Diferenzas entre revisións de «Bemil, Caldas de Reis»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3398210)
|entidades = 6
}}
'''Santa María de Bemil''' é unha parroquia do concello de [[Caldas de Reis]]. Segundo o [[INE]] en [[2010]] tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[2000]] cando tiña 944 habitantes. Conta con tres aldeas: '''Follente''', '''Outeiro''' e '''Paradela'''. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das ''Veigas de Almorzar''.
 
==Patrimonio==
Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A '''[[Igrexa de Santa María de Bemil''']] foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.
 
==Festas e romarías==
Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de '''San Xusto''', na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de [[agosto]]. Outra festa moi populosa é a dedicada á '''[[Virxe das Dores]]''' (fin de semana arredor do [[15 de setembro]]) en Follente, que conta con dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.
 
==Galería de imaxes==
188.854

edicións