Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

En abril de 1919, [[Austria]], tras proclamarse como [[república]], declarara nulos os privilexios políticos e embargado as propiedades da familia imperial, mentres se eliminaban os dereitos nobiliarios. [[Checoslovaquia]] fixera o propio xa apenas rematada a guerra, a comezos de novembro de 1918.
 
O ex emperador Carlos saíu de Hungría o [[1 de novembro]] de [[1921]] coa súa esposa, Zita, levados por un buque da ''[[Royal Navy]]'' británica polo [[Danubio]] ata o porto [[Romanía|romanés]] de [[Galai (cidade)|Galati]] no [[Mar Negro]]; de aí a ex parella imperial foi trasladada pola mariña británica á illa portuguesa de [[Madeira]] o [[19 de novembro]] do mesmo ano, por decisión de Francia e Gran Bretaña. Alí Carlos morreu de [[pneumonía]] o [[1 de abril]] de [[1922]]. Os seus restos aínda permanecen na illa, na igrexa de ''Nossa Senhora do Monte'' con permiso dos seus sucesores, a excepción do seu corazón, que foi trasladado á cripta dos [[Habsburgo]] en Austria.
 
Para Austria, a consecuencia máis importante da disolución do Imperio foi perder definitivamente a súa condición de potencia europea, ata o punto de ser [[Anschluss|absorbida]] por [[Alemaña]] en [[1938]]. Inclusive [[Viena]], que fora unha das principais cidades do mundo antes de 1914, converteuse repentinamente na cabeza dunha república pequena en poboación e en territorio. No [[século XXI]] Viena aínda se acha moi lonxe da poboación que tiña en [[1916]] (1,6 millóns de habitantes no ano 2006 fronte aos 2,3 millóns no [[1916]]).