Meganeura: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{Taxobox | name = ''Meganeura'' | fossil_range = {{rango fósil|Carbonífero superior}} | image = Meganeura.jpg | image_caption = ''Meganeura'' | image_width = 230px | regnum = [..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2014 ás 16:40
Meganeura Rango fósil: Carbonífero superior | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meganeura | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
thumb|250px|Fósil de Meganeura.
Meganeura (gr. «grandes nervios», en relación á rede de nervios das súas ás) é un xénero extinto de insectos protodonatos da familia Meganeuridae. Entre as súas especies encóntrase Meganeura monyi, un insecto de gran parecido coas libélulas actuales, coas que está emparentado, que vivió no período Carbonífero (hai 300 Ma). Cunha envergadura de ás de máis de 75 cm, constitúe a maior especie coñecida de insectos que xamás haxa existido sobre a Terra. A especie do Pérmico Meganeuropsis permiana é tamén de gran tamaño. Eran insectos depredadores que se alimentaban de outros insectos e tamén de pequenos anfibios.
Os seus fósiles descubríronse nos estratos da edade Estefaniana de Commentry, en Francia, en 1880; en 1885, o paleontólogo francés Charles Brongniart describiou o fósil e deulle nome. Outro bo espécime fósil encontrouse en Bolsover, Derbyshire, en 1979. O holotipo alóxase no Museo de Historia Natural de Paris.
M. americana, descuberta en Oklahoma en 1940, é unha especie representada pola maior á de insecto xamáis encontrada; consérvase no Museo de Historia Natural de Harvard.[1]
Referencias
- ↑ Dragonfly: the largest complete insect wing ever found, Harvard Magazine, noviembre a diciembre de 2007:112.
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Meganeura" da Wikipedia en castelán, especificamente na súa versión do día 19 de xameiro de 2014, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |