Meganeura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
[[Ficheiro:Meganeura fossil.JPG|thumb|250px|Fósil de ''Meganeura''.]]
[[Ficheiro:Meganeura P1060074.jpg|thumb|250px|Modelo de ''Meganeura'' no [[Museo de Historia Natural de Berlín]].]]
'''''Meganeura''''' ([[idioma grego|gr.]] «grandes nervios», en relación á rede de nervios das súas [[Á (zooloxía)|ás]]) é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] [[extinto]] de [[insectos]] [[protodonatos]] da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Meganeuridae]]. Entre as súas especies encóntrase ''[[Meganeura monyi]]'', un insecto de gran parecido coas [[Odonata|libélulas]] actuales, coas que está emparentado, que vivió no período [[Carbonífero]] (hai 300 [[Ma (unidade de tempo)|Ma]]). Cunha envergadura de ás de máis de 75 cm, constitúe a maior especie coñecida de insectos que xamais haxa existido sobre a Terra. A especie do [[Pérmico]] ''[[Meganeuropsis permiana]]'' é tamén de gran tamaño. Eran insectos [[depredador]]es que se alimentaban de outros insectos e tamén de pequenos [[anfibio]]s.
 
Os seus [[fósil]]es descubríronse nos estratos da edade [[Estefaniano|Estefaniana]] de [[Commentry]], en [[Francia]], en [[1880]]; en [[1885]], o paleontólogo francés [[Charles Jules Edmée Brongniart|Charles Brongniart]] describiou o fósil e deulle nome. Outro bo espécime fósil encontrouse en [[Bolsover]], [[Derbyshire]], en [[1979]]. O [[holotipo]] alóxase no [[Museo de Historia Natural de Paris]].