi Hawass e Carsten Pusch concluíron en 2010de xeito terminante que a nai biolóxica de Tutankhamon fora KV35YL, a "[[Dama nova]]" descuberta na tumba de [[Amenhotep II]].<ref name="pmid20159872">{{cita novas|autor=Hawass Z, Gad YZ, Ismail S, Khairat R, Fathalla D, Hasan N, Ahmed A, Elleithy H, Ball M, Gaballah F, Wasef S, Fateen M, Amer H, Gostner P, Selim A, Zink A, Pusch CM
|title=Ancestry and Pathology in King Tutankhamun's Family
|journal=JAMA : the journal of the American Medical Association
|volume=303
|issue=7
|pages=638–47
|year=2010
|month=February
|pmid=20159872
|doi=10.1001/jama.2010.121
|accessdate=2010-02-19
}}</ref>
 
Porén, a pesar do sorprendente destes títulos, que parecen demostrar unha relación afectiva con Akhenatón, hai que remarcar que Kiya nunca portou o cargo de grande esposa real que si ostentou Nefertiti, o seu gran rival. A bela raíña contaba con dereitos xamais vistos antes nunha grande esposa real: era representada co mesmo tamaño que o seu marido, conducía o seu propio carro, compartía audiencias, e, xuntos, a parella real formaba o núcleo da nova relixión atoniana. Kiya tivo que contentarse cun segundo posto.
 
==Como era?==