Ciutadella de Menorca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Clima: melloro redacción
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Turismo: melloro redacción
Liña 31:
'''Porto natural'''. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da [[tramontana]]. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado ''[[rissaga]]'', polo cal primeiro perde altura o nivel da mar e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con [[Mallorca]] e [[Barcelona]], mediante liñas regulares das empresas [[Iscomar]] e [[Balearia]], respectivamente. Recentemente, instalouse, un pouco antes da bocana do porto, un dique que permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique ao estar en mar aberto permite evitar o fenómeno da rissaga aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento xa que este dique non protexe o suficiente fronte a certos ventos.
 
'''Rúas típicas'''. Ciutadella caracterízase tamén polas súas angostas rúas, con nomes curiosos como ''Que no passa'' (en galego, "Que non pasa") ou Ses Voltes (en galego, "As [[Arcada]]s") que empezan na ''Plaça Nova'' ou ''Plaça Espanya'' (en galego, "Praza Nova" ou "Praza España") e rematan na [[Catedral de Santa María de Ciutadella|Catedral de Ciutadella]], máis alá, en dirección ao Concello está a Plaça des Born, dende onde se divisa o mencionado porto e resideonde se sitúa un obelisco en conmemoración ao asalto turco de 9 de xullo de 1558 protagonizado polo almirante da frota otomán [[Pialí Bajá|Pialí]].
 
[[Ficheiro:CalaPilar01.jpg|miniatura|Cala Pilar, Ciudadela.]]