Luis Antón del Olmet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 6:
En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en ''[[El Barbero Municipal]]'', semanario conservador de [[Rianxo]]. Un ano máis tarde publica ''El hidalgo don Tirso de Guimaraes'' con portada de [[Castelao]].
 
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegue unha acta de deputado por [[Almería]] militando ás ordes de [[Eduardo Dato]]. Para afianzar a súa lealdade á situación funda o 1 de abril ''[[El Parlamentario]]'', do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, [[Fernández Flórez]], [[Francisco Camba]] e Basilio Álvarez. En 19151916 apareceu en ''El Parlamentario'', quincenalmente, a folla [[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]], dirixida polo propio Basilio.
 
Colaborou co agrarismo de Acción Gallega e en febreiro de 1917 tiña o proxecto de sacar á luz en Ourense o periódico ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'' con Basilio Álvarez como director. O seu nome soou como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista para as eleccións de febreiro de [[1918]] por Celanova, pero desistiu ante a presentación de [[Luís Porteiro Garea]] como candidato rexionalista. Descartado Celanova, barallou presentarse polo distrito de Trives. A principios de febreiro chegou a [[Ourense]] para facer campaña<ref>Noticia en ''[[El Ideal Gallego]]'', 16-2-1918, p. 1. </ref>. Finalmente optou por intentar a representación do distrito de Verín; puxo en marcha ''La Raza'' como órgano de propaganda, e fixo campaña na [[comarca de Verín]] con Basilio Álvarez e [[Heriberto Pérez Proenza]], para finalmente resultar derrotado o 24 de febreiro polo candidato conservador [[Luis Espada Guntín]]<ref>No seu libro ''Galicia, llora'' fai o relato destas andanzas como candidato popular.</ref>.