Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
Liña 110:
Os Estados Pontificios volveron a pasar por un difícil transo durante o imperio de [[Frederico II]] ([[1215]]-[[1251]]). Dono do reino das [[Dúas Sicilias]] e incorporadas ao imperio [[Lombardía]] e Toscana trala derrota da [[liga lombarda]] en [[1239]], Frederico propúxose anexionar igualmente o [[patrimonio de San Pedro]] para acaparar o dominio de toda Italia. Marchou sobre Roma, de onde se viu obrigado a fuxir o papa [[Gregorio IX, papa|Gregorio IX]], paseouse desafiante e sen oposición por toda Italia, nomeou gobernador do territorio peninsular ao seu fillo Enzio e el mesmo se erixiu en señor dos Estados Pontificios. O ano [[1253]], dous despois da morte do emperador, o papa [[Inocencio IV, papa|Inocencio IV]] puido regresar a Roma desde o seu exilio francés e retomar o goberno da cidade e do resto dos dominios eclesiásticos.
 
Os Estados Pontificios non podían subtraerse aos acontecementos que se estaban producindo na convulsa Italia de mediados do [[século XIV]]. Sen contar coa desvinculación dalgúns feudos tradicionais da corte romana, como Sicilia, en poder agora da [[Coroa de Aragón]], ou o [[reino de Nápoles]], baixo a autoridade da [[casa de Anjou]], o propio estado pontificio estaba en descomposición. Así o poñían de manifesto casos como o de [[Giovanni di Vico]], que se erixira en señor de [[Viterbo]] tras facerse cunha extensa zona territorial pertencente á papa; ou o da insubmisión en que se atopaba o [[ducado de Spoleto]]; ou o da fáctica independencia do marquesado de Ancona; ou o da privatización de [[Fermo]] levada a termo por [[Gentile de Mogliano]] e a de [[Camerino]] por [[Ridolfo de Varano]]; ou o da aberta rebeldía dos [[Malatesta]]; ou o de [[Francesco degli Ordelaffi]], que se fixera cunha gran parte da Romaña; ou o de [[Montefeltro]] que gobernaba os distritos de [[Urbino]] e Cagli; ou o da cidade de Senigallia apartada da obediencia papal; ou o de [[Bernardino de Polenta|Bernardino]] e [[Guido de Polenta]], que se fixeran con Ravenna e Cervia, respectivamente; ou o de [[Giovanni Manfredi|Giovanni]] e [[Riniero Manfredi]] que fixeran o propio con [[Faenza]]; ou o de [[Giovanni d'Ollegio]] que mantiña baixo a súa posesión a cidade de Boloña. Era precisa unha actuación resolta e esmagante contra todos aqueles rebeldes se se quería reunificar o [[patrimonio de San Pedro]]. Aproveitando a presenza en [[Aviñón]] do español [[Gil de Albornoz]], arcebispo de [[Toledo]] e afeito militar, que participara coas hostes de [[Afonso XI de Castela]] na [[Batalla do Salado]] e no sitio de [[AlgecirasAlxeciras]], [[Clemente VI, papa|Clemente VI]] elevoulle ao cardenalato e confioulle a misión de recrutar un exército. Dous anos despois (1353), entronizado xa [[Inocencio VI, papa|Inocencio VI]], portando unha bula pola que era nomeado legado papal plenipotenciario para os Estados Pontificios, aplicouse Gil de Albornoz á misión encomendada, conseguindo militarmente todos os seus obxectivos. Recuperou cantos territorios foran usurpados e dobregou aos altivos xefes da insubordinación italiana; os estados da Igrexa volvían, agrupados, á obediencia do papa. Albornoz tamén redactou e puxo en práctica o primeiro marco xurídico específico para os Estados Pontificios, as ''Constitutiones Aegidianae'' (as Constitucións Exidianas –por Exidio, isto é, por Gil) que seguiron en funcionamento ata os [[Pactos de Latrán]] ([[1929]]) que fundan a [[Cidade do Vaticano]].
 
== A época do Renacemento ==