Kiya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
todo o apartado fillos ao tacho, desde o ano 2010 non ten sentido especular con que fose a nai de Tutankhamon, probas ADN concluíntes ela non foi
Liña 21:
Esta muller, de notable beleza, adoita ir toucada sempre cunha perruca "a escala" e dous grandes pendentes con forma circular. As pegadas máis fermosas que deixou Kiya son os seus [[vasos canopos]], achados na Tumba 55 do [[Val dos Reis]] (a [[KV 55]]), que serían finalmente utilizados pola momia de home achada alí, quizais o propio Akhenatón. Nestes vasos compróbase un sorprendente parecido entre a favorita do rei e o neno Tutanjatón.
 
==Fillos==
É ben coñecido que Nefertiti só tivo fillas, e que o sucesor de Akhenatón, o rei-neno [[Tutankhamón]] debeu de ser ou o fillo ou se cadra o irmán do faraón. Ao confirmarse a existencia de Kiya, parecía aberta a posibilidade de que Tutanjamón fose o neno nado dela e de Akhenatón, tendencia que vai gañando moitos adeptos e que na actualidade parece ser a máis sólida. Isto viría reforzado polo parecido físico de nai e fillo, e as semellanzas xenéticas achadas nas momias de Tutanjamón e do corpo da Tumba 55.
 
Tamén se expuxo que Kiya tivese máis descendencia, pero non hai datos que demostren tal teoría. Por máis que se suxira, non existe unha mención explícita a unha princesiña de nome [[Kiya-Tasherit]] nin é seguro que a "Favorita do rei" morrese a causa do parto, como se pensou ao ver algunhas imaxes na tumba da familia real. Crese que a falecida non é Kiya, senón a segunda filla do rei, [[Meketatón]].
 
Que fose Kiya e non Nefertiti quen trouxese a luz a un home tivo que ser a principal causa da subido ao poder de Kiya á sombra da parella real, e quizais deses motivos máis que suficientes á grande esposa real gardaba certa envexa á que podería considerar a súa rival. Talvez unha rivalidade entre as dúas mulleres de Akhenatón fose a causa da desaparición súbita e imprevista de ambas as dúas durante o crítico ano 14 do reinado, sen deixaren pegada ningunha.
 
==Que foi dela?==