Kiya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
fundamentalmente da wikipedia alemá
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
==Documentación==
A existencia de Kiya era descoñecida ata 1959 ao se atopar o seu nome e títulos nun pequeno tubo de maquillaxe na colección do [[Metropolitan Museum of Art|Metropolitan]] que levara trinta anos antes, sen indicar procedencia, o exiptólogo [[Howard Carter]]<ref>Dennis Forbes, "The Lady Wearing Large Earings: Royal Wife Kiya, Nefertiti's Rival", KMT. volume 17, number 3 (2006), p. 28.</ref>. Grazas a este descubrimento e a estudos posteriores de Jurij Perepelkin, Rainer Hanke, Wolfgang Helck e Rolf Krauss entre outros desbotouse a tradicional crenza que a única muller importante na vida de Akhenatón fora a ''Grande Esposa Real Nefertiti'', a súa única compañeira na súa experiencia relixiosa e a nai das súas seis fillas. Pódese situar a Kiya por primeira vez vivindo na nova capital fundada por Akhenatón e Nefertiti, [[Akhetatón]] (actual '''[[Tell el-Amarna]]''') no quinto ano do seu reinado. Mantiña unha situación prominente na corte, como pon de relevo as inscricións co seu nome nos templos de Maru-Atón<ref>Murnane, William J. (1995) ''Texts from the Amarna Period in Egypt''Edited by E.S. Meltzer. Atlanta: Society of Biblical Literature, 1995 ISBN 1-55540-966-0 p. 9, pp 90–93, pp 210–211.</ref> e tiña a súa propia capela<ref>Hermann A. Schlögl (2003) ''Das alte Ägypten'' . Beck, München 2003, ISBN 3-406-48005-5, p. 239.</ref> no principal templo da cidade, o Per-Atón; tamén que recibise títulos pouco frecuentes como ''amada esposa'' inciden nesa importancia, como tamén o fai un rico féretro funerario, descuberto na tumba [[KV55]] do [[Val dos Reis]], recuberto de ouro e de custosa e intrincada feitura que se pensa era orixinalmente propiedade de Kiya<ref> Cyril Aldred (1991) ''Akhenaten, King of Egypt''. Thames & Hudson, 1991 ISBN 0-500-27621-8 p 205.</ref>. Non obstante Nefertiti e Kiya son claramente distinguibles polo seu rango e importancia na corte, non só que Nefertiti tiña o título de Grande Esposa Real, senón que Kiya a diferenza de Nefertiti non obstentaba poderes relixiosos<ref>Hornung, Erik Echnaton. ''Die Religion des Lichts'' Patmos:Düsseldorf 2003, ISBN 3-491-69076-5, p. 116-118.</ref>A diferenza entre as dúas estaba na súa representación, así o nome de Nefertiti aparecíainseríase nun cartucho, aparecendo en coa coroa e o [[uraeus]] real mentres que o nome de Kiya non requería cartucho nin hai imaxes dela cos anteditos atributos reais.
 
Porén, a pesar do sorprendente destes títulos, que parecen demostrar unha relación afectiva con Akhenatón, hai que remarcar que Kiya nunca portou o cargo de grande esposa real que si ostentou Nefertiti, o seu gran rival. A bela raíña contaba con dereitos xamais vistos antes nunha grande esposa real: era representada co mesmo tamaño que o seu marido, conducía o seu propio carro, compartía audiencias, e, xuntos, a parella real formaba o núcleo da nova relixión atoniana. Kiya tivo que contentarse cun segundo posto.